Festival Atlántica

Festival Atlántica Festival Internacional de Narración Oral do Atlántico
Contando desde 2013

20/03/2026
Hoxe, no Día Mundial da Narración Oral, compartimos con todas vós o manifesto redactado por Camiño Noia.Se o queredes es...
20/03/2026

Hoxe, no Día Mundial da Narración Oral, compartimos con todas vós o manifesto redactado por Camiño Noia.
Se o queredes escoitar, clicade no enlace para desfrutalo na voz de Belén Regueira.
✨ Contade historias! Facede comunidade!
🔗 https://youtu.be/fEJS-v1OPnk?si=zP5sVAl5FMNcjPR8

Hoxe, no Día Mundial da Narración Oral, compartimos con todas vós o manifesto redactado por Camiño Noia.Se o queredes es...
20/03/2026

Hoxe, no Día Mundial da Narración Oral, compartimos con todas vós o manifesto redactado por Camiño Noia.
Se o queredes escoitar, clicade no enlace para desfrutalo na voz de Belén Regueira.
✨ Contade historias! Facede comunidade!
https://youtu.be/fEJS-v1OPnk?si=zP5sVAl5FMNcjPR8
Día mundial da narración oral
Cando escoito contar algún dos contos tradicionais recollidos nas miñas antoloxías sinto unha inmensa emoción. Emocióname ver como vellos relatos da nosa tradición, e doutras tradicións do mundo, collen nova vida na voz e nos movementos corporais das nosas contacontos. Escoitar un conto é máis emocionante que lelo nun libro. Fronte á letra morta, escrita nunha folla, na voz cálida e amorosa das avoas e das nais recibimos a palabra viva da nosa lingua.
Hoxe os contos non chegan só delas, pódense escoitar de mestras, contacontos profesionais e tamén das persoas que manteñen viva a palabra compartida. Algo esencial na educación da infancia. A comunicación oral foi o primeiro paso da humanidade e será sempre a rede que manteña vivas as sociedades. É a auténtica rede que fai comunidade.
Hoxe estamos usando e sendo usadas por outras redes sociais que informan e desinforman, facéndolle a competencia á conversa que une persoas e suscita afectos. A voz presencial é a mellor pantalla na que nenos e nenas escoiten os contos; contos transmitidos para entreter e para achegalos ós misterios da vida que só a poesía pode albiscar. De adultos lembraranos sempre con agarimo.
As máquinas poden ofrecernos miles e miles de audios e vídeos e cada ano con mellor tecnoloxía; pero nunca serán a voz amiga de quen narra, cantaruxa unha cantiga e conta un conto con emoción.
Con contos, música e risas constrúese o colectivo, refórzase a sociedade e o mundo resulta máis solidario. Deixando a transmisión de contos na voz e nos deseños dos trebellos informáticos, a comunicación queda reducida á tremoia de fondo.
Por iso no mundo actual son imprescindibles as persoas profesionais que contan historias, e no «Día mundial da narración oral» debemos recordar a súa importancia. Un día de festa que hai que celebrar enchendo de contos os centros de ensino, os teatros, os auditorios e onde se poida.
Celebrar o «Día da Narración Oral» servirá para revitalizar o que as nosas maiores transmitiron desde hai séculos de xeración en xeración, dar voz ó que non foi contado e recordarnos que todos os pobos do mundo comparten o vínculo universal nos mesmos contos, cos mesmos valores, sentimentos, medos e gozos.
Debemos facer desta celebración mundial o «Día galego da narración oral» e darlle a relevancia que merece.
O Día mundial da narración oral deste ano 2026 quero dedicárllelo ós homes e ás mulleres que contan contos en lingua galega, con inmenso agradecemento por continuar a tradición dos maiores.
E remato, convidándovos a todas e a todos a contar hoxe un conto, a darlle voz a este país que moitos pensan pequeno, mais, que é moi grande en historias
Camiño Noia

Sete Falares Narración Oral Galega

📣✨PROGRAMA* | DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL 2026 ----------🌿 17 DE MARZO09.45 h | Paco Nogueiras. Contos grandes e peque...
18/03/2026

📣✨PROGRAMA* | DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL 2026
----------
🌿 17 DE MARZO
09.45 h | Paco Nogueiras. Contos grandes e pequenos. Salón do Libro de Pontevedra (público escolar)
11.30 h | Paco Nogueiras. Contos grandes e pequenos. Salón do Libro de Pontevedra (público escolar)
12.00 h | Pablísimo. Cabicivai. CEIP Francisco López Estrada, O Barqueiro (alumnado de infantil e primaria)
17.00 h e 18.30 | Ángeles Goás. Carapuchiña e os 5 lobiños. Espazo Ágora. A Coruña
18.00 h | Raquel Queizás Cinema Melodía. Salón do Libro de Pontevedra (familias) ESTREA
🌿 18 DE MARZO
18.00 h | Brais das Hortas e Marta Ortiz. Barquiño de pau. Xardín Agra de Caldas, Carballo
18.00 h | Raquel Queizás A viaxe de Nano. Biblioteca Pública Municipal Santa Cruz, Oleiros
🌿 19 DE MARZO
12.00 h | Atenea García. Corochas. Salón do Libro de Pontevedra (0-3 anos)
17.00 h | Atenea García. Corochas. Salón do Libro de Pontevedra (0-3 anos)
18.00 h | Paco Nogueiras. C@nto contigo. Salón do Libro de Pontevedra (público infantil e familiar)
18.30 h | Atenea García. Corochas. Salón do Libro de Pontevedra (0-3 anos)
20.30 h | Dani Blanco. Enterros, tabernas e contubernios. Centro Social A Alvariça, Allariz (público adulto) ESTREA
🌿 20 DE MARZO 🌟📖 DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL
17.15 h | Sole Felloza. Cabaliño Hop. Salón do Libro de Pontevedra (0-3 anos)
18.00 h | Cris de Caldas. A revolución estrafalaria. Salón do Libro de Pontevedra
18.00 h | Raquel Queizás. Nanovo. Biblioteca de Coristanco
18.00 h | Marta Ortiz. Tralará. Biblioteca de Arzúa
18.30 h | Pavis Pavós. Escola de lectura para familias curiosas. Obradoiro para adultos. Salón do Libro de Pontevedra
18.30 h | Sole Felloza. Cabaliño Hop. Salón do Libro de Pontevedra (0-3 anos)
19.30 h | Dani Blanco. Enterros, tabernas e contubernios. Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas, Vigo
20.30 h | Ángeles Goás. Contos da Torre, do Foco e da Lamagrande. Biblioteca de Caldas de Reis.
21.00 h | Vero Rilo. Lavandeiras. Centro Social Abanqueiro, Boiro (público adulto, +14)
21.00 h | María da Pontragha. Donas do lugar. Centro Social A Pedreira, Pontevedra
🌿 21 DE MARZO
17.00 h | Paula Carballeira. Camiños de mar, terra e vento. Casa-Museo Manuel María, Lugo
18.00 h | Raquel Queizás. A viaxe de Nano. Biblioteca Pública Municipal de Nigrán
18.00 h | Ángeles Goás. Gala Brión por Palestina. Salón de Actos-Centro Social Polivalente de Brión
19.00 h | Vero Rilo. Bailen as vellas. Os contos das cereixas. Casa da Cultura, San Sadurniño (público adulto, +14)
🌿22 DE MARZO
18.00 h | Atenea García. Estrafalaria. Festival Singular, Narón
🌿23 DE MARZO
12.00 h | Dani Blanco. Contos de revolución: de Neira Vilas a Brassens. IES Meaño
🌿24 DE MARZO
10.00 h | Sole Felloza. Era unha vez. Ceip Plurilingüe do Xurés (Lobios)
12.30 h | Vero Rilo. Elas. Museo Interactivo da Historia de Lugo (público familiar, +3)
17.00 h | Pablo Díaz. Cantacontos para bebés. Centro Ágora, A Coruña
18.30 h | Pablo Díaz. Cantacontos para bebés. Centro Ágora, A Coruña
19.00 h | Encontro Comunitario de Oralidade na Biblioteca de Barro. Un espazo para escoitar e narrar historias. 👉 Inscrición: no 690 722 812
🌿25 DE MARZO
8.30 h | Sole Felloza. Era unha vez. IES Carral (Carral)
🌿26 DE MARZO
10.00 h | Sole Felloza. Era unha vez. Ceip Manuel Respino (A Rúa de Valdeorras)
17.30 h | Pablo Díaz. Contos con tradición. Biblioteca de Lorbé, Oleiros
🌿27 DE MARZO
8.30 h | Sole Felloza. Era unha vez. IES Carral (Carral)
18.30 h | Pavis Pavós. A hora do conto. Biblioteca Pública Municipal Luís Seoane, Soutomaior
*Programa suxeito a modificacións
Cartel 2026 RachelBoo

O 20 de marzo celebraremos, xunto con  Sete Falares e NOGA Narración Oral Galega, unha nova edición do Día Mundial da Na...
17/03/2026

O 20 de marzo celebraremos, xunto con Sete Falares e NOGA Narración Oral Galega, unha nova edición do Día Mundial da Narración Oral. Nesta xornada dedicada á palabra contada e á tradición oral, queremos presentarvos á autora do pregón desta edición: Camiño Noia. ✨📚
É para nós unha honra que a súa voz inaugure esta celebración da narración oral.
✨ CAMIÑO NOIA
Aínda que nada en Compostela, Camiño Noia é profesora emérita da Universidade de Vigo. Desde que exerceu como pioneira en prol da normalización académica da lingua galega, o seu eixe de traballo xira arredor dela. A súa área de investigación abrangue tanto a sociolingüística e a crítica literaria como o estudo da lingua como ferramenta de creación.
Co paso dos anos interesouse tamén pola análise, recolleita e clasificación da narrativa oral galega, un campo no que realizou unha achega fundamental.
Libros como Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral ou Contos galegos de tradición oral amosan o seu profundo compromiso co estudo do folclore. Nas súas escolmas relaciona os contos galegos cos recollidos noutros pobos europeos e presenta as súas distintas variantes, situando así a tradición oral galega no contexto internacional.
Grazas á súa curiosidade e á súa capacidade reflexiva, a oralidade galega atopa acubillo e memoria, servindo de base para as xeracións vindeiras e permitindo que os relatos continúen viaxando de boca en boca, buscando sempre novas formas de ser contados. 🌿📖

No Festival Atlántica cremos firmemente na forza das redes. Levamos anos tecendo alianzas con festivais do país e de fór...
20/02/2026

No Festival Atlántica cremos firmemente na forza das redes. Levamos anos tecendo alianzas con festivais do país e de fóra, porque sabemos que a cultura medra cando se comparte.
Por iso foi unha alegría enorme recibir a proposta do Festival Rosalía para colaborar na edición 2026.
Este sábado, ás 18:00 h, a nosa directora e a narradora , xunto ás poetas e Prabhu, trazarán unha deriva poético-narrativa entre a obra de Rosalía e a propia, na procura da poesía nos contos.
Un encontro vivo, híbrido e dialogado.
Sempre desde unha ollada feminista e libre.
Porque así somos.
Consultade o programa completo, porque vén cheo de marabillas.

No Festival Atlántica cremos firmemente na forza das redes. Levamos anos tecendo alianzas con festivais do país e de fór...
20/02/2026

No Festival Atlántica cremos firmemente na forza das redes. Levamos anos tecendo alianzas con festivais do país e de fóra, porque sabemos que a cultura medra cando se comparte.
Por iso foi unha alegría enorme recibir a proposta do Festival Rosalía para colaborar na edición 2026.
Este sábado, ás 18:00 h, a nosa directora Sole Felloza e a narradora Carmen Conde, xunto ás poetas Dores Tembrás e Yamini Prabhu, trazarán unha deriva poético-narrativa entre a obra de Rosalía e a propia, na procura da poesía nos contos.
Un encontro vivo, híbrido e dialogado.
Sempre desde unha ollada feminista e libre.
Porque así somos.
Consultade o programa completo, porque vén cheo de marabillas.
Cultura da Deputación da Coruña Narración Oral Galega

📅 Hoxe, 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Afonso Daniel Castelao, compartimos con vós a publicación do colectiv...
30/01/2026

📅 Hoxe, 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Afonso Daniel Castelao, compartimos con vós a publicación do colectivo de narradoras e narradores orais de Galicia.
Gozade da voz de Avelino González. un dos contadores habitual no Festival Atlantica.
👇🔗 Escoita aquí
https://culturagalega.gal/espe.../contoscastelao/avelino.htm

📅 Hoxe, 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Afonso Daniel Castelao, celebramos o seu día.
Desde NOGA queremos compartir convosco unha escolma de contos na voz de AAvelino González. gravados polo Consello da Cultura Galega no ano 2000 e publicados en CCultura Galega Unha oportunidade fermosa para g***r da palabra contada e da memoria viva de Castelao.
🎨 Acompañan as historias o cartel deseñado por Clara Cerviño para o Día da Ilustración, que se celebra cada ano nesta mesma data para poñer en valor o traballo das e dos profesionais da ilustración galega e render homenaxe a unha figura destacada do país.
✨ Na edición de 2026, o Día da Ilustración está dedicado a Siro, continuando a iniciativa iniciada o pasado ano de recoñecer e homenaxear autores en vida.
📖 Gozade das historias, da ilustración e da cultura galega.


👇🔗 Escoita aquí
https://culturagalega.gal/especiais/contoscastelao/avelino.htm

O ano achégase ao seu remate e, mentres o calendario se prepara para abrir unha nova páxina, seguimos a confiar no poder...
31/12/2025

O ano achégase ao seu remate e, mentres o calendario se prepara para abrir unha nova páxina, seguimos a confiar no poder das boas historias. Esas que permanecen, que nos acompañan no tránsito do tempo e que constrúen sentido compartido.

Ás portas do 2026, o Festival Atlántica reafirma o seu compromiso coa palabra contada, coa memoria viva e co encontro como espazo de cultura e comunidade. Porque contar é tamén un xeito de coidar, de transmitir e de celebrar o que somos.

En xullo volveremos atoparnos.

Xunto ao noso patrimonio, nos lugares onde a narración oral se converte en experiencia colectiva. Alí, unha vez máis, as historias servirán de ponte entre o que fomos e o que estamos a ser.

Desexámosvos un novo ano cheo de palabras que abran camiños, de escoita atenta e de encontros que deixen pegada.

Bo remate de ano! Bo 2026!

O ano achégase ao seu remate e, mentres o calendario se prepara para abrir unha nova páxina, seguimos a confiar no poder...
29/12/2025

O ano achégase ao seu remate e, mentres o calendario se prepara para abrir unha nova páxina, seguimos a confiar no poder das boas historias. Esas que permanecen, que nos acompañan no tránsito do tempo e que constrúen sentido compartido.
Ás portas do 2026, o Festival Atlántica reafirma o seu compromiso coa palabra contada, coa memoria viva e co encontro como espazo de cultura e comunidade. Porque contar é tamén un xeito de coidar, de transmitir e de celebrar o que somos.
En xullo volveremos atoparnos.
Xunto ao noso patrimonio, nos lugares onde a narración oral se converte en experiencia colectiva. Alí, unha vez máis, as historias servirán de ponte entre o que fomos e o que estamos a ser.
Desexámosvos un novo ano cheo de palabras que abran camiños,
de escoita atenta e de encontros que deixen pegada.
Bo remate de ano! Bo 2026!
Cultura da Deputación da Coruña Cultura de Galicia

Orgullo e emoción en Atlántica 2025 💙“Como dicía Castelao”, no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres,foi unha homenaxe c...
28/12/2025

Orgullo e emoción en Atlántica 2025 💙

“Como dicía Castelao”, no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres,
foi unha homenaxe colectiva á palabra e ao pensamento
do protagonista absoluto do Ano Castelao.

Hoxe pechamos este camiño coa fermosa
🎶

Non será a derradeira vez, abofé que non.
Castelao segue connosco.

Grazas á polo apoio e o bo facer, a xornada de hoxe foi fermosísima✨

Dirección

Santiago De Compostela
15701

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festival Atlántica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festival Atlántica:

Compartir

Categoría