Apertuke

Apertuke FESTIVAL DE PERCUSIÓN AFROBRASILEIRA CON CONCERTOS, OBRADOIROS, ACTIVIDADES INFANTÍS, ANIMACIÓN,...

15/09/2026

🙏✨ GRACIÑAS INFINITAS!!! ✨🙏

O primeiro, a vós 💜, por vir, bailar, tocar, participar e facer do Apertuke o que é. Sen a vosa enerxía, nada disto tería sentido! 🫶🥁

🙌 Grazas ao Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra, patrocinadores e doantes do crowdfunding polo apoio económico que nos permite facer posible este festival gratuíto.

🥁💜 Ás nosas batucadas irmás Trópico de Grelos, Maragataka e Percucar, por vir compartir tambores, enerxía e alegría con nós. Porque cada encontro, cada ritmo compartido e cada amizade axúdanos a seguir construíndo comunidade a golpe de tambor. 🌍🫶

🌍 A Perfusión, Largo da Cumbia e Benjammin & The Last Survival, por encher o Apertuke de mesturas, culturas, ritmos e música que nos fixeron bailar e desfrutar. 🎶🔥

🎧 A Sula DJ, por volver poñernos a bailar ata o final. Xa é imposible imaxinar un peche de Apertuke sen el! 💃🏽🕺🏽

🚀 Ao Autoestopista Intergaláctico, por guiarnos nesta viaxe como mestre de cerimonias e regalarnos tantas risas. 😂

🥁 A Albertito Romero, por ser tan riquiño, próximo e xeneroso, e por compartir os seus coñecementos no obradoiro. E grazas a todas as persoas que participastes! 💜

👧🧒 A Ecopercusión e Barafunda, por encher o festival de música e creatividade para as crianzas. ♻️🎪

👯‍♀️ Á nosa compañeira Beti Mencal, por dinamizar o convivio do venres. 🫶

🔊 A Xoubiña Sonora, por conseguir que todo soase de marabilla. 👌

🎨🍕🥞🍻 Aos artesáns e artesás, Pizzería Delirio, Xiru Lari, Filloas a Pedra e Cervexas Banda, por acompañarnos, alimentarnos e refrescarnos. E por esa cervexa boísima feita no Val Miñor! 💛

🌟 E, por suposto, ao equipazo de Aperta. Polas horas, os nervios, o esforzo e por seguir poñendo todo o corazón neste proxecto. 💜

GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS! 🙏
Longa vida ao Apertuke! 🥁🎉

13/09/2026
12/09/2026
👀 NON VOS PERDADES! 🥁💜Temos moitas cousiñas preparadas para vós! 🎶🎨🥁Música, percusión, obradoiros, actividades para as c...
09/09/2026

👀 NON VOS PERDADES! 🥁💜

Temos moitas cousiñas preparadas para vós! 🎶🎨🥁

Música, percusión, obradoiros, actividades para as crianzas, artesanía, comida, bebida… e moito máis! 🔥

🗺️ Aquí vos deixamos o plano para que non se vos escape nada.

XA NON QUEDA NADA! 🎉🥁

📅 12 e 13 de setembro
📍 Dunas de Gaifar · Panxón · Nigrán

Dirección

Cidade De Vigo 5
Nigrán
36350

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Apertuke publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Apertuke:

Atajos

Compartir

Categoría