13/01/2026
XA É HOXE!!
Esta tarde (día 13) presentamos «Alén do lago» de Carlos Folgoso Sueiro, o libro resultante da XII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na Libreria Eixo, en Ourense.
O libro, de Difusora de Letras, Artes e Ideas, foi recentemente destacado no xornal El País como un dos mellores libros de fotografia do ano 2025.
*****************
Materiais coidados, como xa é habitual nesta editorial: tapa dura, unha imaxe de portada tan intrigante como contida e unha información que se estende mesmo ás gardas, co selo inconfundible do seu deseñador, Xosé Lois Vázquez. O proxecto aborda unha Galicia mirada desde dentro, desde as vivencias máis íntimas, familiares e biográficas do autor. A obra artéllase como unha travesía metafórica polas idiosincrasias do país, construída cunha atmosfera de resonancias cinematográficas que sitúa o lector nun tempo indeterminado. Nela conviven realidades sociais e políticas, mitoloxías e crenzas sincréticas, a tristeza, o traballo e a soidade como sinais de identidade, unha emigración profundamente enraizada, aquilo que se protexe e aquilo que se despreza, así como unha tensión persistente entre forza e opresión que marcou historicamente o territorio.
(«Los mejores libros de fotografía de 2025». País . 25-12-2025)
**************
📅 Martes 13 de xaneiro.
🕑 19:00 h.
📍 Libreria Eixo (Rúa Cardenal Quevedo, 36. Ourense)
🎟️ Entrada de balde.