Festival Internacional Rebulir

Llamar Página web Contactar con la empresa

Festival Internacional Rebulir 🌍 Encontro intercultural das tradicións do mundo
📚 Amplo programa socioeducativo e cultural
🗓️ 18–21 dec 2025 · Ramirás

02/10/2026

Esta semana fixéronse públicos os Premios Rebulir 2026, que se entregarán no próximo FIR-Festival Internacional Rebulir , e nos que a Banda de Música Municipal de Celanova resultou premiada na categoría de Homenaxe. É unha verdadeira honra para nós recibir este recoñecemento de mans de Rebulir , unha das asociacións máis activas e implicadas na conservación e difusión do patrimonio cultural e tradicional do noso país. Moitas grazas! ☺️

29/09/2026

Hoxe é un día difícil de explicar con palabras.

Que Lamatumbá reciba o Premio Rebulir da Cultura Galega 2026 ten algo de histórico, pero tamén algo profundamente vital e emocional. Porque son máis de dúas décadas de músicas, escenarios, viaxes, amizades, aprendizaxes e momentos compartidos; de facer bailar, cantar e sentir a miles de persoas, sempre dende Galicia e en galego.

O xurado falou de «facer da mestizaxe unha forma de entender e proxectar a música galega, tendendo pontes entre ritmos, culturas e xeracións». E tamén de «diversidade, creatividade e lingua galega» como un espazo de «encontro e identidade».

Difícil atopar mellores palabras para explicar o que foi Lamatumbá e o que segue significando.

Este premio é para todas e todos os que formaron parte desta historia. Para quen estivo enriba do escenario e para quen estivo diante. Para quen cantou, bailou, viaxou, organizou, empurrou e soñou.

Hoxe celebramos un premio, si. Pero sobre todo celebramos unha vida enteira facendo música.

Grazas, Rebulir. Grazas, Galicia. 🤍🩵🤍

Lamatumbá. Máis que música, unha historia compartida.

Dirección

Orense
32810

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festival Internacional Rebulir publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Festival Internacional Rebulir:

Atajos

Compartir

Categoría