14/09/2026
Todo listo para a quinta edición de Santa Cristina in musica - un diálogo musical na Ribeira Sacra!
Nesta ocasión queremos aportar o noso gran de area á candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra con dúas proposta de música de raíz recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Este sábado 19 ás 18.30h o guitarrista portugués Ricardo J. Martins fará un percorrido por temas populares e propios no programa “A voz da Guitarra Portuguesa”. Un recital emocionante e moi especial!
O sábado 26 á mesma hora será a cita co flamenco, da man de Álvaro Martinete, Premio Bordón Minero no Festival Internacional del Cante de Las Minas de La Unión e Premio SGAE Paco de Lucía 2024. Unha oportunidade verdadeiramente excepcional!!
Vémonos no Mosteiro de Santa Cristina!
Entradas online dispoñibles en http://santacristinainmusica.eventbrite.com e tamén en Musical Gonzalez (R/ Diaz de la Banda 12B, Ourense, tel. 988 237209).
Santa Cristina in musica está organizado polo Concello Parada de Sil (Ourense) e conta co apoio do Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, do Inorde, da Asociación Pórtico Musical e da Adega Ponte da Boga.