Pazo da Cultura de Pontevedra

Pazo da Cultura de Pontevedra Servizo do Concello de Pontevedra que xestiona o Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral algúns dos máis representativos da nosa programación.

O Servizo de Infraestruturas Culturais do Concello de Pontevedra programa e xestiona a actividade celebrada no propio Pazo da Cultura, no Recinto Feiral e Teatro Principal. Promove e achega a cultura nas súas diversas formas entre a cidadanía, coidando tanto ao público adulto como aos nenos/as cunha abundante programación de carácter infantil, familiar e concentada con centros escolares. Ciclos como Ponteatro, As Matinés do Principal, Voices ou Domingos do Principal, o Festival das Núbebes, Amal en ruta, etc. O Salón do Libro, proxecto íntegramente organizado desde este servizo, conta xa con 22 edicións ás costas. Un referente cultural no país que nos últimos anos iniciou a súa internacionalización establecendo colaboracións con México, Italia ou os países de fala lusófona. A pandemia da COVID19 obrigou en 2020 a pechar o Salón 6 días despois da súa apertura e deu paso a unha exitosa versión virtual que se estendeu durante dous meses, achegando contidos á cativada e familias confinadas. No 2021 apostamos por unha edición presencial con aforos reducidos, grandes medidas de seguridade, actividade ao aire libre e tamén online. Os nosos espazos acollen cada ano numerosas feiras e congresos tan importantes coma o Culturgal, Pontemprego, Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física, Congreso de Veterinarios, Pinto e Maragota, ou o Festival Novos Cinemas. A través das redes sociais abrimos unha vía permanente de información e comunicación cos nosos/as usuarios/as, tentando sempre de mellorar o noso servizo.

💥​𝐄𝐒𝐓𝐑𝐄𝐀 𝐄𝐍 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 + 𝐂𝐎𝐋𝐎𝐐𝐔𝐈𝐎 𝐂𝐎𝐍 𝐒𝐀𝐌𝐀𝐍𝐓𝐇𝐀 𝐇𝐔𝐃𝐒𝐎𝐍💥​​🍅​ Este xoves 21 de maio dentro do ciclo  na , ESTREA EN GALICIA de...
20/05/2026

💥​𝐄𝐒𝐓𝐑𝐄𝐀 𝐄𝐍 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 + 𝐂𝐎𝐋𝐎𝐐𝐔𝐈𝐎 𝐂𝐎𝐍 𝐒𝐀𝐌𝐀𝐍𝐓𝐇𝐀 𝐇𝐔𝐃𝐒𝐎𝐍💥​

​🍅​ Este xoves 21 de maio dentro do ciclo na , ESTREA EN GALICIA de 𝐈𝐕𝐀́𝐍 & 𝐇𝐀𝐃𝐎𝐔𝐌, filme que vén de recibir o prestixioso Teddy Award á mellor película de temática LGBTIQA+ no último Festival de Berlín. Conta a historia de amor entre Iván, mozo trans, e Hadoum, a súa compañeira de traballo nun invernadoiro en Almería. A película non chegará ás salas de cine ata o 19 de xuño.

​👑​ Trala proxección, Samantha Hudson () conversará coa xornalista e escritora Raquel Piñeiro () sobre o filme e a representación LGBTIQA+ no cine.

🤝Sesión programada en colaboración con .

📆​Xoves 21 de maio
​​📌​Salón de Actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
​​🕗​20.00 h

Todas as actividades de son de acceso libre e de balde, ata completar cabida. As portas ábrense media hora antes de cada proxección, ás 19.30 h.

A mostra ‘E ademais debuxan!’ con 48 debuxos de nenos e nenas da Guerra Civil chega mañá mércores 6 de maio á Casa das C...
05/05/2026

A mostra ‘E ademais debuxan!’ con 48 debuxos de nenos e nenas da Guerra Civil chega mañá mércores 6 de maio á Casa das Campás. Achegádevos á inauguración ou a charla con posterior visita guiada da man do comisario Vladimir Merino que terá lugar o venes 8 ás 19.00h.
O sábado 9 ás 12h. terá lugar o paseo literario sobre Pontevedra e o exilio da man de Maos Innovación con inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal

‼️O concerto de Bobby Martínez e o SPJ Group deste sábado 28 ás 21h. foi trasladado do Teatro Principal ao Pazo da Cultu...
25/03/2026

‼️O concerto de Bobby Martínez e o SPJ Group deste sábado 28 ás 21h. foi trasladado do Teatro Principal ao Pazo da Cultura.

❌As entradas antigas, do Teatro Principal NON SON VÁLIDAS!

📩 Ataquilla enviou onte un correo (revisar SPAM) coa nova ubicación, informando da devolución automática do importe íntegro.

🎫 É necesario mercar entradas para a nova ubicación. Enlace nas historias.

‼️INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE:O espectáculo ‘Os dous de sempre’ de Mofa e Befa programado para este xoves 26 no Teatro Pr...
24/03/2026

‼️INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE:
O espectáculo ‘Os dous de sempre’ de Mofa e Befa programado para este xoves 26 no Teatro Principal foi trasladado ao auditorio do Pazo da Cultura. Terá lugar ás 21.15h para facilitar a chegada do público.

❌As entradas anteriores NON SON VÁLIDAS.
🎫É preciso mercar entradas para a nova ubicación👉🏼 https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas/teatro/719-auditorio-do-pazo-da-cultura-de-pontevedra/x3akndzm-ponteatro-2026-mofa-e-befa3a-os-dous-de-sempre

💶💶Recibiredes automáticamente o reintegro dos cartos das entradas vellas a través de Ataquilla. No caso de ter abono, o reintegro será a parte proporcional e no mail de Ataquilla que comentamos máis abaixo, recibiredes un código desconto para que o pago da nova entrada sexa ao mesmo prezo que dentro do abono.

📩Ataquilla enviou un mail esta mañá (consultar SPAM se non chega ao longo do día) coa nova ligazón de venda de entradas e informando da nova ubicación, horario e do reintegro automático do importe pagado 8€/4€/5€ segundo fose entrada normal, a prezo reducido ou dentro do abono.
As persoas con abono, recibirán nese mesmo mail un código desconto.

ℹ️Calquera dúbida escribide mensaxe privada por aquí e daremos resposta. Moitas grazas pola comprensión.

Cancelado o concerto ‘Desde a sétima arte’ da  previsto para hoxe sábado ás 20.00h. no Teatro Principal. Agradecemos a c...
21/03/2026

Cancelado o concerto ‘Desde a sétima arte’ da previsto para hoxe sábado ás 20.00h. no Teatro Principal. Agradecemos a compresión.

Recibe hoxe a primavera co concerto ‘Cantares e contares’ organizado por  coa agrupación  e os grupos de música tradicio...
20/03/2026

Recibe hoxe a primavera co concerto ‘Cantares e contares’ organizado por coa agrupación e os grupos de música tradicional e baile do Campus de Pontevedra. Entrada de balde con invitación, dispoñibles ata esgotarse na Casa das Campás ata as 19.30h.

Aínda que no programa estaba previsto inaugurar o   🎶con Ce Orquestra Pantasma, un imprevisto fixo que As Tareixas  , o ...
14/03/2026

Aínda que no programa estaba previsto inaugurar o 🎶con Ce Orquestra Pantasma, un imprevisto fixo que As Tareixas , o grupo familiar 🧑‍🧑‍🧒‍🧒composto por José Manuel Díaz (compositor e guitarra 🎸) e os seus fillos Omara (trompeta 🎺e voz) e Román (clarinete e voz 🗣️) deran a saída á xornada máis musical 🎶 do Salón. Viñeron presentar o seu novo disco ‘Santo mandil’ dedicado a todas as avoas 👵🏼 do mundo. Entre o seu divertido repertorio tocaron A Cadeira da avoa e La abuela de cuba, para as súas avoas Carme e Martina. Tamén ‘Que é o que eu quero’ , “eu quero xogar, quero que haxa paz ☮️ e para xantar, que todo o mundo teña o seu pan 🥖”, unha fermosa canción chea de bos desexos para o mundo no que vivimos.

Velaí a programación do Cineclube Pontevedra para o mes de marzo!
24/02/2026

Velaí a programación do Cineclube Pontevedra para o mes de marzo!

Cartel de marzo!

Dedicámoslle o mes de marzo a un dos máis grandes directores de todos os tempos: John Ford, narrador por antonomasia da historia estadounidense, de quen poderemos ver en pantalla grande catro indiscutibles obras mestras.

Ademais, retomamos os Luns de Filmoteca, en colaboración coa Filmoteca de Galicia. Durante os meses de marzo e abril, e grazas á colaboración do Intersección - Festival Internacional de Cine de A Coruña, achegarémonos á obra dos cineastas Travis e Erin Wilkerson, definida por Sight & Sound como «a conciencia política do cinema estadounidense». A de Travis e Erin é unha obra radical e necesaria que fía ensaio político, investigación histórica, arquivo e narración en primeira persoa, sempre á procura de puntos de encontro entre o activismo político e a elocuencia estética, e cunha produción absolutamente modesta en canto a recursos materiais.

Dirección

Alexandre Bóveda, S/N
Pontevedra
36005

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Domingo 11:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pazo da Cultura de Pontevedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Pazo da Cultura de Pontevedra:

Atajos

Compartir