30/10/2026
🏆🎉 GAÑADORA DO XIV PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA
Olga Steinepreis, co seu proxecto «My Mother Doesn't Work», é a gañadora da XIV edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, tras un longo proceso de selección no que participaron 239 candidaturas procedentes de 40 países.
O xurado destacou a orixinalidade dunha proposta que visibiliza o traballo doméstico das mulleres, tantas veces ignorado e infravalorado. A través dunha linguaxe fotográfica contemporánea, o humor, a ironía e a memoria familiar, a artista constrúe un relato persoal que cuestiona as formas de representar e recoñecer os coidados e o traballo non remunerado.
👏 Moitos parabéns Olga!! 💙