Festival de Ortigueira

Festival de Ortigueira 🌍 Ortigueira, Galicia
🐲
🗓️ Do 8 ao 12 de xullo de 2026

Puedes enviar fotos, CDs, información de grupos o cualquier información que consideres relevante para el Festival de Ortigueira por correo ordinario a la siguiente dirección: Plaza de Isabel II s/n, 15330, Ortigueira (A Coruña).

📢 Publicados os resultados provisionais da adxudicación de autorizacións de venda ambulante en gastro buses, foodtrucks ...
05/06/2026

📢 Publicados os resultados provisionais da adxudicación de autorizacións de venda ambulante en gastro buses, foodtrucks e vehículos similares.

As persoas adxudicatarias provisionais deberán presentar a documentación solicitada e o xustificante de pagamento das taxas correspondentes antes do 12 de xuño.

👉 Consulta toda a información na sede electrónica do Concello de Ortigueira e na web do Festival. Tes a ligazón na nosa bio.

🎶 Desde Portrush, en Irlanda do Norte, chega North Coast Dance Company, unha nova xeración de bailaríns e bailarinas de ...
04/06/2026

🎶 Desde Portrush, en Irlanda do Norte, chega North Coast Dance Company, unha nova xeración de bailaríns e bailarinas de danza tradicional irlandesa fundada en 2019 por Laura Hawryliw e Robyn Friel. A compañía xa participou en festivais de toda Europa, e este verán chegan ao noso Festival!

Directo desde Irlanda, deixámosvos cun video moi especial!

🎶 Bagad de Vannes Melinerion presenta a tradición musical bretoa a través dun formato orquestral no que se combinan gait...
03/06/2026

🎶 Bagad de Vannes Melinerion presenta a tradición musical bretoa a través dun formato orquestral no que se combinan gaitas, bombardas e percusións nun espectáculo cheo de enerxía.

Gañadora de “La France a un incroyable talent” e Premio do Público no Festival Intercéltico de Lorient 2025, chega a Ortigueira co seu proxecto “Melinerion”.

Mentres non chega o día da súa actuación, deixámosvos cun vídeo que chega directo dende as rúas de Bretaña!

🍀 Anxo Lorenzo leva o son de Galicia a escenarios internacionais, mesturando a tradición coa electrónica. Máis de 200 co...
02/06/2026

🍀 Anxo Lorenzo leva o son de Galicia a escenarios internacionais, mesturando a tradición coa electrónica. Máis de 200 concertos por todo o mundo, catro discos publicados e unha constante vontade de explorar novos camiños musicais fan del un referente do folk galego.

🎶 Ademais, a súa actuación en Ortigueira servirá como escenario para a presentación en primicia do seu novo single, “AVANTE”. Deixámosvos cun adianto que chega directo da nosa terra!

☘️ Rubén Alba é un dos grandes referentes da gaita asturiana contemporánea. Foi gañador do Trofeo Macallan no 2002 e 200...
28/05/2026

☘️ Rubén Alba é un dos grandes referentes da gaita asturiana contemporánea. Foi gañador do Trofeo Macallan no 2002 e 2006. O seu último traballo "Secretos sin contar" foi tamén recoñecido en 2025 co Premio AMAS ao mellor disco folk.

Desde a súa terra asturiana envíanos este saúdo, vemonos en Ortigueira!

🎶 Gañadores do concurso Runas 2025, XARA  chega desde Madrid cunha proposta que conecta as tradicións ibéricas coa músic...
27/05/2026

🎶 Gañadores do concurso Runas 2025, XARA chega desde Madrid cunha proposta que conecta as tradicións ibéricas coa música de Irlanda e Escocia. Nado nas “irish sessions” madrileñas, tamén se proclamaron vencedores do certame Folkez Blai de Ermua, consolidándose como unha das novas propostas emerxentes do folk estatal.

🎶 Solas, nada en 1996 nos Estados Unidos, é unha das bandas máis influintes da música celta de américa. Con once discos ...
26/05/2026

🎶 Solas, nada en 1996 nos Estados Unidos, é unha das bandas máis influintes da música celta de américa. Con once discos publicados e unha longa traxectoria internacional, destacan pola súa capacidade de unir tradición e modernidade cun son propio creativo e cheo de enerxía.

Mentres non chega o día da súa actuación, deixámosvos cun vídeo que chega directo desde Estados Unidos!

☘️ Lúnasa é unha das grandes referencias da música tradicional irlandesa. Formados en 1997, o grupo destaca polo seu son...
25/05/2026

☘️ Lúnasa é unha das grandes referencias da música tradicional irlandesa. Formados en 1997, o grupo destaca polo seu son potente e elegante. O seu estilo combina frautas, gaitas e instrumentos tradicionais cunha intensidade rítmica moi persoal, inspirada nas grandes bandas irlandesas dos anos 70, pero cunha identidade propia.
Mentres non chega o día da actuación de Lúnasa, deixámosvos cun vídeo que chega directo desde Irlanda!

🔥 UNANIMIDADE ENTRE O VOTO POPULAR E O XURADO PROFESIONAL NA EDICIÓN DO RUNAS 2026💥Máis de 100.000 votos convertiron est...
22/05/2026

🔥 UNANIMIDADE ENTRE O VOTO POPULAR E O XURADO PROFESIONAL NA EDICIÓN DO RUNAS 2026

💥Máis de 100.000 votos convertiron esta edición nunha das máis participativas da historia do Concurso Runas e xa temos finalistas:

⚡ JDC, proxecto liderado por Jesús del Castillo e gañador do Concurso Runas en 2022, foi a proposta máis votada desta edición, converténdose no primeiro finalista do Runas 2026.

⚡AÉROKORDA, o trío neofolk formado por Adriaan Van Wonterghem, Davt Cautaerts e Pavel Souvandjiev, acadou o segundo posto cunha proposta intensa e chea de enerxía.

⚡LENI PÉREZ & SEKADRA, une a voz e percusión tradicional de Leni Pérez co dúo Sekadra, formado por Paulo Silva e Arturo Rúa, nun proxecto que fusiona tradición galega, jazz, flamenco e música brasileira.

🎻🍀 As tres bandas actuarán este verán no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, no Escenario Estrella Galicia, onde un novo xurado seleccionado polo Comité Organizador escollerá a proposta gañadora.

Grazas a todas as persoas que participaron co seu voto e a todos os grupos que formaron parte desta edición polo enorme nivel das propostas recibidas, noraboa! 💙

⏳ Publícanse as bases reguladoras para os postos de artesanía para a vindeira edición do Festival!Se queres participar n...
21/05/2026

⏳ Publícanse as bases reguladoras para os postos de artesanía para a vindeira edición do Festival!

Se queres participar na Feira de Artesanía, lembra que podes enviar a túa solicitude ao Rexistro Xeral do Concello, de maneira presencial no Edificio do Concello de Ortigueira ou a través da sede electrónica.

📅 Prazos límite de inscrición ata o 3 de xuño.

Consulta as bases na nosa web.
📲 Tes a ligazón na bio.

Dirección

Ortigueira
15330

Página web

https://m.mtrbio.com/festival-de-ortigueira

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festival de Ortigueira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festival de Ortigueira:

Compartir

Categoría