07/05/2026
🎉🎸 X MIÚDO FEST! 🎭✨
Do 12 ao 17 de maio, a Sala Rebullón e o Centro Cultural As Pedriñas énchense de música, teatro e actividades para toda a familia nunha semana moi especial chea de creatividade, diversión e cultura para as máis pequenas e pequenos da casa 💜
Este ano volvemos a colaborar co IES de Mos e co CEIP Pena de Francia e ampliamos un espazo máis na nosa programación actuando na Escola Infantil Coto Torrón 😍
Tomade boa nota, xa que temos unha semana do máis completiña: 📝
🗓️Martes 12 de Maio:
- Sala Rebullón: Actuación exclusiva de High Paw para o IES de Mos ()
🗓️Mércores 13 de Maio:
- Escola Infantil Coto Torrón: Actuación de O Baúl da Tía Tola ()
- C.E.I.P Pena de Francia: Actuación de Brais das Hortas ()
🗓️Xoves 14 de Maio:
- Sala Rebullón: Actuación de Unha señora orquestra exclusiva para o IES de Mos ()
🗓️Venres 15 de Maio:
- 18 h Sala Rebullón: Actuación do grupo de teatro do IES de Mos coa función "Hamlet".
🎟️A función será aberta para todo o mundo.🎟️
🗓️Sábado 16 de Maio:
- 17h Escenario exterior Sala Rebullón: Peter Punk ()
- 18h Escenario exterior Sala Rebullón: Cé Orquestra Pantasma (.orquestrapantasma)
🗓️Domingo 17 de Maio:
- 19h Escenario exterior Sala Rebullón: Uxia Lambona e a banda molona (.d )
☔ En caso de choiva os concertos faranse na Sala Rebullón.
Non perdades a oportunidade de vir desfrutar do X Aniversario do Miúdo Fest e do IX Aniversario da Sala Rebullón!💛
🎟️A entrada a todos os eventos abertos é totalmente gratuíta🎟️