11/05/2026
🎭🌍🤝🎶📚🎨 O Festival Singular e o Padroado da Cultura participamos nas 17ª Jornadas de Inclusión en las Artes Escénicas, celebradas en Tenerife do 22 ao 24 de abril baixo o lema "Desplazamientos: Escenarios de Resistencia".
Organizadas polo INAEM do Ministerio de Cultura e La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales, estas xornadas tiveron como obxectivo promover a inclusión e a diversidade no ámbito das artes escénicas, proporcionando unha plataforma para o diálogo e a colaboración entre diferentes axentes culturais.