Brión Folk Festival -1800-

Brión Folk Festival -1800- Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Brión Folk Festival -1800-, Festival, Aldea Brión, 30, Ferrol.

Festival de música folk organizado pola Asociación Cultural Lenda Ártabra na Parroquia de Santa María de Brión, no concello de Ferrol e enmarcado nas celebracións da Batalla de Brión de 1800.

Pois se queriades ter algunha nova desta segunda edición do Brión Folk Festival...aquí  a tedes.Será na fin de semana do...
03/03/2026

Pois se queriades ter algunha nova desta segunda edición do Brión Folk Festival...aquí a tedes.
Será na fin de semana do 21 ao 23 de agosto e desta vez non so escoitaremos música instrumental do bando invasor. Igual temos que darlle un repasiño ao inglés e aprender as míticas cancións de cantos de taberna irlandesa como é este "Drunken Sailor".
O nome do grupo... de momento é sorpresa ou xa sabedes quen son?
Animádevos e escribide as vosas opcións!!

Xentiñaa!!! Non creades que estamos sen facer nada,eh?. Levamos xa tempo traballando na segunda edición do Brión Folk Fe...
03/12/2025

Xentiñaa!!! Non creades que estamos sen facer nada,eh?. Levamos xa tempo traballando na segunda edición do Brión Folk Festival para o 2026.
Mentres tanto, facemos un resumo visual do que foi a primeira noite musical no escenario principal. A banda de gaitas do Toxos e Froles, Trikitrí, Brixta e Stolen Notes inauguraron dunha forma brutal os concertos nocturnos. Estade alerta que en breves teremos novidades!!Lumeeee!! 🔥🔥🔥

🎶  O grupo Faíscas da Pontraga puxo ritmo ao mediodía do sábado 23 cunha actuación chea de enerxía 💃🕺.Unha posta en esce...
26/10/2025

🎶

O grupo Faíscas da Pontraga puxo ritmo ao mediodía do sábado 23 cunha actuación chea de enerxía 💃🕺.
Unha posta en escena ao máis puro estilo das antigas orquestras e un repertorio que fixo bailar a todo o mundo antes de degustar os deliciosos callos 😋

💪 Estes callos —feitos con moito agarimo por D’Tapas e acompañados do pan de Horno San Amaro— axudaron a recuperar forzas aos camiñantes da ruta da mañá e prepararon o corpo para os concertos da noite 🌙✨

E todo, servido nas nosas cuncas de barro de edición especial, grazas á colaboración da A.VV. de Canido 🏺❤️

🌿   HISTÓRICAS no Brión Folk Festival 🌿Na mañá do sábado 23, o noso grupo de Andainas Históricas percorreu os fermosos m...
27/09/2025

🌿 HISTÓRICAS no Brión Folk Festival 🌿

Na mañá do sábado 23, o noso grupo de Andainas Históricas percorreu os fermosos montes de Brión, descubrindo a riqueza paisaxística da zona 🌲 e mergullándose na historia da man de Germán Lago 🧭.

Durante a ruta, tivemos a oportunidade de coñecer detalles fascinantes sobre o desembarco e ataque dos ingleses a Ferrol no ano 1800 ⚔️. Un verdadeiro paseo pola natureza… e polo tempo!

Queremos dar as grazas á Asociación de Veciños de San Felipe–San Cristóbal polo delicioso avituallamento a medio camiño 🥖🍎, e a Germán por guiar esta viaxe tan especial. 🙌

O prometido é débeda! O venres pasado fixemos entrega a Marta Castro, como gañadora do sorteo, dunha mariscada para dúas...
21/09/2025

O prometido é débeda! O venres pasado fixemos entrega a Marta Castro, como gañadora do sorteo, dunha mariscada para dúas persoas doada pola Cofradía de pescadores de ferrol. Parabéns a Marta e moitas grazas a Cofradía pola achega!

Sabéis que, aunque seamos una pequeña entidad, nos encanta apoyar a las asociaciones o clubes que hacen cosas buenas por nuestra tierra. Como es el caso de los organizadores de la Batalla de Brión, un episodio clave de nuestra historia. Pues aquí tenemos al alma mater del Brión Folk Festival, Alberto Hermáns, entregando un lote de productos cedidos por nuestra Cofradía a la ganadora del sorteo celebrado en esta pasada edición. Enhorabuena a ambos!




Sabedes que, aínda que sexamos unha pequena entidade, encántanos apoiar ás asociacións ou clubs que fan cousas boas pola nosa terra. Como é o caso dos organizadores da Batalla de Brión, un episodio crave da nosa historia. Pois aquí temos á alma mater do Brión Folk Festival, Alberto Hermáns, entregando un lote de produtos cedidos pola nosa Confraría á gañadora do sorteo celebrado nesta pasada edición. Parabén a ambos!

🎶 Lembranza dunha noite de Cantos de Taberna 🎶O pasado 22 de agosto, a AVV de Brión encheuse de música, risos e boa comp...
04/09/2025

🎶 Lembranza dunha noite de Cantos de Taberna 🎶

O pasado 22 de agosto, a AVV de Brión encheuse de música, risos e boa compañía cos nosos Cantos de Taberna 🍻🎤

Acompañáronnos os grupos:
- Son d Cantos
- Feroces da Galgueira
- No Combarro

Unha noite para celebrar a tradición, o noso folclore e a forza da música popular, que nos une e nos fai comunidade.

Grazas a todas as persoas que cantastes, bailastes e gozastes connosco 🙌💚

📸 Belén Vigo.

🌊 O pasado venres gozamos dun faladoiro moi especial con Xurxo Souto, que nos levou de viaxe pola memoria mariñeira de G...
01/09/2025

🌊 O pasado venres gozamos dun faladoiro moi especial con Xurxo Souto, que nos levou de viaxe pola memoria mariñeira de Galicia coa charla “A importancia do mar en Ferrolterra”.

📚 Palabras que nos fixeron reflexionar, rir e sentir, nun encontro cheo de música, emoción, historia e identidade.
🎶 Relacionou a música co mar a través das historias dos mariñeiros, da emigración e dos pescadores do Gran Sol.

“Cociña”, o seu acordeón e o azafrán tiveron o seu oco no faladoiro e, como non, a importancia do cociñeiro dentro dun barco e do pementón.

Compartimos con vós algunhas imaxes desa tarde inesquecible no marco do Brión Folk Festival.

💬 Grazas, Xurxo, por poñer voz ao mar e por lembrarnos que a cultura tamén se constrúe contando.
Grazas de igual forma a Jaime López e a Esperanza Piñeiro de San Miguel polos agasallos entregados a Xurxo. Un mallo como defensor da terra e dous libros sobre a pesca en Ferrol e Vigo como defensor do mar.

Medre o mar! Medre Brión!

📸 Belén Vigo.

🎉 O pasado venres celebrouse o acto de presentación do Brión Folk Festival e queremos compartir convosco algúns momentos...
27/08/2025

🎉 O pasado venres celebrouse o acto de presentación do Brión Folk Festival e queremos compartir convosco algúns momentos especiais desa xornada!

📸 Deixámosvos unhas imaxes do evento, no que anunciamos a programación, os grupos participantes e moitas novidades desta edición que promete ser inesquecible.

💚 Grazas a todas as persoas que nos acompañastes e a quen fai posible que este festival siga medrando cada ano.

📅 Lembrade: vémonos moi pronto en Brión para celebrar a música, a tradición e a festa como máis nos gusta!

22/08/2025

🎻🚗 INFORMACIÓN DE APARCADOIROS - BRIÓN FOLK 🚗🎻

Se vides desfrutar do Brión Folk, lembrade que tedes dous espazos de aparcamento dispoñibles:

🅿️ Principal: xusto ao carón da carpa do festival, para maior comodidade.
🅿️ Secundario: uns metros antes de chegar, perfectamente sinalizado.

👉 Recomendamos acceder pola estrada de Valón, é a mellor opción para chegar sen complicacións.

🎶 Agardámoste para vivir unha noite chea de música e tradición!

🌧️🌞 Chova ou faga sol… o Brión Folk Festival celébrase igual!Este ano contamos cunha gran carpa cuberta, así que nada no...
21/08/2025

🌧️🌞 Chova ou faga sol… o Brión Folk Festival celébrase igual!
Este ano contamos cunha gran carpa cuberta, así que nada nos vai parar.
A música, a festa e a tradición continúan vivas, sen importar o tempo.
Vén g***r do mellor folk en Brión, con todas as comodidades!

🎶 Este domingo 24 de agosto a festa continúa no Brión Folk!A partir das 21:00 h, prepárate para unha noite máxica de mús...
20/08/2025

🎶 Este domingo 24 de agosto a festa continúa no Brión Folk!
A partir das 21:00 h, prepárate para unha noite máxica de música e emoción coas actuacións de:

✨ Maghúa
🔥 Lenda Ártabra
🎸 Mosquera Celtic Band

Folk, tradición e enerxía para despedir o festival por todo o alto. Non faltes!

📍 Brión Folk 2025
🕘 Domingo 24 de agosto · Desde as 21:00 h

Dirección

Aldea Brión, 30
Ferrol
15591

Teléfono

+34604953477

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Brión Folk Festival -1800- publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Brión Folk Festival -1800-:

Compartir

Categoría