Campus De Verán C.D. Ribadumia

Campus De Verán C.D. Ribadumia Campus de Verán organizado polo CD Ribadumia. Plan Madruga
Fútbol
Senderismo
Informática
Inglés
Piscina
Debuxo...
E moitas sorpresas máis!! Ribadumia.

Campus de Verán do C.D. Os meses de Xullo e Agosto ofrecémoslles ós máis pequenos a oportunidade de divertirse realizando múltiples actividades lúdico-educativas: Fútbol, piragüismo, piscina, senderismo, inglés, debuxo, baloncesto, balonmán... E moitas sorpresas máis!! Non perdades esta oportunidade, familias!!

A QUE ESPERAS? 💪⚽😊
17/06/2021

A QUE ESPERAS? 💪⚽😊

Moito botamos de menos aos nosos; pero como ben falamos os riscos son moi elevados e cada vez as normas sáltanse máis, o...
09/07/2020

Moito botamos de menos aos nosos; pero como ben falamos os riscos son moi elevados e cada vez as normas sáltanse máis, o que nos pon a todos en perigo!!!
SENTIDIÑO, POR FAVOR!

La infección por el virus afecta a un niño que no pertenece al pueblo de Cassà y se ha aislado a los 12 miembros de su grupo, entre monitores y compañeros. El aislamiento será de 15 dias en el domicilio habitual.

08/06/2020

COMUNICADO FAMILIAS!📣
Bos días a todas e a todos, en especial a todos os nenos e nenas que nos acompañaron durante estes anos na nosa andaina.
Hoxe para nós é un día difícil.
Tras moitas reunións e moito consenso este ano decidimos NON REALIZAR o que sería o VII CAMPUS DE VERÁN DO CD RIBADUMIA.
Como ben sabedes, a situación non é fácil para ninguén e pese a que parece que vai entrando en estabilidade o risco segue a ser moi grande e a estar moito máis presente do que cremos.
Non foron para nada meses fáciles nin sinxelos, tanto para as familias como para os propios cativos e ben o entendemos; pero a responsabilidade é demasiado elevada como para loitar contra ela.
Cando os coles decidiron non abrir, será por algo, non credes?
Apénanos non sabedes canto ter que renunciar alomenos, este ano a celebración do noso campus pero tamén hai que pensar que é polo ben de todos.
Sabemos que a conciliación familiar non é unha tarefa sinxela e encantaríanos poder seguir brindando as nosas horas ó voso servizo pero reiterámonos no dito, O RISCO É MOI ELEVADO.
Desde a Xunta a día de hoxe segue sen existir un protocolo específico para levar a cabo estas actividades, pero segundo o exposto no BOE do 30 de maio, os grupos terían que ser de 9 nenos/as, aisalados en todo momento dos restos dos grupos e mesmo, sen poder interactuar entre eles; iso que significa? Pois que máis que un campus lúdico e deportivo para dar lugar a recreación e a diversión, habería que organizar tarefas para os integrantes a nivel individual; as restriccións tanto en instalacións coma en servizos e propostas é xa oficial co cal, todo se volve máis complicado.
O seguimento das medidas de hixiene e seguridade é de obrigado cumprimento, como ben sabedes, para nenos e nenas de 6 anos para arriba, co cal, por moito que na nosa man estivesen durante esas horas, a responsabilidade posterior escápase do noso control, e por moita medida que utilicemos, se nalgún momento se dese un caso de contaxio ou sospeitas do mesmo, o problema sería para todos.
Facemos un chamamento á cordura, a sensatez.
De verdade estamos dispostos a tirar 2 meses de completo aillamento pola borda porque agora se nos dé un pouquiño de liberdade?
Pensemos non só nos nosos, se non tamén nos de enfrente.
Coidémonos todos. Será de vital importancia para que no futuro non retrocedamos.
Mandámosvos unha aperta xigante a todos!!
GRACIAS POR TANTO.
Vémonos pronto! 🐝👧🏻🧒🏽

23/05/2020

Boas familias!
Como ben sabedes, atopámonos nunha situación complicada a nivel mundial.
Nada nos apena máis ca non poder garantizarvos que este ano se poida celebrar o que sería a 7ª edición do Campus de Verán do CD Ribadumia.
Polo de agora, non temos coñecemento desde ningunha das institucións se será posible a súa realización, nin o aforo nin as normas a seguir.
Como ben sabedes, o máis importante é a saúde e con iso non se debe xogar.
Manterémosvos ao tanto de calquer novidade.
Gracias polo voso entendemento!!
Esperamos vervos pronto.
E lembrade, SENTIDIÑO!
Apertas aurinegras🐝

30/01/2020
En proceso...
30/08/2019

En proceso...

29/08/2019

Familias!!!
Mañá é o último día de campus! Esto chega ó seu fin.
Lembrade que todos os nenos e nenas desta edición están invitados a festa de despedida.
Haberá grandes sorpresas!!
Non esquezades traer roupa de recambio😊
🥳🎉

😌👇🏻
27/08/2019

😌👇🏻

GRACIAS POR ESTE DÍA, e a TODAS AS FAMILIAS QUE CONFIARON EN NÓS!!Podemos decir que foi todo un éxito 🎉🎉🎉Queda unha sema...
23/08/2019

GRACIAS POR ESTE DÍA, e a TODAS AS FAMILIAS QUE CONFIARON EN NÓS!!
Podemos decir que foi todo un éxito 🎉🎉🎉
Queda unha semana, do máis intensa por diante!!
Imos despedir esta edición como se merece💪🏼🎉

Repoñendo forzas🥣🥤
23/08/2019

Repoñendo forzas🥣🥤

Dirección

Ribadumia
36636

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Campus De Verán C.D. Ribadumia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Campus De Verán C.D. Ribadumia:

Compartir

Categoría