Sur47eventos

Sur47eventos Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Sur47eventos, .

31/05/2025

👵👴 𝐈𝐍𝐀𝐔𝐆Ú𝐑𝐀𝐒𝐄 𝐄𝐍 𝐍𝐈𝐆𝐑Á𝐍 𝐔𝐍 𝐍𝐎𝐕𝐎 𝐂𝐄𝐍𝐓𝐑𝐎 𝐃𝐄 𝐃Í𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐂𝐎𝐈𝐃𝐀𝐃𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐒 𝐌𝐀𝐈𝐎𝐑𝐄𝐒.

👵👴 NIGRÁN conta desde onte cun novo recurso para o coidado das persoas maiores: o Centro de Día “Val Miñor”, que foi inaugurado oficialmente nun acto no que participaron representantes institucionais, profesionais do ámbito sociosanitario, familiares e veciños da comarca.

👵👴 Ao evento asistiron Ana Ortiz, delegada da Xunta en Vigo, o alcalde de Nigrán e Baiona; Juan A. González e Jesús Vázquez Almuíña respectivamente, a Concelleira de asuntos sociais Bibiana Peixoto e tamén a portavoz do Partido Popular en Nigrán, María José Pino. Todos eles destacaron a importancia de contar cun servizo deste tipo para mellorar a calidade de vida da poboación maior e facilitar a conciliación familiar.

👵👴 Situado nun espazo accesible e moderno, o centro nace co obxectivo de ofrecer atención diúrna personalizada ás persoas maiores, favorecendo a súa autonomía, benestar emocional e integración social. As instalacións dispoñen de comedor, sala de estimulación cognitiva, zona de descanso, enfermaría, actividades terapéuticas e servizos adaptados a cada usuario.

👵👴 Baixo o lema “Un fogar para ti cada día”, o novo centro aposta por un modelo de atención centrado na persoa, ofrecendo acompañamento profesional, trato digno e actividades que promoven o envellecemento activo.

👵👴 Desde a dirección destacaron a boa acollida do servizo, que xa conta con numerosas solicitudes de praza, e o compromiso de seguir medrando para dar resposta á crecente demanda dunha poboación cada vez máis envellecida.

👵👴 A apertura do Centro de Día “Val Miñor” supón un importante reforzo na rede de coidados do municipio e da comarca

18/05/2025
Y seguimos celebrando 🍾🍾🍾
15/08/2023

Y seguimos celebrando 🍾🍾🍾

EVENTOS CON MUCHO AMOR!!
23/07/2023

EVENTOS CON MUCHO AMOR!!

13/06/2023
19/03/2023

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Sur47eventos posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

  • Want your business to be the top-listed Event/venue?

Share