Encordass Fiddle Fest

Encordass Fiddle Fest Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Encordass Fiddle Fest, Festival, Illa de San Simón, Redondela.

Música, natureza e gastronomía na Illa de San Simón

🎟️Merca a túa entrada para Encordass Fiddle Fest 2026 aquí:

https://entradium.com/events/encordass-fiddle-fest-especial-escocia

24/06/2026

🛩 A asociación desembarca hoxe en Escocia como embaixadora da música galega no prestixioso congreso , que se celebra esta semana en Aberdeen .

👫 A expedición está formada por unhas 40 persoas , que participarán en charlas sobre música galega, e concertos da Galicia Fiddle Orchesta, .wav
, ou .gz.

📍 Un estupendo limiar ao Encordass Fiddle Fest, que este ano está centrado na relación histórica entre a cultura musical de Galicia e Escocia.

🍤 A música será a protagonista do Encordass, pero haberá tempo para descubrir novos sabores. Durante o festival poderás ...
22/06/2026

🍤 A música será a protagonista do Encordass, pero haberá tempo para descubrir novos sabores. Durante o festival poderás facer unha pausa entre concertos cunha proposta gastronómica na que tamén mesturamos culturas:

🔸 Empanadas de lacón e queixo, polbo con queixo ou chocos na súa tinta.
🔸 Hamburguesa de lagostinos con toque de kimchi coreano.
🔸 O clásico fish & chips, un dos pratos máis populares da cociña británica e escoces, composto por bacallau rebozado e patacas.
🔸 Falafel. Prato vegano de garavanzos especiados.
🔸 Cranachan, sobremesa tradicional escocesa preparada con nata, avea tostada e froitos vermellos.

Que aproveite! 😋

🍻 Cervezas Alhambra colabora un ano máis co Encordass Fiddle Fest, reafirmando o seu compromiso coas experiencias únicas que convidan a g***r sen présa, dedicándolle a cada momento o tempo que merece. Cervezas Alhambra

21/06/2026

🎻Considerado unha das grandes figuras da música tradicional escocesa, Alasdair Fraser leva décadas levando o son do violín escocés aos escenarios de todo o mundo.

📍Este xullo chega ao Encordass Fiddle Fest para compartir co público da Illa de San Simón toda a elegancia e personalidade da súa excepcional traxectoria. Unha oportunidade única para desfrutar en directo dun dos nomes máis destacados da música tradicional contemporánea.

📅 Do 3 ao 5 de xullo na Illa de San Simón
🎫 Entradas en encordassfiddlefest.gal

✨Un diálogo musical irrepetible ✨Encordass propicia encontros únicos entre músicos de diferentes partes do mundo. Este a...
18/06/2026

✨Un diálogo musical irrepetible ✨Encordass propicia encontros únicos entre músicos de diferentes partes do mundo. Este ano veremos actuar xuntos á violonchelista francesa Juliette Lemoine e ao músico galego Anxo Pintos, dous artistas cunha visión aberta e innovadora da música de raíz.

🎶 Juliette Lemoine é pioneira como solista violoncelista. Combina a técnica clásica, o fraseo tradicional e a liberdade do jazz nun estilo propio e recoñecido internacionalmente.

🎶 Anxo Pintos é unha das figuras fundamentais da música tradicional galega contemporánea, multiinstrumentista, compositor e membro fundador de formacións imprescindibles como Berrogüetto.

💃 O público do Encordass poderá descubrir o ceilidh, a danza tradicional escocesa de orixe celta. O seu nome, que en gaé...
16/06/2026

💃 O público do Encordass poderá descubrir o ceilidh, a danza tradicional escocesa de orixe celta. O seu nome, que en gaélico significa “encontro” ou “evento social”, reflicte o seu carácter participativo e festivo, sempre acompañada por instrumentos emblemáticos da tradición escocesa como o violín, a frauta, o acordeón e a percusión.

🕺 O obradoiro é para todas as idades e niveis e estará impartido por Suso Cancelas, profesor, divulgador e membro da Asociación Monteira Danzas do Mundo.

🎫 Entradas en encordassfiddlefest.gal

🎻🎸 Darach é o proxecto musical formado polo violinista escocés Roo Geddes e o guitarrista e produtor galego Hugo Franco,...
15/06/2026

🎻🎸 Darach é o proxecto musical formado polo violinista escocés Roo Geddes e o guitarrista e produtor galego Hugo Franco, unha colaboración que une dúas tradicións musicais cunha visión contemporánea e moi persoal da música de raíz.

💿 O seu disco de debut, Darach (2025), é un traballo autoeditado no que o dúo vai máis alá do folk tradicional, atopando a súa linguaxe na mestura co jazz e a música clásica.

🎫 Entradas en encordassfiddlefest.gal ou na ligazón da bio.

❓ Como se chega ao Encordass Fiddle Fest?🛥 A entrada inclúe barco de ida e volta desde Vigo ou Meirande (Redondela). O v...
13/06/2026

❓ Como se chega ao Encordass Fiddle Fest?

🛥 A entrada inclúe barco de ida e volta desde Vigo ou Meirande (Redondela). O venres 3 eo sábado 4 a saída será só desde Meirande, mais o domingo haberá ambas opcións dispoñibles. Algúns destes traxectos inclúen un paseo guiado pola ría.

🕑 Venres 3 e sábado 4: Saída ás 17:35 e volta ás 22:30 h
🕑 Domingo 5: Saída ás 11:15 (Vigo) e 11:45 e 12:30 h(Meirande) e volta ás 23:30 h.

👀 Recomendamos visitar a nosa web para consultar as diferentes opcións e prezos: https://encordassfiddlefest.gal/comprar-entrada-fiddle-fest/

🎹 O estadounidense Neil Perlman é recoñecido pola súa mestría tanto no fiddle como no piano dentro da tradición de Cape ...
12/06/2026

🎹 O estadounidense Neil Perlman é recoñecido pola súa mestría tanto no fiddle como no piano dentro da tradición de Cape Breton, estilo do que é unha das figuras máis destacadas.

🎻 É, ademais, un estudoso deste xénero, realizando investigacións e obradoiros pedagóxicos para difundir o seu coñecemento.

🎫 Entradas en encordassfiddlefest.gal ou u na ligazón dos comentarios.

🎻 Vaidesta son un trío vigués que procura ollar ás músicas de raíz cun prisma contemporáneo, cautivando aos ouvintes mái...
11/06/2026

🎻 Vaidesta son un trío vigués que procura ollar ás músicas de raíz cun prisma contemporáneo, cautivando aos ouvintes máis exquisitos sen esquecer aos amantes do folk máis puro.

🎶 A pesar da súa xuventude, estes tres músicos saídos da canteira da xa contan cunha relevante presenza na escena folk galega, colaborando con Xisco Feijóo, Sondeseu, The Crass, Nós Folk, Estatalá ou Traspés.

🎫 Entradas en encordassfiddlefest.gal ou na ligazón dos comentarios.

🤝 Concertos co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais Xunta de Galicia

🌍 Encordass Fiddle Fest e San Simón Fiddle son recoñecidas canteiras da música tradicional galega, especialmente para os...
09/06/2026

🌍 Encordass Fiddle Fest e San Simón Fiddle son recoñecidas canteiras da música tradicional galega, especialmente para os instrumentistas de corda.

A programación de 2026 reunirá artistas galegos emerxentes e consagrados nun ambiente de intercambio cultural entre Galicia e Escocia. 👉 Desliza para velos todos!

🤝 Concertos co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

📍 3 , 4 e 5 de xullo na Illa de San Simón (Ría de Vigo)

🎫 Entradas en encordassfiddlefest.gal

🛳 Saídas en barco desde Vigo e Meirande (Redondela)

💸 15% de desconto para persoas con Carné Xove, pensionistas ou desempregadas.

Dirección

Illa De San Simón
Redondela
36005

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Encordass Fiddle Fest publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría