Festival dos Eidos

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Festival dos Eidos XI Edición. 29 ~ 30 de Agosto. O festival que reivindica a paixón pola poesía, a música e as rutas arredor do patrimonio literario d’Os Eidos. Libro do Courel🌿

O Festival dos Eidos celébrase todos os agostos dende 2015 con varios días de programación cultural de diferentes expresións artísticas ligadas a Literatura: recitais, concertos, artes escénicas e do corpo, roteiros e visitas guiádas, obradoiros, actividades para nenxs e exposicións nos diferentes espazos, do interior e exterior da casa-museo de Novoneyra e o seu territorio íntimo. Certificado co selo EFFE europeo, o festival é membro da rede europea de festivais literarios en zonas isoladas LITFEST

A edición de 2021 contou co apoio do programa de Europa Creativa. Festival dos Eidos is celebrated each August on Courel Hills since 2015. 3 days of cultural programation of different artistic happenings linked to Literature: Poetry readings, music lives, theatre plays, art exhibitions, guided routes over different spaces of a house and open museum: Living museum and outdoors. Member of , the European network of literary festivals to isolated communities litfest.eu

2021 edition was supported by Creative Europe programme.

11/09/2026

🔜 Non perdades a ruta pola Quiroga literaria de Fole e Novoneyra que celebramos o próximo sábado 19 de setembro.

⛰️ Gozaremos dunha ruta literaria e paisaxística que reunirá referencias do patrimonio arquitectónico de Quiroga como a Igrexia da Ermida e lugares con casas estreitamente relacionadas coa figura de Ánxel Fole como a Casa da Veiguiña dos Quiroga Ballesteros onde o escritor lugués pasou o exilio interior despois da Guerra Civil.

👣👁️ Despois de deixar a Veiguiña, achegarémonos ata a Lamela, a Casa de Ribeira de Abaixo con vistas a Ermida e remataremos no Remansiño en Quiroga, restaurante onde se celebraba a tertulia literaria da zona na que participaron os dous autores

🫆 Durante unha mañá, camiñaremos polos carreiros que transitaron Fole e Novoneyra, ao tempo que tentamos comprender e interpretar a evolución da paisaxe nestas décadas.

🚶🏽‍♂️‍➡️ Guía: Marcos Reinoso Pía Paxaro acompañado por Branca Novoneyra e Nieves Neira Roca

📆 Data: Sábado, 19 de setembro de 2026

📍 Saída: 11 h desde diante da Casa da Veiguiña (Quiroga)

🚗 Tipo de ruta: Lineal, con traslado dos participantes do punto final ao punto de partida

🕰️ Duración aproximada: 2h 30 min

📬 Inscricións abertas a través da ligazón que atoparedes no noso perfil de Instagram (bit.ly/novoneyra) ou escaneandono códiho QR da imaxe.

💚 Quen apoia o Territorio Novoneyra?

Organizamos a ruta co apoio do proxecto Territorio Cultura, programa en colaboración do Ministerio de Cultura coa Xunta de Galicia a través da Agadic - Axencia Galega das Industrias Culturais, e das Axudas para Proxectos de Cooperación Cultural no Medio Rural 2026 do Ministerio de Cultura.

30/08/2026

🎭 O FESTIVAL DOS EIDOS

Unha nova edición do Festival dos Eidos, unha cita cultural profundamente vinculada ao territorio e á creación artística no rural.

Durante a visita contamos coa presenza de Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, nun encontro arredor da programación e do valor cultural deste festival no Courel.

Grazas a todas as persoas que fan posible unha nova edición e seguen mantendo vivo este espazo de cultura e encontro.

🏛️ Concello de Folgoso do Courel
📍 Serra do Courel · Lugo
🌿 Natureza · Patrimonio · Territorio · Vida local
📲 Síguenos para estar ao día

✨ FALTAN SÓ DOUS DÍAS! ✨O 29 e o 30 de agosto agardámosvos no Festival dos Eidos. Todas as actividades son de balde ata ...
27/08/2026

✨ FALTAN SÓ DOUS DÍAS! ✨

O 29 e o 30 de agosto agardámosvos no Festival dos Eidos. Todas as actividades son de balde ata completar a capacidade.

Consultade os horarios e a programación completa en:
🌐 www.eidosfest.com

🌞 O Courel recíbenos cun sol poético para acompañar os recitais, as rutas, as conversas, as lecturas, os concertos e as sesións de DJ que conflúen nesta XI edición do Festival dos Eidos. 🌿🎶📚

📍 Onde?
Na Fundación Uxío Novoneyra, en Parada do Courel, Lugo.

💚 Co apoio de:

Cultura de Galicia Vicepresidencia Depu. Lugo Ministerio de Cultura Concello Folgoso do Courel Cervezas Alhambra Deleite Bodegas Martín Códax Vermú Lodeiros Torre de Núñez

💚 Co apoio de:

Cultura de Galicia Vicepresidencia Depu. Lugo Ministerio de Cultura Concello Folgoso do Courel Cervezas Alhambra Deleite Bodegas Martín Códax Vermú Lodeiros Torre de Núñez

🔥 MOURA NO EIDOS FEST 🔥A forza da tradición e a psicodelia xuntas en Parada do Courel coa actuación de Moura.A banda gal...
24/08/2026

🔥 MOURA NO EIDOS FEST 🔥

A forza da tradición e a psicodelia xuntas en Parada do Courel coa actuación de Moura.

A banda galega propón unha viaxe sonora na que os ritmos e as voces da música popular dialogan co rock progresivo, a experimentación e os ecos dun mundo ancestral. Un directo magnético e poderoso, conectado coa terra e coa memoria colectiva.

🌿 Música para bailar, soñar e deixarse levar no corazón poético do Courel.

📅 Sábado 29 de agosto
🕣 20:30 horas
📍 Horta da Casa-Museo Uxío Novoneyra · Parada do Courel

Dirección

PARADA 1
Seoane
27324

Horario de apertura

Viernes 09:00 - 17:00
Sábado 09:00 - 17:00
Domingo 11:00 - 17:00

Teléfono

+34671445247

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festival dos Eidos publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Festival dos Eidos:

Compartir

Categoría