10/12/2025
Hoxe despedímonos con tristeza de Jorge Martínez, líder de Ilegales, que nos deixou aos 70 anos tras toda unha vida empuñando o micrófono. A súa rebeldía e a súa paixón marcaron unha xeración e deixaron unha pegada inesquecible na historia do rock en español.
Desde The Wild Festival lamentamos fondamente a súa perda; foi unha mágoa non poder contar con eles este verán, pero o seu espírito indomable sempre estivo con nós. Grazas por tantos himnos e pola túa maneira de vivir a música e o rock, Jorge. Descanse en paz.