16/06/2026
🎷 Unha noite de Jazz inesquecible no corazón de Vigo!
🎶 O vindeiro 2 de xullo tes unha cita imprescindible con música en directo. O PALACIO DE LA OLIVA abre as súas portas ás 21:00 h para acoller un proxecto musical diferente: o Ensemble Misxtura e o solista Roberto Pacheco, interpretarán un dos discos máis destacados da historia do Jazz. Adiviñades cal é?
🎟️ Entradas e reservas
• Entrada de balde para o alumnado do centro.
• Público xeral: 15€.
🍸🥤A entrada inclúe unha consumición (tipo combinado) ou duas consumicións pequenas (tipo refrescos ou cervexas).
As prazas son limitadas para garantir unha boa experiencia. Asegura o teu sitio poñéndote en contacto connosco a través das nosas Redes Sociais ou Correo electrónico❗️