Festa da Mocidade de Taboada

Festa da Mocidade de Taboada Festa da Mocidade de Taboada.
7 agosto 2026.

Rematamos o repaso da Mocidade 2026 con esas persoas que fan posible que esta festa poda facerse! O seu traballo desinte...
11/08/2026

Rematamos o repaso da Mocidade 2026 con esas persoas que fan posible que esta festa poda facerse! O seu traballo desinteresado e o tremendo esforzo que fan permite que a Festa da Mocidade medre ano a ano e manteña o espírito de festa do pobo que a caracteriza! Larga vida á Asociación Madialeva'O e a todos os que, aínda que non estean nela, axúdannos a facer posible a Mocidade.

Patrocinadores: , , e .

Os nosos ben queridiños  botáronnos un enorme cable animando a festa mentras chegaba 9louro! É imposible non poñerse a b...
11/08/2026

Os nosos ben queridiños botáronnos un enorme cable animando a festa mentras chegaba 9louro! É imposible non poñerse a bailar cando pinchan! Tras o concerto seguiron coa sesión e, de novo, volveron facer bailar a todo o mundo!

Patrocinadores: , , e .

Levan dende o 2003 dando caña, e o venres en Taboada non defraudaron:  prendeu lume na Festa da Mocidade, e ademais de v...
10/08/2026

Levan dende o 2003 dando caña, e o venres en Taboada non defraudaron: prendeu lume na Festa da Mocidade, e ademais de verdade! Que lapas máis espectaculares ruxían no escenario cando tocaban os temas máis revolucionarios! Casi tan espectaculares coma esta cuadrilla chea de forza que sempre tenta facernos pensar coas súas letras! Que concertazo, meus!

Patrocinadores: , , e .

Tiñan o traballo máis complicado da noite: ser o primeiro grupo dos concertos da Mocidade de Taboada. Superárono con not...
10/08/2026

Tiñan o traballo máis complicado da noite: ser o primeiro grupo dos concertos da Mocidade de Taboada. Superárono con nota: , ou, o que é o mesmo, Willow GHZ e Pappaquino, metéronse ao público no peto, fixérono bailar, cantar e berrar! Sodes moito, Tapa d'Orella!

Patrocinadores: , , e .

A Mocidade non sería nada se vós, querido público, 😉. As vosas cariñas de emoción son o mellor premio para tod@s  que or...
09/08/2026

A Mocidade non sería nada se vós, querido público, 😉. As vosas cariñas de emoción son o mellor premio para tod@s que organizamos esta festa cada ano! Aquí tedes a Cara B dos concertos, a que sempre agocha sorpresas: as vosas fotos!

Patrocinadores: , , e .

Ninguén se movía da praza o venres, tanto daba ter que agardar ata as 3 de mañá:  é un dos artistas do momento e centos ...
09/08/2026

Ninguén se movía da praza o venres, tanto daba ter que agardar ata as 3 de mañá: é un dos artistas do momento e centos de fans esperaban impacientes o seu concerto! A tolemia desatouse en canto saíron ao escenario as bailarinas e o bailarín que están de xira con Martín Louro, un muradés de pouco máis de 20 anos que, sen dúbida, é un dos artistas do verán en Galicia (como proba que o venres tivera outro bolo antes do de Taboada). Cando apareceu 9Louro, dicir tolemia quedouse curto, 😜. Que recebemento!

Na Mocidade, artista e público fluíron dende o primeiro minuto, entendéronse, gustáronse e desfrutaron xuntos dun concerto divertido ás veces, outras intimista e de cando en vez cheo da electricidade que aportaban o e as bailarinas.

Moitas grazas, 9Louro, por vir á Festa da Mocidade de Taboada!

Patrocinadores: , , e .

Que día o de onte, 🩵. Ano a ano deixádenos máis abraiados co voso apoio á Festa da Mocidade de Taboada, e estámosvos fon...
08/08/2026

Que día o de onte, 🩵. Ano a ano deixádenos máis abraiados co voso apoio á Festa da Mocidade de Taboada, e estámosvos fondamente agradecidos! Pasaron moitísimas cousas onte na nosa vila, pero imos comezar a repasalas polo principio: por esa Ruta de Bares que xa é institucional, 😉!

Moitísimas grazas á charanga Faro Brass por acompañarnos de bar en bar coa súa música e o seu bo rollo! Sodes uns de nós, 😍! Grazas tamén aos bares por aturarnos cun sorriso, 😉: Restaurante URDI, Mencía, Santa Lucía, Devezo, ScalaTaboada, Rincón, Petisco, Rián e Mario!

E grazas a tod@s vós por facer desta ruta, ano a ano, toda unha tradición de Taboada!

Atent@s ás nosas redes, que temos moitas fotos por compartir con vós!

P.S. Se alguén colleu "por erro" as chaves da carretilla que usamos para colocar o "o photocall"... pregámoslle que as devolva, por favor!

Patrocinadores: , , e .

Venres de Mocidade en Taboada! Faite unha foto coa camiseta e etiquétanos con ! Queremos ver que ben vos quedan, 😍!Patro...
07/08/2026

Venres de Mocidade en Taboada! Faite unha foto coa camiseta e etiquétanos con ! Queremos ver que ben vos quedan, 😍!

Patrocinadores: , , e .

DERRADEIRAS CAMISETAS DA MOCIDADE Á VENDA!Dende as 15 horas de hoxe xoves estarán todas no bar Mario (rúa das Insoas 15)...
06/08/2026

DERRADEIRAS CAMISETAS DA MOCIDADE Á VENDA!

Dende as 15 horas de hoxe xoves estarán todas no bar Mario (rúa das Insoas 15). Quedan talles XS, S e M! Bulide, porque son as últimas!

Patrocinadores: , , e .

Dirección

Taboada
27550

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festa da Mocidade de Taboada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festa da Mocidade de Taboada:

Atajos

Compartir

Categoría