Montando Cristo Festival

Montando Cristo Festival Montando Cristo Festival é un festival que nace coa idea dar a coñecer bandas emerxentes da nosa comunidade.

Un festival gratuito o que non podes faltar de amas a música en drecto!!

Horarios? Pois si, que tamén somos xente seria (ás veces)Montando Cristo arrinca ás 21:30 e non para ata as 03:00. Vémon...
02/10/2025

Horarios? Pois si, que tamén somos xente seria (ás veces)

Montando Cristo arrinca ás 21:30 e non para ata as 03:00.

Vémonos nuns días 🎸

Zålomon Grass no MCF 2024
16/09/2025

Zålomon Grass no MCF 2024

Elëven é unha banda de Redondela de hard rock/metal alternativo con influencias de Ghost, Alter Bridge ou Avenged Sevenf...
14/09/2025

Elëven é unha banda de Redondela de hard rock/metal alternativo con influencias de Ghost, Alter Bridge ou Avenged Sevenfold.
No 2022 debutaron como teloneiros de Miguel Costas e no 2024 publicaron o seu primeiro EP Parallel Shadows, gravado con Dany Soengas.
Xa levaron a súa música en directo por Cesantes, Porriño e Vigo, ademais de converterse na primeira banda de metal en tocar no programa Quen Anda Aí da TVG.
Chegan ao festival con toda a súa enerxía e coa vontade de facer vibrar ao público.

Van a montar cristo.

Santo Rostro formáronse en Xaén no 2012. Como trío levan editados dous LPs e dous EPs nos que exploran un son propio, ca...
10/09/2025

Santo Rostro formáronse en Xaén no 2012. Como trío levan editados dous LPs e dous EPs nos que exploran un son propio, cargado de densidade, psicodelia e unha actitude crúa e nihilista. No estudo traballan man a man con Raúl Pérez (La Mina, Sevilla), e no directo destacan pola súa potencia e volume, convertendo cada concerto nunha experiencia absorbente e hipnótica.
Autoxestionados e de espírito DIY, Santo Rostro son unha banda que foi forxando camiño dende o underground con ideas claras, apertura creativa e un estilo que escapa de etiquetas: un laboratorio sonoro onde o doom, o progresivo e a psicodelia conflúen sen regras.
Rostro

Ven co teu vaso de sempre e axuda a que haxa menos lixo no festival.Ollo ao dato: A cervexa só vai en vaso de 50cl.
08/09/2025

Ven co teu vaso de sempre e axuda a que haxa menos lixo no festival.

Ollo ao dato: A cervexa só vai en vaso de 50cl.

Ven co teu vaso de sempre e axuda a que haxa menos lixo no festival. ♻️Ollo ao dato: a cervexa só vai en VASO DE 500CL. ...
07/09/2025

Ven co teu vaso de sempre e axuda a que haxa menos lixo no festival. ♻️

Ollo ao dato: a cervexa só vai en VASO DE 500CL. 🍻

Esta banda, nacida en Porriño en xaneiro de 2021, mestura unha potente química electro-etílica que eles mesmos definiron...
04/09/2025

Esta banda, nacida en Porriño en xaneiro de 2021, mestura unha potente química electro-etílica que eles mesmos definiron como Loud power hard blues & roll. Con claras reminiscencias dos 90, buscan constantemente a emoción, a diversión e a satisfacción a través do seu son inconfundible.

Tras varios concertos enriba dos escenarios, lanzaron o seu primeiro single “Down to the Bone”, e moi pronto entrarán no estudio para gravar o seu primeiro EP.
Saúde e rock and roll!
Electric Läger

O 4 de outubro vai arder, así que ide afiando as orellas…Para que vaiades quentando motores deixámosvos unha canción de ...
03/09/2025

O 4 de outubro vai arder, así que ide afiando as orellas…
Para que vaiades quentando motores deixámosvos unha canción de cada banda 🤘

Elëven - Fearless of Good
Santo Rostro - One Small Victory
LUCIFÉRNAGA - DOR
Electric Läger - Down to the bone

Desde as profundidades da parroquia de Candeán, chega Luciférnaga, unha forza sonora que encapsula a esencia do doom e o...
31/08/2025

Desde as profundidades da parroquia de Candeán, chega Luciférnaga, unha forza sonora que encapsula a esencia do doom e o stoner metal. Con máis de 20 anos de experiencia sobre os escenarios e músicos procedentes de bandas míticas como Supa Scoopa, The Mirage, Supernatural, In.Verno, N.O.T. ou Mano de Piedra, Luciférnaga non é só unha banda; é un faro na escuridade que guía aos amantes do metal nunha viaxe a través dos recunchos máis sombríos da psique humana.

Vémonos o 4 de outubro!

Dirección

Porriño
36400

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Montando Cristo Festival publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Montando Cristo Festival:

Atajos

Compartir

Categoría