29/10/2024
〰️🫶 Cremos moito nos equipos humanos. Por iso dende a resaca do festival, compartimos estas dúas fotos.
📷 Na primeira delas estamos nós, Carmen Quinteiro e Tensi Gesteira, as dúas coordinadoras de todo o que esta fin de semana resoou na cidade de Pontevedra.
📷 Na segunda, tamén nós coas poetas participantes, que colaboraron moitísimo en todo o que lles propuxemos para as performances poéticas: Mireia Calafell, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Nuria Vil e Zheto Cunha Gonçalves.
🌟💫 Grazas, tamén, e por suposto, a todas as persoas que viñestes e ás que nos enviastes mensaxes de parabéns e ánimos.