MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel Únete a nós e transforma o teu día! ✨ +20.000m2 cheos de deporte para ti ✨ Recinto multiusos para eventos e espectáculos 🎵 Sede do Obra 🏀
(557)

🕯️👻 Cando o reloxo marque as 10:00h este venres… a piscina de Sar deixará de ser un lugar tranquilo…🎃Os nosos monitores ...
28/10/2026

🕯️👻 Cando o reloxo marque as 10:00h este venres… a piscina de Sar deixará de ser un lugar tranquilo…🎃

Os nosos monitores Nicho & Nacho teñen preparado un Aqua Fitness Especial Halloween que che fará suar ata debaixo da auga. Serás capaz de aguantar o ritmo máis monstruoso do ano? 👻💥
🗓️ Venres ás 10:00 h
📍 Piscina Fontes do Sar
Ven desfrutalo!

26/10/2026

Xa arrancamos a nosa gran aventura! ✨

Este pasado sábado celebramos a primeira etapa do Camiño de Santiago con MultiSan da man do instrutor Santi Canicoba, e non podemos estar máis felices coa gran acollida e coa experiencia.

Deixamos atrás os primeiros quilómetros dende Sarria, desfrutando da paisaxe, da boa compañía e do espírito peregrino que nos une. Se participaches, seguro que recoñeces algunhas caras neste carrusel de fotos e vídeos! 👇✨

E isto é só o comezo... Lembra que aínda quedan etapas por diante para seguir sumando pasos e momentos inesquecibles!

21/10/2026

✨ O mellor ritmo é o que nos une.

Con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama, deixámonos a pel e o corazón nesta sesión especial de Zumba coa instrutora .

Unha xornada chea de enerxía, pero sobre todo apoio e moito agarimo.

👉 Aínda estás a tempo de colaborar adquirindo material da aecc ao longo desta semana na recepción dos centros.

✨ Totebags exclusivas tinguidas a man contra o cancro de mama ✨Despois do éxito absoluto das camisetas do ano pasado, a ...
15/10/2026

✨ Totebags exclusivas tinguidas a man contra o cancro de mama ✨

Despois do éxito absoluto das camisetas do ano pasado, a nosa compañeira María volveu exprimir a súa creatividade para crear estas tote bags solidarias únicas e tinguidas a man das que estamos totalmente in love 🫶

✨Xa podes conseguir a túa nas recepcións de MultiSan (no Multiusos e en Santa Isabel) 🚨 Son unidades limitadas e exclusivas, non quedes sen a túa!

👉Colabora: Podes facer o teu donativo nas huchas da AECC habilitadas en recepción.
👉E a próxima semana: Vístete de rosa no gym, súmate ás clases especiais e axúdanos a darlle visibilidade a esta causa.

Móvete connosco contra o cancro de mama! 💪🎀

No festivo tamén se adestra! 🔥O 12 de outubro abrimos de 09:00 a 14:00 hrs para que non perdas o teu ritmo.   📍 No Multi...
09/10/2026

No festivo tamén se adestra! 🔥

O 12 de outubro abrimos de 09:00 a 14:00 hrs para que non perdas o teu ritmo.

📍 No Multiusos do Sar, C.D. Santa Isabel, Piscina do Sar e nas pistas de pádel e tenis.
👉 Non hai clases dirixidas nin cursos.

Aproveita a mañá para dalo todo e goza do resto do día! Quen se apunta? 👋👇

A quen vas elixir para dalo todo no próximo MultiSan Day? 💥Achégase unha nova cita con Pumi para poñer a proba a túa for...
07/10/2026

A quen vas elixir para dalo todo no próximo MultiSan Day? 💥

Achégase unha nova cita con Pumi para poñer a proba a túa forza, resistencia e sincronización!

📝 Os datos que necesitas:
🗓️ Cando: Sábado, 17 de outubro
📍 Onde: Zona funcional do Multiusos
⏰ Horarios:
• 10:30 h · Funcional en parellas
• 11:30 h · Crosscircuit en parellas

🎟️ Inscricións: Abertas MAÑÁ XOVES ás 12:00 h na web multiusos.net (ligazón na bio).

Quen vai ser o teu Player 2 neste reto? 👇😊

O Camiño de Santiago con MultiSan! 💙Con motivo do noso 25.º Aniversario e a proximidade do Ano Xacobeo, organizamos unha...
06/10/2026

O Camiño de Santiago con MultiSan! 💙

Con motivo do noso 25.º Aniversario e a proximidade do Ano Xacobeo, organizamos unha experiencia moi especial: o Camiño de Santiago en grupo desde Sarria.

Sete etapas (un sábado ao mes de outubro a xuño) para compartir andaina e experiencia xuntos/as. 🙌

Arrancamos o sábado 24 de outubro de 2026 desde o Multiusos Fontes do Sar.

Nós encargámonos de todo o necesario:
• Bus de ida e volta
• Guía acompañante
• Credencial do peregrino
• Seguro de accidentes

Prezo por etapa: 15 € abonados / 25 € non abonados.

Inscricións dispoñibles a partir deste xoves ás 12:00 h na web multiusos.net (sección 25 Aniversario) e nos QR do centro.

Fai a túa reserva e vive o Camiño connosco. Contamos contigo!

05/10/2026

🏋️‍♂️ PRETO DE 300 m² PARA SUPERAR OS TEUS LÍMITES! 💥

Dámoslle un xiro completo á Sala 5 do Multiusos Fontes do Sar! Renovamos o material e optimizamos o espazo para crear un lugar multidisciplinar onde adestrar con máis comodidade e intensidade.

✨ Que vas atopar na nova Sala 5?
* Pavimento deportivo e novo material de adestramento
* Espazo integrado para adestramento funcional
* Clases dirixidas de Crosscircuit
* Área equipada para Kick Boxing e Boxeo

Vén descubrir todas as novas funcionalidades e dálle un impulso á túa rutina 💪

📍 Multiusos Fontes do Sar | Sala 5

🚀 Comezamos nova semana e volven as Tardes Multixogo!Queres vir adestrar, ir a unha clase dirixida, tomar un café con tr...
05/10/2026

🚀 Comezamos nova semana e volven as Tardes Multixogo!

Queres vir adestrar, ir a unha clase dirixida, tomar un café con tranquilidade ou g***r dun tratamento en Multiestetic? Nós coidamos da túa filla ou do teu fillo mentres ti te dedicas ese tempo para ti! 🏋️‍♂️☕💆‍♀️

O servizo conta con monitoras e espazos pensados para a cativada:
🎈 Zona de xogos: Inchables, parque e actividade física.📚 Zona de contos, obradoiros e zona libre de estudo.

ℹ️ Información clave:
🗓️ Cando: De luns a xoves de 17:30 h a 20:00 h
📍 Onde: Hall do Multiusos Fontes do Sar
👶 Idades: De 4 a 14 anos
🎟️ Prezo: GRATUÍTO para todos os tipos de abono! (Non abonadxs: 4 €).

Aproveita o teu tempo mentres a cativada o pasa en grande! 🙌✨

🏆 PÁDEL EN FAMILIA EN SANTIAGO! Tes ganas de xogar, competir e pasalo ben cos teus? Chega a Liga de Pádel en Familia en ...
02/10/2026

🏆 PÁDEL EN FAMILIA EN SANTIAGO!

Tes ganas de xogar, competir e pasalo ben cos teus? Chega a Liga de Pádel en Familia en MultiSan (de outubro a decembro de 2026).

O MÁIS IMPORTANTE:
🗓️ Inicio da liga: 15 de outubro
📝 Inscricións: Do 1 ao 11 de outubro
🔥 Playoff: Do 7 ao 18 de decembro- Finais: 19 de decembro
👉PREZOS:
• Alumnos/as de cursos de pádel/tenis: 6 € (+ 1,10 € pista/pax.)
• Abonados/as: 12 € (+ 1,10 € pista/pax.)
• Non abonados/as: 20 € (+ 5,60 € pista/pax.)
👉 COMO ANOTARSE?
Apunta a túa parella escaneando o QR da imaxe. Quen se apunta? 👇💬

Dirección

MULTIUSOS: R\u00FAa Diego Bernal S/N./SANTA ISABEL: R\u00FAa Tras Santa Isabel S/N
Santiago De Compostela
15702

Horario de apertura

Lunes 07:00 - 23:00
Martes 07:00 - 23:00
Miércoles 07:00 - 23:00
Jueves 07:00 - 23:00
Viernes 07:00 - 23:00
Sábado 09:00 - 20:00
Domingo 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981568160

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel:

Atajos

Compartir

Eventos/locales cercanos


Otros Sala de eventos y espectáculos en Santiago de Compostela

Ver Todo