10/04/2026
O mural “As Mouras” asinado polo artista galego Wedo Goás vén de ser recoñecido como Mellor
Mural do Mundo na categoría Expert Spotlight 2025 da plataforma internacional Street Art Cities.
🎨WEDO GOÁS🎨
🔸3ª Edición Perla Mural Fest (Xullo - Agosto 2025)
📍Ubicación: Rúa Río Cádavo, 9 (Perlío - Fene)
🎥 Imaxes e montaxe:
“As mouras”
As mouras son seres míticos do folclore galego, herdeiros de antigas divindades ou espíritos da natureza de tempos prerromanos e célticos. Representan a fertilidade, a riqueza da terra e o misterio do mundo subterráneo.
Descríbense como mulleres de grande beleza, con longos cabelos dourados ou negros, e ás veces vestidas con roupas brancas ou de cores brillantes. Habitan en covas, fontes, ríos, castros e mámoas. Moitas gardan tesouros ocultos ou están “encantadas”, agardando que alguén rompa o seu feitizo a través dunha proba de valentía ou pureza.
Ás veces poden transformarse en serpes coroadas, e adoitan aparecer en datas máxicas como a noite de San Xoán. Teñen tamén un forte vínculo coa música e o canto: moitas lendas contan que entoan melodías hipnóticas ou tocan instrumentos como a arpa, a pandeireta ou a gaita para atraer ás persoas cara aos seus dominios ou celebrar antigos rituais.
,Transportes e Mudanzas Carballo, Electrónica & Comunicaciones, Erbedo jardinería y paisajismo, , CHC Energía, .inais INAIS Trabajos en Pladur, Ocaso Fene, Aluminios Fene, Pan Perlio, , , , , , , , .fene