16/09/2024
A organización da IX Cita coa Historia das Pontes quere manifestarse ante as críticas recibidas en relación á inexistencia do espectáculo de cetraría na edición deste ano.
A Lei 7/2023 de protección dos dereitos e o benestar dos animais, prohíbe os circos e espectáculos con animais.
No título II da devandita Lei, no seu artigo 25 plantexa as prohibicións xerais con respecto aos animais de compañía e silvestres en cautividade e define aquelas conductas ou actuacións que quedan totalmente prohibidas, entre elas: «Empregalos en espectáculos públicos ou actividades artísticas turísticas ou publicitarias, que lles ocasionen angustia, dor ou sufrimento, sen prexuízo do disposto no título IV, así como o uso de animais pertencentes a especies de fauna silvestre en espectáculos circenses ou de feira.
Ademais no título IV da Lei fai referencia ao uso de animais en actividades culturais e festivas, nas que, sen dúbida, podemos enmarcar a IX Cita coa Historia das Pontes. No seu artigo 64.3 di: «As aves que participen en exhibicións de voo deberán contar cun espazo apartado que garanta un illamento sonoro e lumínico, no que poidan permanecer en repouso. En ningún caso poderán estar ao alcance do público nin se permitirá fotografarse xunto a elas».
Por todo o anteriormente exposto, dende a organización da IX Cita coa Historia das Pontes consideramos que a nosa decisión de eliminar a actividade de cetraría do evento, atende a criterios legais aprobados o pasado ano co fin de cumprir a actual lexislación en materia de protección animal.