VÍA XIV - Festival Internacional de curtametraxes de Verín

VÍA XIV - Festival Internacional de curtametraxes de Verín 📽 Festival Internacional de Curtas de Verín
🗓 IX edición: do 29 de agosto ao 8 de setembro do 2024
📍Verín

🎬 O Festival Entre Curtas, co que colaboramos dende os seus comezos, vén de anunciar as datas da súa terceira edición. U...
19/12/2025

🎬 O Festival Entre Curtas, co que colaboramos dende os seus comezos, vén de anunciar as datas da súa terceira edición. Un festival veciño, feito con mimo e criterio, que segue medrando dende o outro lado da raia.

👉 Se che gusta o cinema, vai reservando datas no calendario
👉 Se es cineasta, xa está aberto o seu Open Call
📣 Inscricións en FilmFreeway

Un proxecto impulsado polo Teatro Experimental Flaviense de Chaves, ao que lle temos especial cariño e que dá gusto ver como se consolida edición tras edición.

Porque o cinema tamén se constrúe en rede, entre territorios e con complicidades reais 🎥🤝

🔴 𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 𝐅𝐈𝐂 𝐕𝐈𝐀 𝐗𝐈𝐕 | O festival, que ía realizarse entre o 28 de agosto e o 6 de setembro, posponse para u...
21/08/2025

🔴 𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 𝐅𝐈𝐂 𝐕𝐈𝐀 𝐗𝐈𝐕 | O festival, que ía realizarse entre o 28 de agosto e o 6 de setembro, posponse para unha data aínda por determinar pola situación actual que se vive na contorna a causa dos incendios forestais.

▪️ Esta non é unha decisión que tomemos dende a urxencia, senón dende a comprensión e responsabilidade coa situación actual.

👉 A nivel persoal, parte do equipo pasou días enteiros pendente das lapas; a nivel loxístico, as instalacións do festival están ocupadas con recursos para as persoas e territorios afectados polos incendios; a nivel seguridade, aínda que a situación mellorou nos últimos días, sabemos que pode revertir; e, sobre todo, a nivel humano, consideramos que non é o momento axeitado para realizar eventos deste tipo na contorna, non só polos propios incendios, senón tamén polos danos colaterais e inminentes que se manifestarán na comarca.

👉 Este ano o FIC Vía XIV orbita ao redor do tema da posverdade. Tras o acontecido, consideramos que abordar esta temática é máis necesario ca nunca.

📺🌐 Que discursos se xeran ao redor dos lumes? Como se transforman as historias a través das redes sociais e os medios de comunicación? De seguro aproveitaremos, cando se poida, esta décima edición do FIC Vía XIV para afondar nas estruturas que controlan as narrativas que envolven o noso día a día.

🖤 Dende o equipo do festival queremos mandar unha mensaxe de apoio a toda a veciñanza e corpos e forzas de seguridade que están a loitar e padecer as consecuencias dos lumes.

E moitas grazas tamén ao equipo, ás artistas e ao público pola vosa comprensión 🖤🖤

Este venres estaremos en San Sadurniño participando xunto ás compañeiras de Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais d...
21/08/2025

Este venres estaremos en San Sadurniño participando xunto ás compañeiras de Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema no 𝗜𝗜 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗔𝗧𝗟𝗔́𝗡𝗧𝗜𝗖𝗢 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗜𝗡𝗘𝗠𝗔 🎬✨

🎬✨ 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗔𝗧𝗟𝗔́𝗡𝗧𝗜𝗖𝗢 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗜𝗡𝗘𝗠𝗔 | O vindeiro 22 de agosto, San Sadurniño converterase nun punto de encontro clave para o audiovisual galego ✨

Unha xornada de reflexión, encontro e cinema ao aire libre, onde profesionais, cineastas e público xeral compartiremos experiencias arredor dos festivais que nacen e medran no rural.

🔵 Desde organizamos este segundo Encontro logo da experiencia da primeira edición en Zas, coa vontade de seguir afondando nas redes, os retos e as oportunidades dos festivais descentralizados.

🤝 Pola mañá contaremos con unha xornada profesional para compartir
📽 De tarde abriremos ao público con proxeccións de cinema galego!

🤝 Agradecemos especialmente a acollida do Concello de San Sadurniño e o apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña

🗓 22 de agosto
📍 San Sadurniño

Máis información sobre a programación nos vindeiros días!

🎬🌸 "El santo (Mahapurush)" (Satyajit Ray, 1965), unha comedia satírica que desmonta con intelixencia e humor a credulida...
12/08/2025

🎬🌸 "El santo (Mahapurush)" (Satyajit Ray, 1965), unha comedia satírica que desmonta con intelixencia e humor a credulidade humana e o culto aos falsos gurús. Unha xoia do cine indio dirixida polo mestre Satyajit Ray, que combina crítica social e tenrura nun relato cheo de ironía.

Mañá mércores 13 de agosto, dentro da nosa colaboración co Cineclube Ordet, proxectaremos "El santo (Mahapurush)", unha das obras máis celebradas do director bengalí, que forma parte do seu díptico “Two” e que segue fascinando ao público internacional pola súa vixencia e acidez.

Un filme que convida a cuestionar as verdades absolutas e a observar co ollo crítico as figuras carismáticas que prometen respostas fáciles.

🔸 Cando? Mércores 13 de agosto ás 20:30h
🔸 Onde? Casa da Cultura de Verín
🔸 Prezo? Entrada de balde!

➡️ Continuamos así a proposta do FIC Vía XIV de empregar o cinema como espello crítico da sociedade. Nesta ocasión, viaxamos á India dos anos 60 para descubrir unha historia universal: a eterna tensión entre fe e razón.

📽️ Agardámoste no Cineclube ORDET!

🗞️📱 𝐎 𝐅𝐈𝐂 𝐕𝐢́𝐚 𝐗𝐈𝐕 𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨𝐬 | Refórzase o programa do FIC Verín con proxeccións que apostan polo cine “como faro de pe...
14/07/2025

🗞️📱 𝐎 𝐅𝐈𝐂 𝐕𝐢́𝐚 𝐗𝐈𝐕 𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨𝐬 | Refórzase o programa do FIC Verín con proxeccións que apostan polo cine “como faro de pensamento crítico”

➡️ Na súa vindeira edición, Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Verín, Vía XIV, aposta por dúas actividades paralelas fóra da competición oficial que enriquecen o seu programa audiovisual. A sección Horizontes propón unha mirada libre e plural sobre a posverdade e a manipulación informativa, mentres que o Cineclube Ordet achega unha sesión especial centrada na memoria, a percepción e os límites do cinema.

Podedes ler a nova complera no Periódico O SIl 🔗🔗

Na súa vindeira edición, Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Verín, Vía XIV, aposta por dúas actividades paralelas fóra da competición oficial que enriquecen o seu programa audiovisual. A sección Horizontes propón unha mirada libre e plural sobre a posverdade e a manipulación ...

🗞️📱 𝐎 𝐅𝐈𝐂 𝐕𝐢́𝐚 𝐗𝐈𝐕 𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨𝐬 | O FIC reformula a súa proposta audiovisual para convertirse en faro para o pensamento cr...
14/07/2025

🗞️📱 𝐎 𝐅𝐈𝐂 𝐕𝐢́𝐚 𝐗𝐈𝐕 𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨𝐬 | O FIC reformula a súa proposta audiovisual para convertirse en faro para o pensamento crítico

➡️ "Nesta edición, a sección propón unha reflexión sobre a postverdade e os mecanismos de manipulación que dilúen os límites entre o verdadeiro e o falso. As pezas seleccionadas abordan cuestións como a saturación informativa, o papel dos medios de comunicación e as novas formas de construción do relato".

Graciñas pola difusión, Diario do Támega🫰

Este año, el Festival Internacional de Cortometrajes de Verín, FIC Vía XIV, apuesta por dos activida

Dirección

Auditorio De Verín. Camiño De Sousas S/n
Verín
32600

Teléfono

+34638077282

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando VÍA XIV - Festival Internacional de curtametraxes de Verín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría