Senda Festival

Cómo llegar

Senda Festival Free Live Orgullo Pontevedra

GRAZAS!!!Tres días. Preto de 1.000 persoas. Moitas horas de música e un espazo compartido.Esta edición deixou moi boas s...
04/09/2026

GRAZAS!!!

Tres días. Preto de 1.000 persoas. Moitas horas de música e un espazo compartido.

Esta edición deixou moi boas sensacións. Polo nivel dxs artistas que pasaron pola cabina, pola diversidade e a personalidade de cada proposta. E especialmente por como respondeu o público desde o primeiro momento.

Tamén por algo que este ano sentimos especialmente: SENDA xa non é só un encontro para o público máis próximo. Demos a benvida a persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia, Portugal, Madrid ou Castela e León, para compartir estes tres días en Pontevedra.

Grazas aos artistas por traer ata aquí as súas formas poliédricas de entender a música. A todas as persoas que traballaron antes, durante e despois para que todo estivese no seu sitio. E, sobre todo, a quen veu, escoitou, bailou, conversou e fixo seu este espazo.

SENDA 2026 queda aquí. E nós quedamos cunha enorme vontade de seguir construíndo.

Javi Redondo
Eva
Miguel Redondo
𝗟𝗮𝗶𝗮
Mateo Zarco
RUIDO SOUND®
DJ SWISHERMAN
Luska
Voodoos and Taboos
Manfredas
Pablo Occy
Rose 🦄
fer grobas
Victor Flores
Alberto Miguez

GRAZAS!!!Tres días. Preto de 1.000 persoas. Moitas horas de música e un espazo compartido.Esta edición deixou moi boas s...
03/09/2026

GRAZAS!!!

Tres días. Preto de 1.000 persoas. Moitas horas de música e un espazo compartido.

Esta edición deixou moi boas sensacións. Polo nivel dxs artistas que pasaron pola cabina, pola diversidade e a personalidade de cada proposta. E especialmente por como respondeu o público desde o primeiro momento.

Tamén por algo que este ano sentimos especialmente: SENDA xa non é só un encontro para o público máis próximo. Demos a benvida a persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia, Portugal, Madrid ou Castela e León, para compartir estes tres días en Pontevedra.

Grazas aos artistas por traer ata aquí as súas formas poliédricas de entender a música. A todas as persoas que traballaron antes, durante e despois para que todo estivese no seu sitio. E, sobre todo, a quen veu, escoitou, bailou, conversou e fixo seu este espazo.

SENDA 2026 queda aquí. E nós quedamos cunha enorme vontade de seguir construíndo.

Hoxe comezamos ás 16:00. Último día. SENDA FESTIVAL.alexander DÖRR &  Certain People & Alberto Miguez Luska & Eva Voodo...
30/08/2026

Hoxe comezamos ás 16:00. Último día. SENDA FESTIVAL.

alexander DÖRR &
Certain People & Alberto Miguez
Luska & Eva
Voodoos and Taboos

Sama Yax 🍉 b2b Rafa Santos Sama Yax constrúe as súas sesións disco a disco, cunha profunda cultura de vinilo e un instin...
29/08/2026

Sama Yax 🍉 b2b Rafa Santos

Sama Yax constrúe as súas sesións disco a disco, cunha profunda cultura de vinilo e un instinto especial para atopar ese punto no que un tema conecta co seguinte e toda a sala comeza a moverse.

Nacida en México e criada en Bilbao, actualmente afincada en Madrid, a súa selección percorre house, disco, acid, Chicago, Detroit, sons latinos, afrobeat e jazz. Ao seu lado, Rafa Santos, coleccionista de vinilo e unha das figuras máis activas na difusión do house en España. Influenciado polo jazz, o soul e o R&B, está detrás de MATE, selo de referencia para o house e o deep house de raíz clásica e underground.

Dous selectores, dous universos e unha colección/paixón compartida.

ATENCIÓN - NOVA UBICACIÓN Hoxe comeza Senda.
28/08/2026

ATENCIÓN - NOVA UBICACIÓN
Hoxe comeza Senda.

Manfredas Hai artistas que non precisan seguir unha dirección concreta para saber exactamente cara onde queren ir.Manfre...
27/08/2026

Manfredas

Hai artistas que non precisan seguir unha dirección concreta para saber exactamente cara onde queren ir.

Manfredas é un deses nomes.

Desde Vilnius, leva décadas construíndo unha relación coa música baseada na curiosidade e nunha mirada aberta. Unha cultura musical construída durante anos detrás dos micrófonos da radio e levada despois á pista.

É unha das figuras fundamentais de O***m Club, onde foi residente e programador e onde creou Smala, unha das sesións que contribuíron a definir a identidade da escena electrónica de Vilnius. Tamén é parte, xunto a Ivan Smagghe, de Dresden, un proxecto construído arredor de sesións longas e dunha idea moi aberta da música de baile.

A súa selección pode pasar polo electro, a new wave, o disco, o neo-trance ou sons máis difíciles de clasificar. Pero máis que os xéneros, o que define a Manfredas é a capacidade para conectar aquilo que, en principio, non debería encaixar.

Unha mirada libre, imprevisible e profundamente musical.

fer grobas b2b Victor Flores Trinta anos detrás dos pratos. Unha amizade que vén de lonxe. E un b2b que aínda estaba por...
27/08/2026

fer grobas b2b Victor Flores

Trinta anos detrás dos pratos. Unha amizade que vén de lonxe. E un b2b que aínda estaba por acontecer.

Grobas e Viktor Flores xúntanse por primeira vez nunha cabina xúntanse por primeira vez nunha cabina para compartir unha sesión que reúne dúas traxectorias fundamentais da electrónica galega.

Fundador de RetroFuture e co-creador de proxectos como Festival 981, Telefunken, 981 Sessions, ou Disco Sucks, Grobas é unha figura imprescindible para entender a evolución da música electrónica en Galicia desde os anos 90, cunha carreira que o levou por clubs e festivais de toda Europa e Estados Unidos.

Viktor Flores celebrou en 2025 os seus 30 anos como DJ. Xornalista e xestor cultural, desenvolveu a súa carreira desde múltiples ámbitos da industria musical e pasou polas cabinas dos principais clubs e festivais de España e Portugal, con saídas a clubes europeos. Actualmente é un dos programadores e DJs de Mondo Club Vigo.

Dous percorridos diferentes. Unha historia compartida.
Por primeira vez, man a man na cabina.

É moi importante saber como compartir en SENDA. Vémonos este venres, familia.
25/08/2026

É moi importante saber como compartir en SENDA. Vémonos este venres, familia.

GALO sábado a senda amplíase.House, disco, acid e electrónica danse a man nunha programación que se move entre diferente...
24/08/2026

GAL

O sábado a senda amplíase.

House, disco, acid e electrónica danse a man nunha programación que se move entre diferentes referencias, escenas e formas de entender a música de baile.

Desde Vilnius chega Manfredas, figura clave da escena electrónica lituana e artista caracterizado pola apertura e a liberdade de criterio.

Con el estarán Javi Redondo, Grobas b2b Viktor Flores, Sama Yax b2b Rafa Santos, Lebollet e LDM Soundsystem.

Unha programación para compartir a pista, descubrir novas conexións e deixar espazo ao inesperado.

ESP

El sábado, SENDA se amplía.

House, disco, acid y electrónica se dan la mano en una programación que se mueve entre diferentes referencias, escenas y formas de entender la música de baile.

Desde Vilnius llega Manfredas, figura clave de la escena electrónica lituana y artista caracterizado por la apertura y la libertad de criterio.

Con él estarán Javi Redondo, Grobas b2b Viktor Flores, Sama Yax b2b Rafa Santos, Lebollet y LDM Soundsystem.

Una programación para compartir la pista, descubrir nuevas conexiones y dejar espacio a lo inesperado.

Dirección

Pontevedra
36002

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Senda Festival publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría