Fa Ce La Fest

Cómo llegar Página web

Fa Ce La Fest Conta oficial Fa Ce La Fest - Festival de música alternativa que se celebra en Lugo.

🔥 Vide o xoves tomar unha caña e xa nos contades en persoa que vos parecen as primeiras confirmacións do Facela Fest 11!...
27/10/2026

🔥 Vide o xoves tomar unha caña e xa nos contades en persoa que vos parecen as primeiras confirmacións do Facela Fest 11! 🔥

Artwork de LACHAPERA

Pois volven uns amigos á cidade! Volven ao Club Clavicémbalo. Esta será a terceira vez de Apartamentos Acapulco en Lugo,...
22/10/2026

Pois volven uns amigos á cidade! Volven ao Club Clavicémbalo. Esta será a terceira vez de Apartamentos Acapulco en Lugo, e as tres da nosa man. Iso di bastante do moito que nos gustan e das boas migas que fixemos! Xa choveu desde aquela primeira vez, desde aquel 2018!
Desta volta veñen celebrar os seus dez anos como banda e presentar novo disco, Todos Quieren Ser Los Campeones. Un traballo que revisita as distintas etapas do grupo, as súas influencias e a súa evolución, mesturando ecos do pasado cun son renovado. Mesmo recuperan Scarlett, regravada como un guiño ás súas orixes.
Máis alá da música, o álbum reflexiona sobre a competitividade da industria musical e a obsesión por destacar, sumar reproducións e encaixar nos algoritmos. Fronte a esa presión, Apartamentos Acapulco reivindican a liberdade creativa e o pracer de facer música sen pensar en gañar. Unha mirada ao camiño percorrido para seguir avanzando sen perder a súa esencia.

🎵 Apartamentos Acapulco - Scarlett (versión 10 años)

Tedes o link as entradas aquí ⬇️
https://core.entradium.com/events/apartamentos-acapulco-en-lugo-sala-clavicembalo-facela

Artwork de LACHAPERA

E xa van 11 edicións! 🔥 Sen movernos nin un centímetro da nosa proposta! Gardade as datas e facédevos co voso abono a pr...
20/10/2026

E xa van 11 edicións! 🔥 Sen movernos nin un centímetro da nosa proposta!

Gardade as datas e facédevos co voso abono a prezo reducido, porque en poucos días anunciamos os primeiros nomes e subimos o prezo!

Tamén hai abono xove para menores de 25 anos!

🎟️ Abonos á venda en Ingresse España
Link na bio!

Moi ledos de que Alondra Bentley faga parada en Lugo, e desta volta será na Sala Jagger! Entre o folk, o pop e o indie, ...
19/10/2026

Moi ledos de que Alondra Bentley faga parada en Lugo, e desta volta será na Sala Jagger!
Entre o folk, o pop e o indie, Alondra Bentley constrúe un universo propio, íntimo e cheo de matices. Con ecos de Nick Drake e Joni Mitchell, pero cunha personalidade inconfundible, as súas melodías delicadas e letras evocadoras transitan entre a emoción, a introspección e a luz. Nacida no Reino Unido e afincada en España, canta en inglés e castelán e converte cada concerto nunha viaxe cálida e envolvente.
Esperámosvos na Sala Jagger | Sala de conciertos

🎵 Alondra Bentley - La Materia

Entradas en Ingresse ⬇️
https://www.ingresse.com/alondra-bentley/?refresh=1792427387252

Artwork de LACHAPERA

Imos pechar uns días para poñer a Sala Facela aínda mellor! Estade atentos, que moi pronto faremos a inauguración que me...
16/10/2026

Imos pechar uns días para poñer a Sala Facela aínda mellor! Estade atentos, que moi pronto faremos a inauguración que merece. Vémonos á volta! 💛

O Facela bar sigue aberto no seu horario habitual!

Hoxe no Clavi! Aínda estas a tempo!
01/10/2026

Hoxe no Clavi! Aínda estas a tempo!

Abrimos para as festas de San Froilán. Non vos preocupedes, desde que pasen faremos unha inauguración en condicións! Con...
30/09/2026

Abrimos para as festas de San Froilán. Non vos preocupedes, desde que pasen faremos unha inauguración en condicións! Con concerto e todo!

Desde este venres nace a Sala Facela en Lugo.

Próximamente...
25/09/2026

Próximamente...

Voltamos ao noso querido Clavi antes das festas! Desde as profundidades de México e cunha misión moi clara: facer vibrar...
24/09/2026

Voltamos ao noso querido Clavi antes das festas! Desde as profundidades de México e cunha misión moi clara: facer vibrar o mundo coa enerxía do rock & roll, Los Moustros del Espacio Exterior fusionan o son clásico dos anos 50 e 60 cunha proposta moderna, enérxica, chea de actitude e paixón.
Cun obxectivo claro, levar a súa música a cada recuncho do planeta. Conquistaron algúns dos escenarios máis importantes de México e as súas dúas recentes xiras por Europa son testemuño da súa traxectoria, deixando pegada entre os seus espectadores.
Sobre o escenario, son unha explosión de enerxía, paixón e moito baile, unha viaxe directa á era dourada do rock & roll, cun toque que che fará sentir máis vivo ca nunca.

Así se fan chamar:
Alfonso «REY DRAGON» — Voz
Ilán «BIRDMAN» — Baixo e coros
Celso «LOBOLOCO» — Batería e coros
Mike «CRAZYLES» — Guitarra e coros
Harry «EL HURACAN» — Saxo tenor
Job «WOLFIE» — Piano

Artwork coma sempre de LACHAPERA

Hoxe! Primeiro concerto do curso e nótase por toda a auga que está a caer! Recordamos que dentro do Clavi non chove eh! ...
08/09/2026

Hoxe! Primeiro concerto do curso e nótase por toda a auga que está a caer! Recordamos que dentro do Clavi non chove eh! Xusto hoxe a música e moi de verán! Ven a comprobalo... Estás a tempo!

🎵Plastic Family - Quiz on the radio

Dirección

Plza. Viana Do Castelo 3
Lugo
27003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fa Ce La Fest publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Eventos/locales cercanos