SeresFestival

SeresFestival Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de SeresFestival, Festival, Lugar Hermitas, A Lama, Pontevedra.

Seres Festival nace co propósito de crear un espazo de coidado e de respecto, onde as mulleres, as persoas racializadas, as persoas migrantes, as identidades disidentes e non “normativas”, a interxeracionalidade e o rural converxan.

🌟E fainos moitísima ilusión que participe no mercadiño de artesanía do Seres o proxecto A'BOKADOS coiro.🌟🌼💘🌼Xa veredes q...
24/06/2022

🌟E fainos moitísima ilusión que participe no mercadiño de artesanía do Seres o proxecto A'BOKADOS coiro.🌟
🌼💘🌼
Xa veredes que pezas tan chulas teñen!

✨✨✨Coñecedes a Cuco??Trátase dun estupendo muralista, técnico en ilustración e deseño gráfico. Dende Valladolid chegou á...
24/06/2022

✨✨✨Coñecedes a Cuco??

Trátase dun estupendo muralista, técnico en ilustración e deseño gráfico.
Dende Valladolid chegou á Galiza para montar xunto con outres grandes artistas o colectivo artístico e cultural "Espacio Matrioska".

Mañá estará con nós e traerá un montón de pegatinas e camisetas con deseños super chulos.

Podedes ver o seu traballo na web:
https://cucoismy.name/

🌟E contaremos tamén co  , a firma de accesorios da diseñadora Mónica Bastón que recupera o proceso cerámico tradicional ...
24/06/2022

🌟E contaremos tamén co , a firma de accesorios da diseñadora Mónica Bastón que recupera o proceso cerámico tradicional para aplicalo á xoiería.🌟
🐱
Todas as pezas están feitas de maneira artesá, unha a unha.
León ama o rock&roll e os felinos por encima de tódalas cousas, o cosmos, as viaxes espaciais, a natureza, as formas xeométricas e todas as cousas belas.
🌑🌒🌓🌔🌕🌖🌗🌘

💫💫E máis persoas e proxectos fermosos!Maritza Berttolini é unha artista téxtil Mexicana que traballa con fío e agulla co...
22/06/2022

💫💫E máis persoas e proxectos fermosos!

Maritza Berttolini é unha artista téxtil Mexicana que traballa con fío e agulla coma se pintara. 🎨🎨
Destaca polo atrevida que chega a ser co uso das cores e texturas.
Entre bordados, parches, chapas e na súa nova incursión, a cerámica, encontraredes milleiros de “monadas”.💗

Podedes seguila no seu instagram:

✨  tamén formará parte do mercadiño de artesanía do Seres Festival! 🪐🌼 Regina Álvarez é veciña da Lama, traballa xa dend...
22/06/2022

✨ tamén formará parte do mercadiño de artesanía do Seres Festival! 🪐

🌼 Regina Álvarez é veciña da Lama, traballa xa dende hai un tempo o coiro. O seu proxecto combina pezas singulares con outras máis tradicionais.
Temos a sorte de tela este sábado no Seres, onde poderedes ver unha boa mostra do seu prodixioso traballo. 🥳

🤫 .art tennos unha sorpresa preparada para este sábado! Que será? Vide descubrilo! 🌟✏️ Chámome Lucía Sibila, son artista...
22/06/2022

🤫 .art tennos unha sorpresa preparada para este sábado! Que será? Vide descubrilo! 🌟

✏️ Chámome Lucía Sibila, son artista visual e ilustradora, arxentina descendente de galegos, amante dos animais, buscadora de signos e significados, humana e tantas outras cousas máis…
Considérome unha creadora multidisciplinar: sempre estou explorando distintos recursos e linguaxes, con especial interés na reciclaxe de materiais. As miñas principais inspiracións son a natureza e a enerxía feminina. Sinto que a miña misión é sensibilizar, e, ante todo, contribuir á desaceleración deste mundo vertixinoso que nos desconecta e endurece.
Espero poder aportar o meu granciño de area para abrandar e rexenerar alí onde faga falta. 🎨🖌️🌿🎭

✨E tamén poderemos degustar os exquisitos viños e vermús que elabora  🍇Dori e Jorge son dous entusiastas da viticultura ...
21/06/2022

✨E tamén poderemos degustar os exquisitos viños e vermús que elabora 🍇

Dori e Jorge son dous entusiastas da viticultura que decidiron deixar os seus traballos de enxeñería e comezar o seu proxecto vital vinculado ó rural.🐜
🌱Celme baséase no respecto pola terra e o entorno. O resultado do seu traballo en ecolóxico son pequenas producións de viños e vermús artesanais. 🍷🍸
Tamén apostan por mostrarnos o seu modo de traballo con orixinais propostas de enoturismo na súa adega, onde destaca o singular secadeiro para a súa elaboración máis especial: o tostado.
🤩
https://adegascelme.com
https://www.facebook.com/adegas.celme/

🌟🔻 tamén estará presente no mercadiño de artesanía do Seres este sábado, compartindo con nós o seu marabilloso traballo....
21/06/2022

🌟🔻 tamén estará presente no mercadiño de artesanía do Seres este sábado, compartindo con nós o seu marabilloso traballo.

🔨📏✏️ Casal de Creación é un taller de enmarcación a medida artesanal, que traballa exclusivamente con madeira crúa á que lle aplican os acabados a man para obter os resultados máis exclusivos e deseños únicos. Traballan a calidade conservación para preservar as túas peciñas para sempre e tamén fan deseños personalizados para datas especiais ou para que poidas conservar os teus recordos do xeito máis orixinal. ✨Aproveita o Seres Festival para achegar as túas láminas para enmarcar ou pedir o teus scrabble personalizado!🖼️

💚 🌼 Coñecedes o traballo de Paula Pereira? Poderedes desfrutar das súas fermosísimas pezas este sábado! 🌼💚🌿Cavalinho do ...
20/06/2022

💚 🌼 Coñecedes o traballo de Paula Pereira? Poderedes desfrutar das súas fermosísimas pezas este sábado! 🌼💚

🌿Cavalinho do demo é um projecto que combina ilustraçom e cerâmica feito desde umha aldeia da Serra do Suído.
Inspira-me a natureza que me rodea e também se reflexa no meu trabalho a identidade galega, a defensa do rural e o feminismo🌿

✨🦊💜

Web: cavalinhoart.com
www.instagram.com/cavalinhododemo/

🍆🍅🌶🥕🌽🥦Este sábado 25 de xuño as compas de Outro Conto veñen dende Vigo ás Ermitas-A Lama para impartir un Obradoiro de a...
18/06/2022

🍆🍅🌶🥕🌽🥦Este sábado 25 de xuño as compas de Outro Conto veñen dende Vigo ás Ermitas-A Lama para impartir un Obradoiro de alimentación consciente para crianzas dentro da programación do Seres Festival. Tamén poderemos degustar as súas creacións culinarias no seu posto de comida durante a xornada! 🤩

🥘 combina a oferta de menús deliciosos e saudábeis a domicilio para toda a semana e o activismo contra a cultura da dieta, a gordofobia, a presión estética contra as mulleres e o terrorismo corporal. 🥙🥗🌮Este proxecto nace coa idea de promover unha alimentación integral e intuitiva para todo o mundo. Quere instaurar hábitos na vida das persoas a longo prazo e promover unha alimentación consciente que conecte cos propios motivos internos que cada persoa escolla para coidarse dende o amor. 🧡

Podedes atopar máis info nas súas redes: https://www.instagram.com/outrocontovigo/

Coñecedes o proxecto de  Galega? 🌼🌸🌻🙋‍♀️Nuria Pahino Dasilva, idealizadora de Matriz Galega, terapeuta feminista integra...
16/06/2022

Coñecedes o proxecto de Galega? 🌼🌸🌻

🙋‍♀️Nuria Pahino Dasilva, idealizadora de Matriz Galega, terapeuta feminista integral e facilitadora de grupos, con formación en fitoterapia, terapia floral, xinecoloxía autoxestiva, teatro terapéutico, cristaloterapia para mulleres, respiración ovárica e sexualidade pola Gestalt, vai estar connosco o día 25 de xuño no Seres Festival impartindo un Obradoiro de Xinecoloxía Natural así como compartindo o seu traballo no seu posto dentro do mercado de artesanía.

🐝Ollade o que nos conta!🐝

"O sistema de producción que habitamos, tennos afastado durante moito tempo das nosas verdadeiras necesidades e desexos, por iso, achamos que voltar ao corpo é unha verdadeira revolución. Dende Matriz Galega, queremos facer esa volta de modo individual e tamén colectivo, aprendendo a priorizarnos e a validar todas as vivencias e sentires, Así, consideramos abrir estas prácticas e procesos ás identidades e corporalidades periféricas, para seguir construíndo fora das categorías de sexo-xénero normativas.
🥑🥝🍓🍉No presente obradoiro faremos unha achega ao movemento da Xinecoloxía Natural e aproveitaremos para coñecernos desde o pracer, resignificando e nomeando os órganos se***is, aprendendo sobre ciclicidade, ferramentas de auto-exploración e medicinas naturais que podemos empregar no noso cotiá para a autoxestión da nosa saúde xinecolóxica."🙃

Queremos dereitos pra todes, todos os días! 📣 O próximo sábado 25 de xuño no Seres Festival contaremos cun punto de reco...
15/06/2022

Queremos dereitos pra todes, todos os días!

📣 O próximo sábado 25 de xuño no Seres Festival contaremos cun punto de recollida de sinaturas para apoiar a ILP para a regularización das persoas migrantes. Veña que imos a polas 500.000 sinaturas! 🔥

Artistas por orden de aparición:Vicky (RegularizaciónYa)Colectiva Katari La MagaDaura MangaraThe Sey SistersMomi Maiga MaioPigeon AttackDanielaNati (Katari)P...

Aquí unhas fotiños da presentación do Seres Seres-Festival Seres desta fin de semana no Galiza Profunda.Moitísimas graza...
13/06/2022

Aquí unhas fotiños da presentación do Seres Seres-Festival Seres desta fin de semana no Galiza Profunda.

Moitísimas grazas por crear estes espazos, foi un pracer estar alí!

13/06/2022

Tic tac, comeza a conta atrás para o Seres Festival!!
Para ir facendo a boca auga, compatimos este vídeo-presentación coa actuación do marabilloso grupo Paraíso Canto, na Igrexa de Xende.😍

Lembramos que o Festival será nas Ermidas, A Lama, nunha espectacular carballeira xestionada pola Comunidade de Montes.
Neste espazo ides agradecer unha chaquetiña á sombra e un sombreiro ao sol.
Aproveitamos tamén para solicitar que quen poida autoxestione e traia o seu copo (a organización disporá de copos para quen non teña).

Orgullo de rural galego diverso e cheíño de comunidade!🥳🫂🪗🌳

Ola Ola!!!Como vai ese comezo de semana??!!!Agardamos que super ben! Nós, retomando con enerxía 😎Esta mañá queremos lemb...
13/06/2022

Ola Ola!!!
Como vai ese comezo de semana??!!!
Agardamos que super ben! Nós, retomando con enerxía 😎
Esta mañá queremos lembrarvos todas as actividades que es compas de Orgullo Crítico Val Miñor teñen preparado para este mes tan especial, non volas perdades.
🥰

CHEGOU XUÑO E CON EL O ORGULLO CRÍTICO VAL MIÑOR!📣

❤️🧡💛💚💙💜🖤

Facémosvos partícipes das actividades organizadas con moita resistencia e amor, por incribles persoas de e unindo forzas🌸

Xuntas e en redes 💖 xerando novos mundos onde entren todos os mundos 🌎 dende o Val Miñor 🌈

E ATENTAS! ✨o venres lanzaremos información completa sobre o primeiro evento que vai a abrir este mes do 📣

Sigue todas as novas nas nosas redes sociais:
Facebook 👉🏽 https://www.facebook.com/orgullocriticovm
Instagram 👉🏽
Canal Telegram 👉🏽
https://t.me/orgullocriticovalmi

Cartel realizado polo marabilloso creativo Rubén Possibly Maybe🌈

ORGULLO É RESISTENCIA ✊🏾

Estamos super emocionades de participar neste fermoso evento: Galiza Profunda!Este domingo estaremos presentando o noso ...
09/06/2022

Estamos super emocionades de participar neste fermoso evento: Galiza Profunda!

Este domingo estaremos presentando o noso Festival xunto con xente e proxectos tan lindos como Festival Agrocuir da Ulloa, Anacos Creativos, Creativas Galegas, Anceu Coliving ∙ Powered by Community. Balanced in Nature.. e Pura Quiteria.

Non vos perdades este evento que durante toda a fin de semana mostrará na Estrada que o rural Galego está cheo de vida!

Nós imos, anímaste?

Grazas MARUXIO_TerraeSal e Casal de Creación por convidarnos

Boas! somos a organización Seres Festival, e presentamos esta campaña para recadar fondos e facer posible entre todes es...
08/06/2022

Boas! somos a organización Seres Festival, e presentamos esta campaña para recadar fondos e facer posible entre todes este evento que tanto nos emociona!

Seres Festival nace co propósito de crear un espazo de coidado e de respecto, onde as mulleres, as persoas racializadas, as persoas migrantes, as identidades disidentes e non “normativas”, a interxeracionalidade e o rural converxan.

Seres xorde da enerxía, ilusión, optimismo, entusiasmo, tenrura, raiba e creatividade dunha equipa con ánimo de crear espazos de coidado nos que visibilizar un rural diverso, coa vontade de facer as cousas con coidado, respecto e agarimo polo proceso, o entorno e as persoas.

Por que un festival? Porque queremos levar os nosos obxectivos á ledicia, queremos festexarnos e reivindicar a creación de espazos de liberdade de expresión, de opinión, de reflexión e de confianza, con responsabilidade afectiva e límites; xerando vencello entre os seres que habitamos un rural diverso.

Permitirlle ao noso Ser, ser, e festexalo.

Para quen é o Seres Festival? Se cres na comunicación afectuosa, nos sorrisos como ferramenta, na escoita e no bo rollo como alternativa, e o impulso da furia para mudar as cousas, este é o teu espazo e agardamos que veñas construílo con nós!!

Todes estamos en proceso de aprendizaxe e queremos facelo xuntes. Haberá erros e melloras. O Seres non é perfección nin culpa carceraria, agrádanos máis a idea de que “máis vale feito que perfecto”. Tampouco é un encontro ríxido, xa que funcionamos dende os consensos, a flexibilidade, a adaptación e a negociación colectiva.

Rexeitando certos xeitos como a explotación, a comunicación violenta, as faltas de respecto, as relacións de poder, as agresións e a ruptura de límites. Revisemos os nosos privilexios dende o comunitario!

Vémonos o 25 de xuño, nas Ermidas, A Lama, para festexarmos e reivindicarmos xuntes!

Boas! somos a organización Seres Festival, e presentamos esta campaña para recadar fondo… Seres Festival needs your support for Fai posible o Seres Festival!

Dirección

Lugar Hermitas, A Lama
Pontevedra
36853

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando SeresFestival publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a SeresFestival:

Compartir

Categoría