23/06/2025
Xentiña, xa podedes solicitar a devolución dos cartos que non gastáchedes das vosas pulseiras moedeiro:
🗓️ A solicitude pode facerse ata o 27/06 ás 23:59.
🫰 As devolucións supoñen 1€ de gastos bancarios que asumimos dende a organización.
PASOS A SEGUIR:
1. Vai ao enderezo que temos no noso perfil (https://d1ymjexbz9rp2q.cloudfront.net/app/9c208d98-e76d-4d58-a7b0-07c03c13f465)
2. Introduce o identificador da túa pulseira moedeiro (son os números e letras que aparecen no reverso da chapiña que ten a pulseira).
3. Proporciona os datos que se solicitan e listo! Lembra que a devolución non chega ao instante, tardará un máximo de 20 días, contando dende o día 27/06.
Se tedes algunha dificultade, contactar con: [email protected]