28/10/2025
Cada ano que pasa repetimos a mesma reflexión: “na que nos metemos outra vez…” E, malia o cansazo e a tolemia que supón organizar a feira, acabamos sempre cun sorriso inmenso e o corazón cheo polo ambiente tan especial que se vive.
Este ano non só gozamos convosco —coas charlas, coas expositoras e con toda a xente riquiña que se achegou ao IFEVI— senón que, grazas á vosa participación no bingo e nos obradoiros solidarios, conseguimos recadar máis de 1.500 € para as asociacións e santuarios. Iso tradúcese en 95,73 € para cada un deles. É unha alegría enorme ver todo o que conseguimos xuntas!
Queremos aproveitar para transmitir a nosa gratitude infinita a:
✨ O equipo de produción, que estivo en cada detalle que non se ve. Así que mil grazas a Ana, Noa, Teresa, Paula, Alba, Inés, Laura, Selin, Raquel, Iria, Zalo, Bahio e Diadie.
✨ Os técnicos de son e vídeo (), que fan que todo pareza bonito e sinxelo.
✨ O equipo de montaxe de Vigo, pola súa profesionalidade.
✨ Raquel (.greensandbeans), por cedernos esas fermosísimas plantas que fixeron o espazo máis acolledor.
✨ A , , e .greensandbeans, porque grazas á súa xenerosidade impartindo obradoiros de xeito totalmente solidario recadamos aínda máis cartiños para as asociacións participantes.
✨ A , Turismo de Vigo e Vigo Convention Bureau e IFEVI, Instituto Ferial de Vigo. polo seu respaldo e agarimo.
✨ E, por suposto, a Gerson, Moncho e Edu, porque detrás dunha gran muller non sempre hai un gran home, pero neste caso si 😉❤️
Tamén é xa tradición que, ao rematar, digamos aquilo de “esta ten que ser a última”. E queremos ser francas convosco: a realidade é que soster a feira durante todo o ano supón un esforzo enorme para un equipo de só tres persoas, cada unha coa súa particular idiosincrasia e que, como calquera familia da clase traballadora, fai auténtico encaixe de bolillos para chegar a todo.
Desde fóra pode parecer que xa é un evento consolidado, pero nada máis lonxe da realidade. Para que o sexa de verdade, precisamos maior apoio das institucións públicas e tamén unha asistencia de público máis ampla. Tamén é fundamental que máis proxectos e empresas se sumen como expositoras e patrocinadoras, porque ese apoio é clave para poder cubrir custos e non perder cartos, e así seguir facendo isto que sentimos tan necesario e transformador.
Grazas por ser parte dunha edición máis. Porque sen vós, non existiría. Seguimos?
Nós queremos. Pero necesitamos camiñar acompañadas 💚
📷