Dúatlon de Vedra

Dúatlon de Vedra evento deportivo

𝐎 𝐗𝐈 𝐃𝐮́𝐚𝐭𝐥𝐨𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐝𝐫𝐚 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐮 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐯𝐞𝐫𝐭𝐞𝐫 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞𝐧 𝐞𝐩𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐝𝐮́𝐚𝐭𝐥𝐨𝐧 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐮𝐧 𝐝𝐢́𝐚Pasados ...
20/03/2026

𝐎 𝐗𝐈 𝐃𝐮́𝐚𝐭𝐥𝐨𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐝𝐫𝐚 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐮 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐯𝐞𝐫𝐭𝐞𝐫 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞𝐧 𝐞𝐩𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐝𝐮́𝐚𝐭𝐥𝐨𝐧 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐮𝐧 𝐝𝐢́𝐚

Pasados xa uns días dende a celebración do noso dúatlon, e asentadas as sensacións, toca facer balance da edición deste ano. Nunha edición na que a climatoloxía non no lo puxo fácil na previa a proba, pero que respectou a deportistas, permitindo disfrutar dunha fantástica xornada de competición en equipo.
Está é xa unha cita plenamente consolidada no calendario autonómico que reuniu a máis de 70 equipos e centos de deportistas, para os cales dende a coorganización do club Olímpico de Vedra e o Concello de Vedra tratamos de dar o mellor de nós mesmos para estar a altura.

Por décimo ano consecutivo a proba constitueu o Campionato Galego de dúatlon contrarreloxo por equipos, reafirmando o seu prestixio dentro da disciplina A xornada deu comezo ás 16:00 horas coa saída dos primeiros equipos da categoría de promoción, continuando coa categoría Open e, posteriormente, coas probas do campionato autonómico, iniciándose ás 16:50 horas a competición feminina e vinte minutos máis tarde a masculina.

No apartado deportivo, o Campionato Galego deixou como vencedor na categoría masculina ao Cidade de Lugo Fluvial, seguido do Triatlón Ferrol e do Club Deportivo Delikia, mentres que na categoría feminina o triunfo foi para o Club Deportivo Delikia, por diante do Triatlón Inforhouse Santiago e do Cidade de Lugo Fluvial. Pola súa banda, na categoría Open masculina impúxose o Club Triatlón Compostela F, acompañado no podio polo Triatlón Inforhouse Santiago C e o Club Triatlón Compostela B, mentres que na feminina o primeiro posto foi para o Triatlón Inforhouse Santiago B, seguido do Club Triatlón Compostela B e do Club Olímpico de Vedra B. Na categoría de Promoción masculina, o triunfo foi para o Club Ciclista Muros Promoción. Os novos campións galegos déronse a coñecer pouco antes das sete da tarde, poñendo o broche final a unha intensa e emocionante xornada.

Máis alá dos resultados, a organización quere destacar de maneira especial o papel fundamental do voluntariado, cun amplo dispositivo humano formado por preto de cen persoas entre persoal da organización, oficiais e medios de seguridade, cuxo compromiso e dedicación resultaron imprescindibles para garantir o correcto desenvolvemento da proba. Do mesmo xeito, cómpre poñer en valor o apoio decidido do Concello de Vedra e das diferentes institucións colaboradoras, que fan posible que este evento estea totalmente consolidado como unha referencia no calendario deportivo galego.

Finalmente, dende a organización quérese trasladar un agradecemento sincero a todos os clubs e deportistas participantes, auténticos protagonistas da xornada, así como ao público e afeccionados que se achegaron para vivir e apoiar o evento. A undécima edición do Dúatlon Concello de Vedra péchase cun balance moi positivo, reafirmando a Vedra como un escenario privilexiado para a práctica deportiva. Esperámosvos en 2027

20/03/2026

Clasificación oficiais XI Dúatlon Concello de Vedra

Campionato Xunta de Galicia
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2026/03/XI-Duatlon-Concello-de-Vedra-Cto-Xunta-de-Galicia-de-Duatlon-Contrarreloxo-por-Equipos-14032026.pdf

XI Dúatlon concello de Vedra proba Open
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2026/03/DUATLON-VEDRA-OPEN-CRE.pdf

Dúatlon concello de Vedra proba Promoción
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2026/03/DUATLON-VEDRA-PROMOCION.pdf

Creado o album de fotos da Carreira a pé na páxina de facebook do Duatlon de Vedra. Completamos así todos os albumes coa...
16/03/2026

Creado o album de fotos da Carreira a pé na páxina de facebook do Duatlon de Vedra. Completamos así todos os albumes coas instantáneas da competición que nos deixou este XI DUATLON CONCELLO DE VEDRA- CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS.
Grazas a todos os nosos voluntarios 📷.

Concello de Vedra

16/03/2026
E xa tedes tamén na nosa páxina de facebook, o album de fotos de entrada a meta (Gracias polas 📷 a Xabier 💙) e o albúm d...
15/03/2026

E xa tedes tamén na nosa páxina de facebook, o album de fotos de entrada a meta (Gracias polas 📷 a Xabier 💙) e o albúm de fotos do sector ciclismo (Gracias polas 📷a Alex💙) do XI Duatlon Concello de Vedra 2026.
Ide Ver...👀👀👀
Concello de Vedra
Olímpico de Vedra

Dirección

Vedra
15885

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Dúatlon de Vedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Dúatlon de Vedra:

Compartir

Categoría