Colectivo Pensamento E Sementeira

Colectivo Pensamento E Sementeira Onde se informa arredor da nosa actividade cultural

Vémonos 🫶🏽 ⬇️👀⬇️
13/08/2026

Vémonos 🫶🏽 ⬇️👀⬇️

O programará incluirá un xantar popular, música en directo e xogos tradicionais

Logo do magnífico debut na Foliada do Maio e da súa participación no Aturuxo de Bravos, as Pandeireteiras da Sementeira ...
10/08/2026

Logo do magnífico debut na Foliada do Maio e da súa participación no Aturuxo de Bravos, as Pandeireteiras da Sementeira volven á acción. 🎙️

O grupo de pandeireteiras formado nas aulas do Colectivo alá por outubro de 2025 non perde folgos e súmase á Xira a Portochao.

A sobremesa corre pola súa conta! Non podedes faltar 🤭

Unha semana para vernos en Portochao! E comezamos a semana presentando o grupo que nos amenizará a hora previa ao xantar...
10/08/2026

Unha semana para vernos en Portochao! E comezamos a semana presentando o grupo que nos amenizará a hora previa ao xantar 🥖

Dobre Bordón, dous rapaces unidos pola música tradicional galega.

Encántalles tocar xuntos, aprender, compartir o que saben e levar a súa enerxía a cada actuación. A Xira será a seguinte parada onde o poderemos comprobar! 🤗

Aínda que son noviños, toman este proxecto moi en serio e poñen moitísima ilusión en cada nota.

Dobre Bordón é música, amizade e moitas ganas de seguir crecendo. 🎶🎶

A quen vemos por alí bailándolles unhas pezas? 💚

🌊 A Xira | Contra vento e mareaHai tradicións que merecen seguir vivas, mesmo cando as circunstancias non o poñen doado....
10/08/2026

🌊 A Xira | Contra vento e marea

Hai tradicións que merecen seguir vivas, mesmo cando as circunstancias non o poñen doado.

Durante décadas, A Xira foi unha das citas máis singulares do verán en Viveiro: unha festa popular que levaba a veciñanza a remontar o río ata Portochao.

Nos últimos anos, adaptamos esa tradición coa subida en caiac, tratando de recuperar unha celebración que formou parte da mocidade das nosas avoas e avós.

Este ano, porén, tócanos navegar contra vento e marea.

A marea coincide baixando e o estado actual da ría e do río, sen o mantemento e dragado necesarios, fan imposible remontalo con seguridade.

Ademais, a andaina ata Portochao que tiñamos prevista e comunicada ao Concello tampouco poderá celebrarse, xa que nestas datas comezan as obras de reparación do paseo fluvial.

Pero A Xira nunca foi só unha forma de chegar a Portochao. O importante sempre foi o encontro.

Por iso, este luns 17 de agosto, convidámoste a seguir facendo historia canda nós:

🧺 Xantar popular: estira o mantel, trae a túa comida e comparte.

🎶 Música en directo: sesión vermú con Dobre Bordón e tarde amenizada polas Pandeireteiras da Sementeira

🎲 Xogos tradicionais para toda a família.

Porque hai tradicións que non se deixan levar pola marea. Hai tradicións que se manteñen vivas contra vento e marea.

Agardámoste en Portochao. 💚

Pechamos o curso de baile e pandeireta cunha foliada e unha merenda!Agradecidísimxs a todxs xa que decidístedes achegarv...
30/06/2026

Pechamos o curso de baile e pandeireta cunha foliada e unha merenda!

Agradecidísimxs a todxs xa que decidístedes achegarvos ao baile e á música tradicional da man do Colectivo Pensamento e Sementeira. Agardamos sinceramente que teñades gozado moito deste espazo e desexamos vervos de novo a partir de setembro.

Grazas infinitas tamén a Noa, a nosa fantástica profe, por crear este bo ambiente que foi moi patente na III Foliadas do Maio.

Vémonos moi pronto! Que vivan estxs bailadorxs e estas pandeireteiras!

https://www.facebook.com/share/p/1Df7TjeWhq/
13/05/2026

https://www.facebook.com/share/p/1Df7TjeWhq/

📚🎶 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫𝐚́ 𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐬 𝐜𝐮𝐧 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝟏𝟓 𝐚𝐨 𝟏𝟕 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨

O Concello de Viveiro desenvolverá unha programación especial con motivo das Letras Galegas que incluirá obradoiros, música, teatro, conferencias e propostas de animación cultural en distintos espazos do municipio.

📅 A programación arrancará o venres 15 de maio cun obradoiro de lettering na Biblioteca Municipal, as II Xornadas de Violoncello no Conservatorio e unha homenaxe a Hernán Naval no Teatro Pastor Díaz.

🎶 O sábado 16 haberá actuacións musicais na Praza Maior, concerto de violonchelos e teatro coa representación de “Oficina de Emprego”, a cargo do Grupo de Teatro de Aspanane.

📖 O domingo 17 celebrarase a interpretación do himno galego e a actuación da Coral Alborada na Praza Maior, ademais da presenza de librarías na rúa e da representación teatral “Begoña Caamaño. O transgredir das ondas".

✨ Un programa pensado para promover a lingua e a cultura galegas a través da música, da literatura, da escena e da participación cidadá.

🌼🏵️ A REQUINTA DE LAMPAI QUERENDO SER RESIDENTES NA FOLIADA DO MAIO 🏵️🌼Que maneira de ganarse ao público dende a proba d...
09/05/2026

🌼🏵️ A REQUINTA DE LAMPAI QUERENDO SER RESIDENTES NA FOLIADA DO MAIO 🏵️🌼

Que maneira de ganarse ao público dende a proba de son. O destes rapaces chegados dende a Ulla non é nin medio normal. Quen os quere de volta? Ou mellor non os deixamos marchar directamente...

QUE VIVA A REQUINTA! E QUE VIVA A ULLA! E, POR SUPOSTO, QUE VIVA LAMPAI!

🌼🏵️ MORREMOS DE AMOR CON ADELINA 🏵️🌼Menudas voces as destas rapazas do Morrazo e menudos soltos nos fixeron bailar. Unha...
09/05/2026

🌼🏵️ MORREMOS DE AMOR CON ADELINA 🏵️🌼

Menudas voces as destas rapazas do Morrazo e menudos soltos nos fixeron bailar. Unha hora soubo a pouco, non?

Podemos comezar a tarde de novo e volver a vivir todo o que levamos vivido, por favor?

🥹♥️

🌼AS VECIÑAS DE XAORA NON NOS DERON UN RESPIRO🌼Chegar e triunfar, así temos que resumir a actuación das nosas veciñas. Qu...
09/05/2026

🌼AS VECIÑAS DE XAORA NON NOS DERON UN RESPIRO🌼

Chegar e triunfar, así temos que resumir a actuación das nosas veciñas. Que fantasía de concerto e de bailadorxs.

Isto é un remuiño de emocións constante. Non queremos que remate a noite!

🏵️🌼 AS PANDEIRETEIRAS DA SEMENTEIRA ACABAN DE FACER ARDER A ESCOLA VELLA DE GALDO🌼🏵️A primeira actuación das nosas rapaz...
09/05/2026

🏵️🌼 AS PANDEIRETEIRAS DA SEMENTEIRA ACABAN DE FACER ARDER A ESCOLA VELLA DE GALDO🌼🏵️

A primeira actuación das nosas rapazas, na casa e cun público entregadísimo. Choramos? Non podemos negalo!

🥹🥹

Dirección

Irmans Vilar Ponte, 40
Vivero
27850

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colectivo Pensamento E Sementeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Colectivo Pensamento E Sementeira:

Atajos

Compartir

Categoría