Festa do Pemento de Arnoia

  • Home
  • Festa do Pemento de Arnoia
Directions Website

Festa do Pemento de Arnoia Pementos de Arnoia. Indicación Xeográfica Protexida. Pimientos de Arnoia. Indicación Geográfica Protegida.

Hoxe, no Día Internacional da Muller Rural, queremos render homenaxe a todas as mulleres de Arnoia, as que manteñen viva...
15/10/2026

Hoxe, no Día Internacional da Muller Rural, queremos render homenaxe a todas as mulleres de Arnoia, as que manteñen vivas as nosas tradicións e as que día a día constrúen o futuro do noso rural.

Grazas por ser a alma e o motor da nosa terra. 💚✨

🥁 A música tradicional volveu encher de vida a XLVII Festa do Pemento de Arnoia co X Festival de Pandereteiras Arnoia Vi...
07/08/2026

🥁 A música tradicional volveu encher de vida a XLVII Festa do Pemento de Arnoia co X Festival de Pandereteiras Arnoia Viva.

Grazas aos grupos Nova Fronteira, Airiños de Arnoia, Cantareiras Os Xuncos e Cantapoliños por poñer ritmo, tradición e emoción a unha tarde na que o público respondeu enchendo cada actuación de aplausos e entusiasmo.

💚 Unha mostra máis de que a nosa música tradicional segue máis viva ca nunca!

🫑 Cando remata a Festa do Pemento, quedan as fotografías, os recordos e os momentos compartidos. Pero detrás de todo iso...
05/08/2026

🫑 Cando remata a Festa do Pemento, quedan as fotografías, os recordos e os momentos compartidos. Pero detrás de todo iso hai persoas.

Persoas que levan meses preparando cada detalle, que regalan o seu tempo, que traballan sen descanso e que poñen toda a súa ilusión para que A Arnoia volva vivir unha fin de semana inesquecible.

A vós, voluntarios e voluntarias, grazas. Grazas por estar sempre cando fai falta, por crer nesta festa e por facer dela moito máis ca un evento: unha tradición que une a todo un pobo.

Nunca haberá palabras suficientes para agradecer todo o que facedes, pero queremos que saibades que cada sorriso, cada aplauso e cada recuncho desta festa tamén leva un pouco de vós.

Esta festa é grande porque detrás dela hai xente inmensa. Grazas de corazón. 💚

📚 Moita expectación na Festa do Pemento XLVII coa sinatura de libros do recoñecido doutor Diego González Rivas. Un encon...
02/08/2026

📚 Moita expectación na Festa do Pemento XLVII coa sinatura de libros do recoñecido doutor Diego González Rivas.

Un encontro único para compartir de preto coa súa traxectoria e levar un exemplar dedicado. 👏🫑

01/08/2026

🫑Clasicos do pemento - Festa do Pemento XLVII 🚗

Onte á noite acendemos os fogóns e abrimos as portas da XLVII Festa do Pemento. 💚Unha xornada de inauguración chea de re...
01/08/2026

Onte á noite acendemos os fogóns e abrimos as portas da XLVII Festa do Pemento. 💚

Unha xornada de inauguración chea de reencontros, bo ambiente, música e, por posto, o verdadeiro protagonista: o noso pemento. 🫑

A festa continua hoxe e mañá. 🎶🎉

Chega a VII Concentración Clásicos do Pemento dentro da emblemática Festa do Pemento de A Arnoia. Unha cita imprescindib...
23/07/2026

Chega a VII Concentración Clásicos do Pemento dentro da emblemática Festa do Pemento de A Arnoia. Unha cita imprescindible para os amantes dos coches clásicos. 🚗

📅 1 de agosto
⏰ 10:30 h
📍 A Arnoia

📲 Inscricións e contacto:
📞 670 042 491
✉️ [email protected]
👍 Facebook: Clásicos do Pemento

Agardámoste! 🚗

🥁 X Festival de Pandeireteiras! 🥁Dentro da programación da XLVII Festa do Pemento, chega unha das citas máis especiais c...
22/07/2026

🥁 X Festival de Pandeireteiras! 🥁

Dentro da programación da XLVII Festa do Pemento, chega unha das citas máis especiais coa nosa música e tradición 🎉. Unha noite chea de ritmo e talento no X Festival de Pandeireteiras "Arnoia Viva".

Contaremos coas actuacións de:
✨ Nova Fronteira
✨ Airiños da Arnoia
✨ Cantareiras os Xuncos
✨ Canta poliños

📅 Sábado 1 de Agosto
🕘 Ás 21:00 h
📍 A Queixeira (A Arnoia)

Do 31 de xullo ao 2 de agosto, non te perdas a XLVII Festa do Pemento de Arnoia 2026. Tres días de música, tradición e o...
22/07/2026

Do 31 de xullo ao 2 de agosto, non te perdas a XLVII Festa do Pemento de Arnoia 2026.

Tres días de música, tradición e o sabor inconfundible dos nosos pementos! 🎉

📣 Conta atrás activada: 122 días… e baixando!O cheiro, a xente, as risas… Xa se vai achegando A Festa do Pemento de Arno...
01/04/2026

📣 Conta atrás activada: 122 días… e baixando!

O cheiro, a xente, as risas… Xa se vai achegando A Festa do Pemento de Arnoia!💚

👉 Se vés este ano, comenta cun🫑
👉 Se non faltas nunca, comenta cun🔥

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Festa do Pemento de Arnoia posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your business to be the top-listed event/venue?

Share