Festival Ateneo Barroco

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Festival Ateneo Barroco Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Festival Ateneo Barroco, Festival, Praza Salvador Parga, 4, Santiago de Compostela.

Inspirados na pegada histórica, patrimonial e cultural, da música na vida de Compostela, cidade que atesoura unha brillante tradición como escenario para festivais e foros musicais, o Ateneo de Santiago presenta Ateneo Barroco.

ACCADEMIA DEL PIACERE clausura o FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 no Salón Teatro de Santiago de Compostela estemartes 20 de...
19/10/2026

ACCADEMIA DEL PIACERE clausura o FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 no Salón Teatro de Santiago de Compostela estemartes 20 de outubro cunha particular e atraínte proposta arredor da música de Johann Sebastian Bach. In dulci jubilo é o título do programa deste sexto e último concerto da oitava edición do festival no que o conxunto que lidera FAHMI ALQHAI toma como punto de partida o traballo cotiá de Bach na readaptación, improvisación e arranxo dos corais tradicionais luteranos e das súas obras, para facer a súa propia recreación en concerto da obra dun dos grandes mestres da historia da música. As entradas están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no despacho de billetes do mesmo Salón Teatro.

Baixo a dirección artística do violagambista Fahmi Alqhai, Accademia del Piacere é un dos conxuntos de música antiga máis salientables de Europa. Recoñecido pola audacia dos seus proxectos innovadores, a súa excelencia interpretativa e a súa poderosa presenza escénica, o grupo sitúase á vangarda dunha interpretación historicamente informada pero profundamente emocional. A súa concepción da música antiga como unha arte viva, expresiva, apaixonada e actual, convérteo nun referente na comunicación directa e vibrante co público. Galardoada con prestixiosos premios internacionais, Accademia de Piacere ten actuado en boa parte dos escenarios e festivais máis importantes do mundo.

ATENEO BARROCO�Festival de Música Antiga e Barroca / 8ª edición�SANTIAGO DE COMPOSTELA / 6 - 20 OUTUBRO 2026� # concerto 6 # violas da gamba # quintón #�IN DULCI JUBILO Bach, a ineludible recreación�ACCADEMIA DEL PIACERE / FAHMI ALQHAI�JOHANNA ROSE viola da gamba tenor�RODNEY PRADA viola da gamba baixo�RAMI ALQHAI viola da gamba baixo�JAVIER NÚÑEZ órgano�FAHMI ALQHAI quintón / dirección�Salón Teatro martes 20 outubro | 20.00�entradas dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no mesmo Salón Teatro.�10 euros (8 euros menores de 30 anos)

CONFERENCIA ATENEO BARROCO 2026�CARLO GESUALDO, O ENCANTO DO DISONANTE�STEFANO RUSSOMANO�Sede Afundación�Santiago de Com...
18/10/2026

CONFERENCIA ATENEO BARROCO 2026�CARLO GESUALDO, O ENCANTO DO DISONANTE�STEFANO RUSSOMANO�Sede Afundación�Santiago de Compostela�luns 19 outubro 2026 | 19.30�entrada gratuíta até completar a capacidade

Como cada ano dende a súa creación o Festival Ateneo Barroco programa unha conferencia cuxos contidos enriquezan e complementen a programación dos seus concertos, facilitando ao público do festival a súa abordaxe ao vasto e riquísimo mundo da música antiga e barroca. Nesta oitava edición a cita é este luns 19 de outubro (Sede Afundación de Santiago de Compostela, 19.30h. e con entrada gratuíta até completar a capacidade) e o conferenciante convidado é STEFANO RUSSOMANO. Musicólogo, ensaista, traductor e escritor, Stefano Russomano é actualmente redactor xefe da revista Scherzo.

Na súa conferencia titulada CARLO GESUALDO, O ENCANTO DO DISONANTE, Stefano Russomano achegaranos a unha das personalidades máis enigmáticos e singulares do Barroco musical. A figura de Carlo Gesualdo (1566-1613) estivo marcada de maneira indeleble por unha dobre circunstancia. Ao asasinato da súa primeira muller, á que sorprendeu en flagrante adulterio, súmase a estraña atracción que exercen os seus madrigais, cuxo libre uso da disonancia outórgalles unha sorprendente, aínda que enganosa, sensación de modernidade.

Pois moi satisfeitos cos resultados artísticos e de público desta oitava edición o FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 chega ao...
17/10/2026

Pois moi satisfeitos cos resultados artísticos e de público desta oitava edición o FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 chega ao seu final coa clausura a cargo de ACCADEMIA DEL PIACERE no Salón Teatro de Santiago de Compostela o martes 20 de outubro. As entradas están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no despacho de billetes do mesmo Salón Teatro.

Accademia del Piacere ofrece neste sexto e último concerto do festival unha particular e atraínte proposta arredor da música de Johann Sebastian Bach. In dulci jubilo é o título do programa do conxunto que lidera FAHMI ALQHAI e que toma como punto de partida o traballo cotiá de Bach na readaptación, improvisación e arranxo dos corais tradicionais luteranos e das súas obras, para facer a súa propia recreación en concerto da obra dun dos grandes mestres da historia da música.

Baixo a dirección artística do violagambista Fahmi Alqhai, Accademia del Piacere é un dos conxuntos de música antiga máis salientables de Europa. Recoñecido pola audacia dos seus proxectos innovadores, a súa excelencia interpretativa e a súa poderosa presenza escénica, o grupo sitúase á vangarda dunha interpretación historicamente informada pero profundamente emocional. A súa concepción da música antiga como unha arte viva, expresiva, apaixonada e actual, convérteo nun referente na comunicación directa e vibrante co público. Galardoada con prestixiosos premios internacionais, Accademia de Piacere ten actuado en boa parte dos escenarios e festivais máis importantes do mundo.

ATENEO BARROCO�Festival de Música Antiga e Barroca / 8ª edición�SANTIAGO DE COMPOSTELA / 6 - 20 OUTUBRO 2026� # concerto 6 # violas da gamba # quintón #�IN DULCI JUBILO Bach, a ineludible recreación�ACCADEMIA DEL PIACERE / FAHMI ALQHAI�JOHANNA ROSE viola da gamba tenor�RODNEY PRADA viola da gamba baixo�RAMI ALQHAI viola da gamba baixo�JAVIER NÚÑEZ órgano�FAHMI ALQHAI quintón / dirección�Salón Teatro martes 20 outubro | 20.00�entradas dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no mesmo Salón Teatro.�10 euros (8 euros menores de 30 anos)

O quinto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, venres 16 de outubro), su...
15/10/2026

O quinto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, venres 16 de outubro), supón o debut no festival do clavecinista francés BERTRAND CUILLER, quen seleccionou un atraínte programa con dúas das grandes especialidades do seu repertorio: a música inglesa dos virxinalistas (con William Byrd como referencia) e as incomparables sonatas para clave de Domenico Scarlatti. As entradas están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no mesmo Paraninfo da Universidade.

Nesta proposta “instrumental” bianual (2025-2026) do Festival Ateneo Barroco non podía faltar o protagonismo dun instrumento capital no Barroco musical, o clavecín. O protagonista é o clavecinista francés BERTRAND CUILLER cun programa que inclúe dúas das grandes especialidades do seu repertorio, a música dos virxinalistas ingleses e as sonatas para clave de Domenico Scarlatti. Entre Inglaterra, Italia e España transcorre esta viaxe temporal entre dúas revolucións na música para teclado da que son protagonistas dous dos autores máis innovadores no seu tempo, William Byrd e Domenico Scarlatti. William Byrd a cabalo entre os séculos XVI e XVII en Inglaterra, onde gozou de ampla difusión o virxinal, dando nome a toda unha escola de compositores e instrumentistas de teclado. Domenico Scarlatti na primeira metade do XVIII, sobre todo nos últimos 25 anos da súa vida en Madrid, cidade á que chegou da man de Bárbara de Braganza e onde compuxo a maior parte das súas 555 sonatas para clave, a súa obra mestra de madurez e un tesouro musical de legado imborrable na historia da música. Todo un reto musical ao teclado.

ATENEO BARROCO�Festival de Música Antiga e Barroca / 8ª edición�SANTIAGO DE COMPOSTELA / 6 - 20 OUTUBRO 2026� # concerto 5 # clave #�CEO E TERRA �dos virxinalistas ingleses a Scarlatti�BERTRAND CUILLER clave�Paraninfo da Universidade de Santiago�venres 16 outubro | 20.30�entradas dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no mesmo Paraninfo da Universidade.�10 euros (8 euros menores de 30 anos)

O FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 proxecta en colaboración con NUMAX este xoves 15 de outubro (19.00h) o documental A TRAVÉ...
14/10/2026

O FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 proxecta en colaboración con NUMAX este xoves 15 de outubro (19.00h) o documental A TRAVÉS DUN TECLADO de Álvaro Menéndez Granda. Un ano máis Numax acolle a proposta cinematográfica do festival que nesta oitava edición titulamos de novo “Instrumental” e na que en cada concerto un ou dous instrumentos adquiren una presenza especial. En estreita conexión co concerto que o día seguinte ofrecerá o clavecinista frances Bertrand Cuiller no Paraninfo da Universidade, en A través de un teclado goza dun protagonismo especial un dos instrumentos máis representativos na música do Barroco, o clave, o centro deste interesante, estimulante e instrutivo documental. As entradas están a venda en www.numax.org.

No seu documental A través dun teclado, Álvaro Menéndez Granda pon en valor ao clavecín como o instrumento que mellor representa a idea do Barroco como a arte da posta en escena. Obxecto artístico en si mesmo, o clave condensa a esencia da música, a pintura e incluso a escultura do Barroco. O filme A través do tecladoilustra a evolución dos instrumentos de teclado dende o pequeno clavisimbalum medieval até os grandes claves franceses do século XVIII, pasando polo virxinal, o muselar e a espineta, o clavicordio, clavecíns (franceses, alemáns, italianos, flamencos ou francoflamencos) e tamén fortepianos e pianos. Nesta viaxe na evolución dos instrumentos de corda pulsada con teclado dende a Idade Media até o século XVIII, Álvaro Menéndez Granda conta coa colaboración de luthieres, decoradores de clavecíns, organistas, musicólogos e unha representativa selección de clavecinistas como Agustin Álvarez, Sabrina Martín Guinaldo, Alberto Martínez Molina, Asís Márquez, Jordan Fumadó, Andrés Alberto Gómez ou Ignacio Prego e o especial protagonismo do clavecinista vigués Diego Ares, quen abre e pecha o documental cos seus comentarios e interpretando dúas pezas do gran mestre Johann Sebastian Bach.

A TRAVÉS DUN TECLADO�(A TRAVÉS DE UN TECLADO)�ÁLVARO MENÉNDEZ GRANDA director�Documental, 65’. España, 2022�Numax�Santiago de Compostela�xoves 15 outubro 2026�19.00�venda entradas: www.numax.org e billeteira de Numax

13/10/2026
PABLO SEOANE será o protagonista da sesión de “Impovisando” que o FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 programa, con entrada gra...
13/10/2026

PABLO SEOANE será o protagonista da sesión de “Impovisando” que o FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 programa, con entrada gratuíta até completar o aforo, na capela do PARADOR HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS de Santiago de Compostela o mércores 14 DE OUTUBRO ás 20,00h. É éste o terceiro ano que o festival presenta “IMPROVISANDO”, unha achega enmarcada na súa ampla oferta de actividades complementarias coa que o festival dá un paso cara adiante na súa vocación multidisciplinar e se abre a outros públicos e perspectivas de interpretación.

Como cada ano, en “Improvisando”, os protagonistas son os músicos da escena musical local e galega, nesta oportunidade o experimentado e polifacético compositor, pianista, escritor, filósofo e profesor PABLO SEOANE. Arredor de tres décadas leva o ferrolán/compostelán Pablo Seoane desenvolvendo unha sólida e rigorosa carreira musical nos ámbitos próximos á improvisación, o jazz, a música contemporánea e as artes escénicas, nos que se converteu nunha referencia imprescindible na escena galega.
Baixo o título “Como non pasa o tempo”, Pablo Seoane toma como punto de partida para o seu concerto senllas composicións de Aleksandr Scriabin (Preludio nº 4) e de Aldo Clementi (Due Canoni). Nin Scriabin no arranque do século XX nin Clementi no do XXI deixan de ter un ollo posto no Barroco; un ollo posto nun tempo musical que, pese a todo, non acaba de pasar.

COMO NON PASA O TEMPO�persistencias barrocas en Scriabin e Aldo Clementi �PABLO SEOANE piano�Capela do Parador Hostal dos Reis Católicos�Santiago de Compostela�mércores 14 outubro 2026 | 20.00�entrada gratuíta até completar a capacidade

O dúo ARC & VOLTA protagoniza o cuarto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Salón Teatro de Santiago de Compostela, martes 1...
12/10/2026

O dúo ARC & VOLTA protagoniza o cuarto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Salón Teatro de Santiago de Compostela, martes 13 de outubro) cun suxestivo programa barroco francés para zanfona (Xurxo Romaní) e violas de gamba (Anna Casademunt) titulado “Chorea secundum Galliam”, un programa en torno á figura e a súa relación coa música de María Leszczyńska, muller de Luis XV, raíña da Francia e intérprete de zanfona. As entradas están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no despacho de billetes do mesmo Salón Teatro.

Concibido a partir do repertorio francés do século XVIII para viola de roda e viola de gamba e interpretado con criterios históricos, o programa Chorea Secundum Galiam ("danza segundo Francia") de Arc & Volta reconstrúe, entre a historia e a imaxinación, o universo musical de María Leszczyńska (1703-1768), esposa de Luís XV e raíña de Francia, unha muller que atopou na música un espazo íntimo de liberdade e co***lo no corazón da corte de Versalles. “A música de María Leszczyńska, raíña da tristura, intérprete de zanfona” é o ilustrativo subtítulo dun concerto con obras de músicos e compositores vencellados ao contorno da raíña, como Philibert Delavigne, Joseph Bodin de Boismortier, Marin Marais, Michel Corrette, Charles Baton ou Nicolas Chédeville.

O compostelán Xurxo Romaní, músico centrado na música tradicional e a música histórica, presenta no Festival Ateneo Barroco o seu proxecto Arc & Volta xunto á violagambista Anna Casademunt. A zanfona, instrumento pouco habitual nunha raíña pero estreitamente ligado á práctica musical de María Leszczyńska, e a viola da gamba son os instrumentos propostos polo dúo Arc & Volta para achegarnos a estas pequenas pezas dedicadas ás flores, as musettes e as sonatas que recrean unha dimensión máis doméstica e persoal da música na corte francesa, lonxe do esplendor oficial de Versalles.

ATENEO BARROCO�Festival de Música Antiga e Barroca / 8ª edición�SANTIAGO DE COMPOSTELA / 6 - 20 OUTUBRO 2026� # concerto 4 # violas de roda #�CHOREA SECUNDUM GALLIAM�A música de Maria Leszczyńska, raíña de tristura, intérprete de zanfona�ARC & VOLTA�XURXO ROMANÍ zanfona�ANNA CASADEMUNT viola de gamba�Salón Teatro martes 13 outubro | 20.00�entradas dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal e unha hora antes do inicio do concerto no despacho de billetes do Salón Teatro.�10 euros (8 euros menores de 30 anos)

Están a venda en www.numax.org as entradas para a proposta cinematográfica do FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026, que un ano m...
11/10/2026

Están a venda en www.numax.org as entradas para a proposta cinematográfica do FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026, que un ano máis acolle e se celebra en colaboración co cinema compostelán NUMAX (xoves 15 de outubro, 19.00h.). No marco desta oitava edición do Festival Ateneo Barroco que titulamos “Instrumental” e na que en cada concerto un ou dous instrumentos adquiren una presenza especial, será un dos instrumentos máis representativos na música do Barroco, o clave, o protagonista dun interesante, estimulante e instrutivo documental que o seu director Álvaro Menéndez Granda titulou A TRAVÉS DUN TECLADO.

No seu documental A través dun teclado, Álvaro Menéndez Granda pon en valor ao clavecín como o instrumento que mellor representa a idea do Barroco como a arte da posta en escena. Obxecto artístico en si mesmo, o clave condensa a esencia da música, a pintura e incluso a escultura do Barroco. O filme A través do tecladoilustra a evolución dos instrumentos de teclado dende o pequeno clavisimbalum medieval até os grandes claves franceses do século XVIII, pasando polo virxinal, o muselar e a espineta, o clavicordio, clavecíns (franceses, alemáns, italianos, flamencos ou francoflamencos) e tamén fortepianos e pianos. Nesta viaxe na evolución dos instrumentos de corda pulsada con teclado dende a Idade Media até o século XVIII, Álvaro Menéndez Granda conta coa colaboración de luthieres, decoradores de clavecíns, organistas, musicólogos e unha representativa selección de clavecinistas como Agustin Álvarez, Sabrina Martín Guinaldo, Alberto Martínez Molina, Asís Márquez, Jordan Fumadó, Andrés Alberto Gómez ou Ignacio Prego e o especial protagonismo do clavecinista vigués Diego Ares, quen abre e pecha o documental cos seus comentarios e interpretando dúas pezas do gran mestre Johann Sebastian Bach.

A TRAVÉS DUN TECLADO�(A TRAVÉS DE UN TECLADO)�ÁLVARO MENÉNDEZ GRANDA director�Documental, 65’. España, 2022�Numax�Santiago de Compostela�sábado 10 outubro 2026�19.00�venda entradas: www.numax.org e billeteira de Numax

Tras un intenso arranque na súa primeira semana de actividades cos seus tres exitosos primeiros concertos o FESTIVAL ATE...
10/10/2026

Tras un intenso arranque na súa primeira semana de actividades cos seus tres exitosos primeiros concertos o FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 afronta a súa segunda semana de actividades con 2 novos concertos dos seis que conforman o abono do festival. Serán os protagonizados polo dúo ARC & VOLTA (Xurxo Romani e Anna Casademunt, zanfona e viola da gamba) no Salón Teatro (martes 13 outubro, 20.00h) e polo clavecinista BERTRAND CUILLER (Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, venres 16 outubro, 20.30h.). Toda a información e as entradas para estes concertos (10 euros e para menores de 30 anos 8 euros) poden atoparse en www.festivalateneobarroco.gal (tamén no espazo de celebración de cada concerto unha hora antes do inicio).

O dúo ARC & VOLTA protagoniza o cuarto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Salón Teatro, martes 13 de outubro) cun suxestivo programa barroco francés para zanfona (Xurxo Romaní) e violas de gamba (Anna Casademunt) titulado “Chorea secundum Galliam”, un concerto en torno á figura e a súa relación coa música de María Leszczyńska, muller de Luis XV, raíña da Francia e intérprete de zanfona.
O segundo concerto desta semana e quinto do ATENEO BARROCO 2026 (Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, venres16 de outubro), supón o debut no festival do clavecinista francés BERTRAND CUILLER, quen seleccionou un atraínte programa con dúas das grandes especialidades do seu repertorio: a música inglesa dos virxinalistas (con William Byrd como referencia) e as incomparables sonatas para clave de Domenico Scarlatti.

Ademais esta semana ofrecemos con entrada gratuíta o concerto-improvisación do pianista PABLO SEOANE na capela do Parador Hostal dos Reis Católicos (mércores 14 outubro, 20.00h, entrada libre) e unha tarde completa en Numax o xoves 15 de outubro coa segunda sesión do club de lectura e a proxección do documental “A través dun teclado” (19.00, entradas en www.numax.org).

# concerto 4 # violas de roda #
CHOREA SECUNDUM GALLIAM
A música de Maria Leszczyńska, raíña de tristura, intérprete de zanfona
ARC & VOLTA
XURXO ROMANÍ zanfona
ANNA CASADEMUNT viola de gamba
Salón Teatro martes 13 outubro | 20.00
# concerto 5 # clave #�CEO E TERRA �dos virxinalistas ingleses a Scarlatti�BERTRAND CUILLER clave�Paraninfo da Universidade de Santiago�venres 16 outubro | 20.30

Dirección

Praza Salvador Parga, 4
Santiago De Compostela
15705

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festival Ateneo Barroco publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Festival Ateneo Barroco:

Atajos

Compartir

Categoría