31/05/2026
Un ano máis, non podemos dicir máis que MIL GRAZAS a todas as persoas que nos apoiástedes neste inesquecible fin de semana, o Entrepontes existe grazas a todos e todas vós!
É de ben nacidos ser agradecidos, e queremos pechar esta edición enviando o noso máis sincero agradecemento a todos aqueles que fan isto posible ano tras ano. Primeiramente, ao pobo de Rábade e ao seu constante apoio para levar a cabo o que ata fai pouco era un soño para nós. A todas aquelas persoas que quixéchedes compartir connosco este fin de semana, chegados desde preto e lonxe da nosa vila. Ás institucións que nos apoian economicamente e sen as que isto non sería posible: (que presta ademais un apoio loxístico esencial para poder levar a cabo este proxecto), e . Ás empresas que levan anos sendo un piar fundamental (moi especialmente a , Transportes MP e UTM) e a aquelas que se sumaron este ano. A por ser o artífice dunha imaxe que xa é inseparable do Entrepontes, coa nosa píntega como estandarte. En resumo, a todos e todas aquelas sen quen este festival non existiría.
Hoxe é día de rematar cansos, pero desde xa comezamos a acumular forzas para o Entrepontes 2027! Vémonos no quinto aniversario!