Carreira da Luz

Carreira da Luz Carreira solidaria organizada polo IES Miraflores (Oleiros).

3      2   1 !!   ISTO COMEZA!! 🤪😎Vémonos esta tarde ás 20:00h no Polígono de Iñás en Oleiros. 🏃🏾💨Deixamos por aquí as d...
26/04/2024

3 2 1 !! ISTO COMEZA!! 🤪😎

Vémonos esta tarde ás 20:00h no Polígono de Iñás en Oleiros. 🏃🏾💨

Deixamos por aquí as diferentes categorías da Carreira e horarios aproximados de cada unha delas.

Non esquezades etiquetarnos nas vosas fotos ou historias 😉!

¿Aínda non te anotaches ? 👀Podes facelo de xeito presencial no IES Miraflores o mércores 24 e xoves 25 de abril de 10:10...
23/04/2024

¿Aínda non te anotaches ? 👀

Podes facelo de xeito presencial no IES Miraflores o mércores 24 e xoves 25 de abril de 10:10h a 12:30h ou ben online a través da ligazón da bio ⬆️

Calza as túas zapatillas e corre por unha boa causa !😉💪🏻

📍Polígono de Iñás (Oleiros)

🗓️ venres 26 de abril 20:00h

Hoxe contámosche un pouquiño sobre á Operación Pangono Pangono e o seu proxecto Minivan Área 49 ao que destinaremos  os ...
14/04/2024

Hoxe contámosche un pouquiño sobre á Operación Pangono Pangono e o seu proxecto Minivan Área 49 ao que destinaremos os fondos recadados na Carreira solidaria. 😄

Para poñerte en contexto, Malawi 🇲🇼 é un pequeno país do sueste africano que está actualmente entre os 10 países máis pobres do mundo.
Na Área 49 de Lilongwe, capital de Malawi, atópase a residencia para mozas estudantes de ensino secundario e universitario “Amai María”, xestionada polas misioneiras de María Mediadora.
A residencia facilítalle a 70 mozas malawianas a posibilidade de continuar os seus estudos de secundaria e universitarios na capital do país. Esta é unha moi boa oportunidade para elas xa que é moi complicado para as nenas e mozas de Malawi o acceso ás aulas e á unha formación que lles brinde a posibilidade dun futuro mellor.
Cada día, as estudantes teñen que desprazarse desde a residencia ás súas escolas e universidades 👩🏻‍🏫.O transporte público é moi precario e realízase en “Matolas” (camionetas de cabina aberta) ou “MiniVans” (Minibuses) privadas, sempre moi ateigadas de xente, sen horarios fixos, onde os accidentes son frecuentes e o prezo dos traxectos é moi alto. Ademáis, nelas as mozas sofren acotío acoso sexual, especialmente as máis novas.

Dotar a residencia de mozas estudantes “Amai María”, da Área 49 de Lilongwe, dunha MiniVan propia 🚐é o actual proxecto da Operación Pangono Pangono que permitiría o desprazamento destas ás súas respectivas escolas sen ter que compartir o vehículo, evitando o acoso sexual e dun xeito moito máis económico. Tamén permitiría adaptar os horarios dos desprazamentos ao seu horario escolar, o que diminuiría o absentismo.
A maiores, a MiniVan da Área 49 tamén podería usarse nos outros centros dos que dispoñen as misioneiras en Malawi: o hospital de Mlale e o orfanato de Chezi.

¿Qué che parece o proxecto? 😍🫶🏻

Se queres saber máis:

Anímate a correr por unha boa causa !🏃🏻‍♀️👟

Xa queda menos para a V Carreira da Luz, así que animádevos a participar e calzade as vosas zapatillas! 👟😄📍Este venres 2...
14/04/2023

Xa queda menos para a V Carreira da Luz, así que animádevos a participar e calzade as vosas zapatillas! 👟😄
📍Este venres 21 de abril, ás 20:00h no Polígono de Iñás (Oleiros).
Cada dorsal recibirá unha bolsa de abastecemento cortesía de Eroski. Para os máis pequenos, esas bolsas levarán algunha que outra sorpresa.
Todos os gañadores e gañadoras das categorías superiores serán agasallados con produtos de Revlon, aportados polo Salón de Belleza Diude de Compostela e unha chea de obsequios de Toyota material Handling.
Haberá inchables para os máis pequenos, chocolate, doces caseiros e moitas sorpresas máis 🎉.
Sortearanse unha morea de premios, así que se aínda non mercaches a túa rifa, estás a tempo de facelo estes días e o día da propia carreira...
Poderás conseguir unha estancia en Casa Amodiño (Belesar), unha comida ou cea para dúas persoas en CANTÓN 23, bonos de paseo a cabalo, tratamentos de beleza, sesións de fisioterapia e podoloxía, manicuras, pedicuras, clases gratuítas e cursiños de verán en Sup Mera, descontos nas túas compras en Tarabela roupa e complementos , pases para os pequenos en Urban Planet, dúas noites en Manzaneda e dúas en San Isidro, cortesía de Viaxes Sierra, gafas deportivas e moito máis...
Inscríbete e axuda a salvar vidas ❤️💪🏽
INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN DA CARREIRA 👀: Link na Bio ⬆️

Deixamos por aquí o percorrido, categorías e horario da carreira 🏃🏻‍♀️💨Máis información: link na bio🔼
23/03/2023

Deixamos por aquí o percorrido, categorías e horario da carreira 🏃🏻‍♀️💨

Máis información: link na bio🔼

ESTAMOS DE VOLTA! 😄👏Despois do parón por mor da pandemia volvemos con máis ganas coa V CARREIRA DA LUZ.Nesta ocasión des...
21/03/2023

ESTAMOS DE VOLTA! 😄👏
Despois do parón por mor da pandemia volvemos con máis ganas coa V CARREIRA DA LUZ.
Nesta ocasión desde o IES Miraflores tenderase unha liña de colaboración solidaria coa Fundación Diego González Rivas, entidade con selo galego, que ten como obxecto a investigación médica e que leva o nome do cirurxián que, desde hai máis dunha década, opera en calquera parte do mundo a persoas sen recursos é con enfermidades torácicas a través dunha técnica novidosa.
As cantidades que se recaden destinaranse á adquisición de material e dunha unidade móbil de cirurxía que supla as carencias é os problemas que ocorren a miúdo nos centros hospitalarios dos países máis pobres coa finalidade de salvar vidas a través de ditas intervencións.

¿ANIMASTE A PARTICIPAR? 👀

Inscricións e información da Carreira: Link na Bio ⬆️

Dirección

Polígono Industrial Iñás
Oleiros

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Carreira da Luz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría