20/06/2024
(YYolanda Castañoacompañada de HHenrique Dacosta López un fermoso presente)
Hoxe o dia foi un día realizado, que diria Handke
Escoitar, compartir con Yolanda Castaño isa parte do día mais nosa, aquela que se enrosca aos pés da luz cansa, e que amansa sombra no cocote da cidade, é camiñar cara ás aforas ben ditas, e se aínda é a amiga a que se cruza no sucado roteiro, intacta, do non chegar a casa, os motivos para sonreir baixo o peso do vivido, fabulosamente inútil como a poesía que a poeta, mendrugos de pan cheos de vogal abertas de pao a pao, sucede este momento, e só é posible escribir unha carta, mariña sen remedio, e é o que fago.
E en casa non hai reconto, a non ser esta voz, outro universo en construción, que Yolanda puxo nas miñas mans, IDEA VILARIÑO, e esta fogueira acesa para sempre...
YA NO
Ya no será
ya no
no viviremos juntos
no criaré a tu hijo
no coseré tu ropa
no te tendré de noche
no te besaré al irme
nunca sabrás quién fui
por qué me amaron otros.
No llegaré a saber
por qué ni cómo nunca
ni si era de verdad
lo que dijiste que era
ni quién fuiste
ni qué fui para ti
ni cómo hubiera sido
vivir juntos
querernos
esperarnos
estar.
Ya no soy más que yo
para siempre y tú
ya
no serás para mí
más que tú. Ya no estás
en un día futuro
no sabré dónde vives
con quién
ni si te acuerdas.
No me abrazarás nunca
como esa noche
nunca.
No volveré a tocarte.
No te veré morir.
e o poema de Yolanda, nun dialogo de espellos curvos, nomeando verdades, que non a verdade, para seguir habitando o mundo, todos os mundos.
NON CHEGAREI A
Con Idea Vilariño
Non chegarei a levarte da man,
nin ti te agarrarás á miña.
Non che abrirei a persiana
a mediodía os domingos.
Non me arrincará da cama
ningunha emerxencia co teu rostro.
Non chegarás a murcharme a pel,
nunca deterás a miña viaxe.
Non che comprarei un pardal.
Nin serán teus os muros
que me custaron tanto.
Nunca saberei quen es.
Que significaría amarte.
Non chegarei a saber
se era así como dicían.
Non adiviñarei que
nin como nin canto nunca.
Non me sorberás o tempo.
Ninguén me buscará en ti.
Non serei máis ca eu
para sempre.
Non te verei facer
o que amas tan profundo.
Non coñecerei os teus fillos
bañados polo sol
un mes de agosto.
Non sosterás o meu pescozo.
Non me apagarás a luz.