27/10/2026
Abba, The New Experience volta a Galica en tres únicas datas. Toma nota e escolle agora as mellores butacas:
- Venres 13 de novembro. Lugo. Auditorio Fuxan Os Ventos.
- Sábado 14 de novembro. Narón. Pazo da Cultura.
- Domingo 15 de novembro. Pontevedra. Afundación. ÚLTIMAS ENTRADAS!!
Un tributo internacional que vai máis aló da homenaxe.
Tras 12 anos de traxectoria ininterrompida, ABBA THE NEW EXPERIENCE consolidouse como unha das bandas tributo máis salientables e exitosas do legado ABBA.
Emocionaron ao público en escenarios emblemáticos como o Palau da Música Catalá, Sant Jordi Club, Tarraco Area, Gran Teatro Príncipe Pío, Estadio Olímpico de Barcelona, Festival Internacional de Cambrils ou o Occident Summerfest Cerdanya, entre moitos outros.
Destacan especialmente as súas actuacións na Embaixada de Suecia en Madrid e, máis recentemente, a súa presentación no prestixioso Anfiteatro de Altos de Chavón (República Dominicana) en 2024, reafirmando a súa proxección internacional como referente global entre as bandas tributo a ABBA.
ABBA THE NEW EXPERIENCE presenta a súa proposta máis ambiciosa ata a data: un espectáculo que reimaxina e eleva a experiencia ABBA para o público actual, REVOLUTION TOUR.
Un concerto con todos os éxitos da banda sueca que combina tecnoloxía, escenografía, proxeccións e Intelixencia artificial. Unha viaxe sensorial e inmersiva ao universo ABBA, pensado para grandes teatros, auditorios e festivais.
“REVOLUTION non é un tributo. É unha inmersión total no universo ABBA.”
“Unha viaxe musical e emocional á época dourada do pop.”
“Moito máis que nostalxia: é espectáculo, emoción e tecnoloxía en perfecta harmonía.