Festival Emigrason

  • Home
  • Festival Emigrason
Directions Website Contact the business

Festival Emigrason O festival galego para a mocidade emigrante en Bruxelas

01/04/2026

Isto que dixo en con 💙

31/03/2026

✨ AFTERMOVIE 2026 x Lorenzo Negueruela 🎬

Rematou o festival, pero hai cousas que non rematan cando se apagan as luces.

Unha cidade enteira vibrando coa nosa música galega. Unha pista de baile chea de historias que viñeron desde moi lonxe. 2200 persoas chegando desde 13 países distintos.

O EmigraSON non é só un festival. É unha comunidade que se constrúe cada ano, unha rede de xente espallada polo mundo que decide xuntarse para celebrar quen somos. Houbo música, houbo emoción, houbo reencontros e houbo esa sensación difícil de explicar de estar exactamente onde tiñamos que estar.

E mentres exista esa vontade de atoparnos, isto seguirá pasando.

NUNCA OLVIDAR 🧡 SEMPRE VOLVER



The Rapants
Baiuca
Ortiga
Sabela
9Louro
Fer
Paloma Paloma
A Roda
IRMANDADE GALEGA NA SUIZA
La Duendeneta

🏷️ Turismo de Galicia Evolta Deleite Air Europa Instituto Cervantes Bruselas Aí Falaches Liporca

Detrás do escenario tamén hai unha historia.O EmigraSON non o organiza unha gran empresa nin unha produtora xigante: org...
30/03/2026

Detrás do escenario tamén hai unha historia.

O EmigraSON non o organiza unha gran empresa nin unha produtora xigante: organízamolo entre colegas. Somos un grupiño de persoas emigradas, amigas, que decidimos xuntarnos para crear o festival ao que nos gustaría ir.

Facémolo porque botamos de menos espazos así, botamos de menos a nosa lingua, a nosa casa e a nosa cultura. Facémolo porque queremos que a música galega soe tamén aquí e porque cremos que a comunidade se constrúe facendo cousas xuntas.

Co paso dos anos, a cousa foi medrando. Agora xa non todos vivimos en Bruxelas e incluso contamos coa colaboración de xente que traballa desde Galicia e que vén a propósito para o festival: un pequeno equipo espallado que se xunta para facer que isto sexa posible 💙

Todo este esforzo non tería sentido sen vós, que enchedes as salas cada ano.
Grazas por facer que todo isto mereza a pena ✨

NUNCA OLVIDAR 🧡 SEMPRE VOLVER

.dioss



🏷️ .licores

27/03/2026

Estas respostas dan para todo. Hai moito teatreiro por aquí… 🎭



🏷️ .licores

Imposible pasar estas fotos por alto e non publicalas. Así podemos botar unhas risas entre todas 🤭O EmigraSON desde dent...
26/03/2026

Imposible pasar estas fotos por alto e non publicalas. Así podemos botar unhas risas entre todas 🤭

O EmigraSON desde dentro é unha cousa doutro mundo… 🤪

📸



🏷️ .licores

Literalmente: O CONCI 😭🫶🏼Unha experiencia única e diferente coa que Fer quixo sorprender ao público do EmigraSON. 📸 🏷️  ...
25/03/2026

Literalmente: O CONCI 😭🫶🏼

Unha experiencia única e diferente coa que Fer quixo sorprender ao público do EmigraSON.



📸

🏷️ .licores

23/03/2026

Bruxelas ou Galicia? 👀 Onde cobra sentido a música das nosas artistas?

Fixémoslles escoller… e as respostas non sempre foron tan sinxelas!

.ortiga.ortiga .paloma.paloma

🏷️ .licores

Sabela abriu o sábado a Madeleine cun directazo súper enérxico e cheo de sensibilidade! Así foi ese comezo precioso para...
22/03/2026

Sabela abriu o sábado a Madeleine cun directazo súper enérxico e cheo de sensibilidade! Así foi ese comezo precioso para a segunda noite 🌙✨




📸

🏷️ .licores

Dúas formas distintas de bailar… mesma enerxía. Primeiro foi a foliada da man de  e  e despois continuamos o baile con  ...
20/03/2026

Dúas formas distintas de bailar… mesma enerxía.

Primeiro foi a foliada da man de e e despois continuamos o baile con 🎊🎉

Pensamos que non hai mellor combinación de forzas 🙌🏼
E para mostra… estas fotos do ambientazo deses momentazos na Tricoterie!

📸

🏷️ .licores

19/03/2026

🛫🚢👋🏼 Un festival marcado pola fonda pegada que deixou a emigración en Galicia. Que significa para as artistas participar nun proxecto así? 🤔



.ortiga.ortiga .paloma.paloma

🏷️ .licores

Address


1000

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Festival Emigrason posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Festival Emigrason:

Shortcuts

  • Want your business to be the top-listed event/venue?

Share