Festival das Núbebes

Festival das Núbebes Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Festival das Núbebes, Festival, Rúa de Dona Tereixa, Pontevedra.

13/10/2024

Música, monicreques, contos, unha guerra de almofadas… non faltou nada de nada neste domingo en !

Cunha festa e moita alegría da man de .orquestrapantasma despedimos o festival por este ano. Antes do concerto, Roque e ...
13/10/2024

Cunha festa e moita alegría da man de .orquestrapantasma despedimos o festival por este ano. Antes do concerto, Roque e mais Andrea apagaron a . Para o ano, máis! ☺️

Cos contos da Ra 🐸 coñecemos a Nano e a súa irmá, xunto a unha chea de personaxes marabillosas 🐟🐸Foi no espectáculo de m...
13/10/2024

Cos contos da Ra 🐸 coñecemos a Nano e a súa irmá, xunto a unha chea de personaxes marabillosas 🐟🐸
Foi no espectáculo de monicreques e contos da nosa amiga nunha sesión fermosa e chea de ensinanzas.

A nosa guerra de almofadas é o mellor método antiestrés. Nunha sesión os resultados están garantidos! Que ben o pasamos,...
13/10/2024

A nosa guerra de almofadas é o mellor método antiestrés. Nunha sesión os resultados están garantidos! Que ben o pasamos, unha edición máis, a coxinazo limpo 😜

Os gatos 🐈miañan, as vacas 🐮muxen e cada animal ten o seu propio son. 🎶Escoitámolos todos esta mañá en forma de canción ...
13/10/2024

Os gatos 🐈miañan, as vacas 🐮muxen e cada animal ten o seu propio son. 🎶Escoitámolos todos esta mañá en forma de canción da man do gran Paco Nogueiras🎸 (nova sesión as 17:00h).
Con esta alegría iniciamos o domingo en ! 🎉

12/10/2024

Música, contos e moita, moita diversión! Así vivimos este sábado en . Mañá despedimos o festival por esta edición. Agardámosvos!!! ☺️

A música é capaz de trasladarnos a case calquera lugar, só hai que dárlle ao maxín.Esta mañá fomos de viaxe, nada máis e...
12/10/2024

A música é capaz de trasladarnos a case calquera lugar, só hai que dárlle ao maxín.
Esta mañá fomos de viaxe, nada máis e nada menos que a dar unha volta ao mundo 🌏 grazas á música clásica 🎼. O percorrido fixémolo coa soprano Bonnie Cooper e foi unha auténtica fantasía de sons e cores.

Pola tarde volverá con nós ás 17:15 h e 18:45 h. Non a perdades!🎼🎼🎼🎼

Quedou unha mañá ben fermosa para escoitar contos da tradición oral e máis! Fixémolo cos Pavís Pavós na sesión: "Este qu...
12/10/2024

Quedou unha mañá ben fermosa para escoitar contos da tradición oral e máis! Fixémolo cos Pavís Pavós na sesión: "Este queixo, queixolán". Experimentamos cos obxectos, cos sons dos animais e con instrumentos musicais do máis particular. Unha delicia! 🐤🐶🦉🎼🐰

Pola tarde máis sesións na Casa das Campás ás 17:00 h e 18:15 h!

Canto bailamos e cantamos con Pakolas esta mañanciña. Tróuxonos as súas cancións máis molonas e foi xenial!Viaxamos con ...
12/10/2024

Canto bailamos e cantamos con Pakolas esta mañanciña. Tróuxonos as súas cancións máis molonas e foi xenial!
Viaxamos con Ramona Órbita á Prehistoria, coñecemos a Manolo Cabernario e probamos o churrasco de mamut hu, hu hu!!🎼🎸

Pola tarde máis música e rock and roll ás 16:30 h e 18:00 h!! 🎼🎸🎼

Agardámosvos esta fin de semana con moitas, moitas cousiñas bonitas para compartirdes cos/as vosos/as bebés.E Roque quer...
11/10/2024

Agardámosvos esta fin de semana con moitas, moitas cousiñas bonitas para compartirdes cos/as vosos/as bebés.

E Roque quere chupetes!!!!

🥰🐣

📍Espectáculo   🍂☁️Son animal!! 🐸🦁🐻🐰🐽🐴🐤🐶🦉O gran Paco Nogueiras chega ao noso festival cun feixiño de novas cancións. Pres...
10/10/2024

📍Espectáculo 🍂☁️
Son animal!! 🐸🦁🐻🐰🐽🐴🐤🐶🦉

O gran Paco Nogueiras chega ao noso festival cun feixiño de novas cancións. Presentará Son Animal, o seu novo libro-disco.
Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con cabelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos... co seu SON.

Preparémonos para cantar como ANIMAIS, pois o gran SON dos nosos amigos ANIMAIS está a piques de comezar a soar.🎶🎶🎶🎶🎶🎶🎶🎶🎶

📍Recomendado de 6 meses a 3 anos
As entradas podedes adquirilas de maneira adiantada en Ataquilla.com. Lembramos que todas as persoas, independentemente da súa idade precisan a súa.

📍Espectáculo   🍂☁️O chimpo da ra 🐸Nano é o maior, e dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe, e...
10/10/2024

📍Espectáculo 🍂☁️

O chimpo da ra 🐸

Nano é o maior, e dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe, e rise dela. Nano ten ciumes de Nona. “Agora, -pensa-, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá”. Nano quere volver ser pequeno outra vez… 🐸
Raquel Queizás protagoniza esta divertida e ilustrativa sesión de contos para bebés. Non a perdas!
🎶🎶🎶

📍Recomendado de 6 meses a 3 anos
As entradas podedes adquirilas de maneira adiantada en Ataquilla.com. Lembramos que todas as persoas, independentemente da súa idade precisan a súa.

Dirección

Rúa De Dona Tereixa
Pontevedra

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festival das Núbebes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festival das Núbebes:

Compartir

Categoría