CIM Compostela

CIM Compostela Área de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela

As veces, o primeiro que necesitamos é que alguén nos escoite.No CIM Compostela queremos ofrecerche un espazo onde poida...
14/09/2026

As veces, o primeiro que necesitamos é que alguén nos escoite.
No CIM Compostela queremos ofrecerche un espazo onde poidas falar con tranquilidade, facer preguntas e expresar aquilo que che preocupa, sen xuízos e con total confidencialidade.
Non necesitas ter claro que necesitas nin saber por onde empezar. Podes vir tal e como estás.
Estamos aquí para acompañarte, orientarte e axudarche a atopar o camiño que mellor se adapte a ti. 🤝
Porque pedir axuda tamén é coidarte. 💜
Santiago de Compostela
660 309 731
[email protected]
cimcompostela.santiagodecompostela.gal

Non tes que saber por onde empezar.No CIM Compostela estamos para acompañarte, sexa cal sexa a túa situación ou a túa pr...
11/09/2026

Non tes que saber por onde empezar.
No CIM Compostela estamos para acompañarte, sexa cal sexa a túa situación ou a túa pregunta.
Asesoramento xurídico para informarte sobre os teus dereitos e resolver dúbidas legais.
Atención psicolóxica para contar cun espazo de escoita e acompañamento profesional.
Orientación social para coñecer recursos, servizos e axudas que poden serche útiles.
Os servizos do CIM son gratuítos e confidenciais.
Se necesitas información, orientación ou simplemente queres saber que opcións tes, estamos aquí para acompañarte.
Santiago de Compostela
  660 309 731
 [email protected]
 cimcompostela.santiagodecompostela.gal

Setembro chega á Casa Xohana Torres con novas propostas para crear, aprender, compartir e reflexionar arredor da igualda...
09/09/2026

Setembro chega á Casa Xohana Torres con novas propostas para crear, aprender, compartir e reflexionar arredor da igualdade.
Este mes atoparás actividades para diferentes intereses, desde espazos de reflexión e debate ata obradoiros creativos e propostas para traballar pola diversidade e a igualdade.
10, 15, 16, 22 e 24 de setembro
Consulta na imaxe toda a programación e escolle a actividade que máis che interese.
Todas as actividades son gratuítas.
Inscricións e máis información en Casa Xohana Torres ou en:
Casa Xohana Torres
 Rúa Bernardo Barreiro, s/n · Santiago de Compostela

Estreamos nova web!Renovamos o deseño e a forma de organizar a información para que acceder a ela sexa máis sinxelo, cla...
07/09/2026

Estreamos nova web!
Renovamos o deseño e a forma de organizar a información para que acceder a ela sexa máis sinxelo, claro e intuitivo.
Agora podes atopar máis facilmente o que precisas, tanto se buscas axuda coma se queres informarte sobre os nosos servizos, recursos, actividades ou iniciativas.
Porque cando precisas información, o importante é que poidas atopala de xeito doado, claro e accesible.
Entra na nosa nova web e descúbrea:
cimcompostela.santiagodecompostela.gal
Estamos aquí para acompañarte.

🧵Hoxe celebramos na Casa Xohana Torres a inauguración da exposición que reúne os traballos realizados polas participante...
08/07/2026

🧵Hoxe celebramos na Casa Xohana Torres a inauguración da exposición que reúne os traballos realizados polas participantes das dúas edicións do Club de Bordado, coordinado por María Arufe (.estudio).

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, que acompañou ás participantes neste momento tan especial. Durante a inauguración, as propias participantes compartiron como viviron o proceso creativo, explicando as historias e reflexións que inspiraron as súas pezas. Así puidemos ver que detrás de cada fotografía bordada hai tamén memoria e unha mirada persoal.

💜Grazas a todas as persoas que nos acompañastes e, especialmente, ás participantes por facer deste proxecto un espazo de creación colectiva e encontro.

SantiagoDeCompostela

🏳️‍🌈A Gala do Orgullo pon o ramo, na praza de Mazarelos, ao programa de actividades organizadas desde o departamento de ...
28/06/2026

🏳️‍🌈A Gala do Orgullo pon o ramo, na praza de Mazarelos, ao programa de actividades organizadas desde o departamento de Igualdade baixo o lema “Contra o odio: rede, cultura e orgullo” para promover a reflexión sobre o dereito a sentir e amar libremente e celebrar a diversidade.

🌈 Contra o odio: rede, cultura e orgulloO Concello de Santiago de Compostela realizou hoxe a lectura do manifesto instit...
26/06/2026

🌈 Contra o odio: rede, cultura e orgullo

O Concello de Santiago de Compostela realizou hoxe a lectura do manifesto institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

A programación prevista para este mes inclúe:
🎭 Teatro
👟 Roteiro histórico
👥 Faladoiro
🎤 Exposición participativa
📢 Lectura de manifesto
🏳️‍🌈 Gala do Orgullo: sábado 27 en Mazarelos.

Compostela segue dando pasos cara unha sociedade libre e diversa!

🌈A alcaldesa de Santiago presenta a campaña ‘Contra o odio: rede, cultura e orgullo’ para avanzar fronte á LGTBIfobia🎶  ...
12/06/2026

🌈A alcaldesa de Santiago presenta a campaña ‘Contra o odio: rede, cultura e orgullo’ para avanzar fronte á LGTBIfobia

🎶 fai un chamamento a que todo o mundo participe nas actividades programadas para g***r do mes do orgullo en Compostela, que inclúen teatro, roteiro histórico, faladoiro, exposición participativa, lectura de manifesto e a Gala do Orgullo que se celebrará o sábado 27 en Mazarelos

👉A alcaldesa aposta por seguir dando pasos cara unha sociedade realmente libre e diversa

Participa nas actividades programadas para g***r do mes do orgullo en Compostela:🎭 Teatro👟 Roteiro histórico👥 Faladoiro🎤...
12/06/2026

Participa nas actividades programadas para g***r do mes do orgullo en Compostela:

🎭 Teatro
👟 Roteiro histórico
👥 Faladoiro
🎤 Exposición participativa
📢 Lectura de manifesto
🏳️‍🌈 Gala do Orgullo: sábado 27 en Mazarelos.

Compostela segue dando pasos cara unha sociedade libre e diversa!

07/05/2026

💜🎨 Un mural para lembrar a 𝗕𝗲𝗴𝗼𝗻̃𝗮 𝗖𝗮𝗮𝗺𝗮𝗻̃𝗼 e reivindicar o noso dereito a sermos escoitadas 📻🗣️

🖌️🤝 Parte do alumnado do IES Antonio Fraguas colaborou na actividade 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗶𝗻𝘁𝗮𝗻 𝗼 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼, enmarcada no programa 𝗧𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗿𝗲𝗱𝗲𝘀, 𝗲𝘀𝗰𝗿𝗶𝗯𝗶𝗿 𝗼 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼, do polo 8M. A obra foi concibida nun encontro coa coordinación de María Rúa, xornalista e investigadora especializada en xénero e relacións internacionais. Logo, a rapazada puido aprender e participar do proceso de creación dun mural dende cero canda a ilustradora e deseñadora Irene Sanjuán ().

📹 Velaquí o resultado!

Dirección

Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4 (Galeras)
Santiago De Compostela
15701

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIM Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CIM Compostela:

Atajos

Compartir