ACentral Folque

Cómo llegar Página web

ACentral Folque Centro Galego de Música Popular, organización arredor das músicas tradicionais e do patrimonio or

Centro Galego de Música Popular, organización arredor das músicas tradicionais e do patrimonio oral e inmaterial sonoro cunha perspectiva contemporánea

💛 Fran Pérez, Narf. Canto sentido, na A Arca da Noe ! Não podemos pensar em melhor sitio para apresentar um livro como e...
24/10/2026

💛 Fran Pérez, Narf. Canto sentido, na A Arca da Noe !

Não podemos pensar em melhor sitio para apresentar um livro como este, Fran foi junto a Uxía um dos padrinhos da Arca há 12 anos já, um lugar onde tocou e onde é lembrado cada dia. A voz mágica e singular de Fran soa e resoa na Arca da Noe.

O domingo 25 às 16:00 apresentaremos o “Fran Pérez, Narf. Canto sentido” na durante o seu Mercado de artesania e produto local. Será um momento fermoso para celebrar a memória, a música e o legado de Narf e para falar deste livro coral comtaremos com Xelís de Toro, coordenador do mesmo e com Ramon Pinheiro, editor de aCentral Folque.

Co apoio de Cultura da Deputación da Coruña

📸 A Arca da Noe

🎶 Laudatio Funebris no XVI Memorial Filgueira Valverde o venres 23 de outubroEste venres 23 de outubro, o Museo de Ponte...
22/10/2026

🎶 Laudatio Funebris no XVI Memorial Filgueira Valverde o venres 23 de outubro

Este venres 23 de outubro, o Museo de Pontevedra acolle o XVI Memorial Filgueira Valverde, unha cita na que a literatura medieval e a música antiga se dan a man arredor dunha figura fundamental para o estudo e a recuperación do patrimonio cultural galego.

"Laudatio Funebris" libro editado por aCentral Folque achéganos á tradición medieval dos poemas musicados en memoria dunha persoa falecida, explorando os vínculos entre poesía e música e contribuíndo á difusión deste patrimonio literario e musical.

🕢 19:25 h | Palestra de Andrés Díaz sobre Laudatio Funebris
Unha aproximación a esta tradición literaria medieval de poemas musicados para conmemorar a morte dunha persoa no marco dun memorial dedicado á figura e ao legado de Filgueira Valverde grande estudoso da lírica medieval.

🎻 19:45 h | Concerto de peche do Grupo de Música Antiga 1500 (Con Belén Bermejo, Andres Diaz e David Bellas. Músico Galego)
Un programa especial que combina pezas vinculadas á Laudatio e á lírica medieval, ámbitos estudados por Filgueira Valverde, coa música tradicional recollida nos cancioneiros. Unha proposta que pon en diálogo a investigación, a literatura e a música, lembrando tamén a súa vinculación con importantes proxectos de recuperación e edición do patrimonio musical galego como a edición do Cancioneiro de Casto Sampedro ou a súa implicación nos de Torner e Bal y Gay e mesmo no de Schubarth-Santamarina.

💛 Fran Pérez, Narf. Canto sentido, mañá no FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) !Non se nos ocorre un foro mel...
21/10/2026

💛 Fran Pérez, Narf. Canto sentido, mañá no FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) !

Non se nos ocorre un foro mellor para repasar a unión libre e profunda de Fran co teatro comunitario (na Queima e Rebentamento do Judas e non só), o seu empeño en compoñer músicas para o teatro, a súa imbricación coa Sala NASA e mesmo o seu traballo actoral!

🎭 Mañá, ás 20:00 h, no FIOT Carballo, entreabriremos este retrato coral e a caixa das memorias canda Quico Cadaval e Xelís de Toro, creadores de excepción e autores desta publicación colectiva.

💛 Vinde celebrar connosco a memoria viva de NARF.

Non faltedes!

Co apoio de Cultura da Deputación da Coruña

🎭📚 Presentación de A música dos desprazados no FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro)O vindeiro 22 de outubro, á...
20/10/2026

🎭📚 Presentación de A música dos desprazados no FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro)
O vindeiro 22 de outubro, ás 19:00 h, temos unha cita no FIOT Carballo para descubrir "A música dos desprazados" de Javier Gándara Feijóo acompañado de Ramon Pinheiro editor do libro; unha obra que propón unha nova mirada sobre a historia cultural galega a través do teatro musical e das artes escénicas dos séculos XVIII e XIX.
Como se foi construíndo a identidade galega a través da música e do teatro? Que relación existiu entre a mobilidade, a emigración e as experiencias da xente da farándula? E que nos contan aqueles espectáculos sobre a Galicia da época?
Un percorrido entre a historia e a ficción que nos achega a unha Galicia dinámica, plural e conectada con outros territorios, e que recupera, ademais, unha obra teatral inédita do século XVIII: a Representación a San Roque, un documento de extraordinario valor para a historia cultural e lingüística do noso país.
📅 22 de outubro
🕖 19:00 h
📍 Pazo da Cultura - Carballo
Agardámosvos para compartir esta viaxe pola música, o teatro e as historias que contribuíron a construír a nosa identidade.
Co apoio de Cultura da Deputación da Coruña

💛 Narf, un legado que nunca cesa.Continuamos a viaxe para presentar “Fran Pérez, Narf. Canto sentido”. Este domingo 18 d...
17/10/2026

💛 Narf, un legado que nunca cesa.

Continuamos a viaxe para presentar “Fran Pérez, Narf. Canto sentido”. Este domingo 18 de outubro ás 18:30 h encontrarémonos na Pousada Da Galiza Imaxinaria en Boiro, un lugar especial para Fran e no que se coida o seu recordo, tanto no nome como na estatua que o lembra, para falar da memoria e o legado dun dos músicos máis singulares da música galega.

Participarán no encontro Xelís de Toro, coordinador do volume, e Marcos Teira, que tocará algunhas cancións nun encontro para celebrar a Fran.

📅 Domingo, 18 de outubro
🕡 18:30 h
📍 A Pousada da Galiza Imaxinaria · Boiro

Co apoio da Cultura da Deputación da Coruña

🎶 Narf segue a soar na nosa memoria.Hai músicas que permanecen, voces que nos acompañan e legados que medran co paso do ...
15/10/2026

🎶 Narf segue a soar na nosa memoria.

Hai músicas que permanecen, voces que nos acompañan e legados que medran co paso do tempo.

"Fran Pérez, Narf. Canto sentido" é o resultado de dous anos de traballo e da colaboración de ducias de autoras e colaboradoras de diferentes partes do mundo. Un libro-CD editado por aCentral Folque que nos achega á vida e á obra dun artista irrepetíbel.

Este venres abrimos outro espazo para compartir retallos das súas historias. Acompañarannos Xelís de Toro, coordinador, amigo e compañeiro de aventuras musicais, e Antonio Pérez, o seu irmán e cómplice dos primeiros proxectos como Nicho Varullo.

💛 Un encontro, no centro mesmo da Coruña, para celebrar a obra e o facer de Fran Pérez, Narf.

Lembra inscribirte na web da AC Alexandre Bóveda.

📍 AC Alexandre Boveda · A Coruña Rúa Santo André, 36, 1.º
📅 Venres 16
🕖 Ás 20:00 h

Co apoio da Cultura da Deputación da Coruña

💛 Unha nova oportunidade de celebrar a memoria viva dun músico irrepetíbel.“Fran Pérez, Narf. Canto sentido”: dous anos ...
13/10/2026

💛 Unha nova oportunidade de celebrar a memoria viva dun músico irrepetíbel.

“Fran Pérez, Narf. Canto sentido”: dous anos de traballo, ducias de autoras e colaboradores de distintas partes do mundo para dar forma a este retrato coral.

Xoves 15 ás 20 h no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns no Concello de Ames, no que Fran viviu no seu momento, un novo lanzamento deste libro-disco. Será nun encontro dentro do Ames Cultural co coordinador da obra, Xelis de Toro e Uxía.

Co apoio da Cultura da Deputación da Coruña

💛 Chegou o día.“Fran Pérez, Narf. Canto sentido”: dous anos de traballo, ducias de autoras e colaboradores de distintas ...
09/10/2026

💛 Chegou o día.

“Fran Pérez, Narf. Canto sentido”: dous anos de traballo, ducias de autoras e colaboradores de distintas partes do mundo para dar forma a este retrato coral.

Sábado 10 ás 18 h na praza da Quintana facemos o lanzamento oficial deste libro-disco. Será nun encontro dentro da SELIC co coordinador da obra, Xelis de Toro, e dous dos seus autores, Carlos Santiago e María Pérez. Ao rematar, estes e outros autores e autoras asinarán exemplares no posto de aCentral Folque.

“Fran Pérez, Narf. Canto sentido”. Vide celebrar a memoria viva dun músico irrepetíbel.

Chegamos ao ecuador desta edición da SELIC na praza da Quintana en Compostela  💛📚Un dos momentos máis emocionantes foi p...
07/10/2026

Chegamos ao ecuador desta edición da SELIC na praza da Quintana en Compostela 💛📚

Un dos momentos máis emocionantes foi presentar a nosa novidade "Fran Pérez Narf. Canto Sentido" a Cheny Wa Gune e María Pérez, que contribuiron con textos magníficos esta obra total e colectiva.

📍 Visítanos no noso stand na praza da Quintana e sé das primeiras en levarte un exemplar.

A SELIC continúa ata o domingo. Agardámosvos!

📸 Fotografías oficiais da : La DIAPO fotografía

🎭📚 De Compostela a Vigo, tras os pasos do teatro musical.Presentamos na ESAD de Galicia · Páxina oficial A música dos de...
06/10/2026

🎭📚 De Compostela a Vigo, tras os pasos do teatro musical.
Presentamos na ESAD de Galicia · Páxina oficial A música dos desprazados. Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII, de Javier Gándara Feijóo.

Onte, no marco da SELIC, gozamos dun revelador paseo literario con Gándara por Compostela, percorrendo lugares teatrais e musicais de hai uns 250 anos. Unha maneira inédita, curiosa e historicamente informada de ollar a zona vella. Foi tamén unha nova oportunidade para reivindicar as artes vivas: inmateriais, efémeras e tantas veces silenciadas ou esquecidas.

Agora poñemos rumbo a Vigo, onde mañá presentaremos o libro de Javier, no marco da Lección Inaugural do curso 2026-27 da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG).

Estamos moi agradecidos ás persoas responsables da ESADG por contar co noso libro para este evento e moi contentos de coincidir coa nosa admirada Paula Carballeira Cabana, que recibirá un recoñecemento pola súa traxectoria. Celebramos moitísimo este recoñecemento: será un luxo poder compartir con ela unha xornada que pon no centro o teatro musical, a reivindicación do noso patrimonio histórico e a creación independente contemporánea. ❤️

Dirección

Rúa Salgueiriños De Abaixo 11 (só Enderezo Postal)
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ACentral Folque publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir