Comarea Experience

Llamar Cómo llegar Contactar con la empresa

Comarea Experience Festival cultural en Muxía, Costa da Morte
3-6 decembro 2026

Festival na fermosa praia de Os Muíños (Muxía), paisaxes únicos dos que gozarás a ritmo de música de calidade.

COMAREA 2026🔥🌊Aquí tedes aos artistas que virán á FESTA DO INVERNO en MUXÍA!! 👇🏻🦑Aum Reggae ROSSANA Javi Rey Toja Zeltia...
28/10/2026

COMAREA 2026🔥🌊

Aquí tedes aos artistas que virán á FESTA DO INVERNO en MUXÍA!! 👇🏻🦑

Aum Reggae
ROSSANA
Javi Rey Toja
Zeltia Irevire
Bonita y Sabrosa 
Fogo Fogo
Guilherme Zapata
Imbermind
LISDEXIA
voilaaa

💫 Ademais teremos programación de coloquios e obradoiros!

👉🏻As entradas para os concertos de pago estarán dispoñibles nos próximos días! 📲👀

🔥DO 3 AO 6 DE DECEMBRO SUBIRÉMOSLLE A TEMPERATURA AO INVERNO BAILANDO🔥

27/10/2026

TICTACTICTAC para o cartel do COMAREA 👀😏🔥

Unha festa de inverno para:

descubrir músicas e estilos, achegarse aos artistas en espazos íntimos e escenarios próximos, vivir a Costa da Morte coa súas xentes, paisaxes, cultura e gastronomía, desfrutar con amigxs e en familia de actividades para todos os públicos pero, máis que nada, unha festa para bailar COMAREA

🌊🦑🤩

22/10/2026

Quen para BAILAR COMAREA este INVERNO?? 😏🌊

Na ponte de decembro 👉🏻 a festa do inverno na Costa da Morte 🔥

En breves vos contamos máis… 🌪️🤩💫

👀🌊Quen dixo que no inverno se acabou a festa?? 🧐 Este ano non vai baixar a temperatura!🔥Do 3 ao 6 de decembro en Muxía👇🏻...
19/10/2026

👀🌊

Quen dixo que no inverno se acabou a festa?? 🧐 Este ano non vai baixar a temperatura!🔥

Do 3 ao 6 de decembro en Muxía👇🏻

UNHA FESTA DE INVERNO PARA BAILAR COMAREA 🦑🦑🦑

Algúns momentos do Comarea no  💞💞💞
15/12/2025

Algúns momentos do Comarea no 💞💞💞

🤩GRAZAS!🤩Aínda estamos dixerindo todo o que vivimos esta ponte de decembro! ❤️‍🩹 Foron catro días moi bonitos de música,...
10/12/2025

🤩GRAZAS!🤩

Aínda estamos dixerindo todo o que vivimos esta ponte de decembro! ❤️‍🩹 Foron catro días moi bonitos de música, obradoiros, charlas, gastronomía, e moito máis, demostrando que no inverno tamén sabemos como pasalo ben en Muxía! 🌊🕺🏼

Comezamos co obradoiro de Djembé con e 🪘A actividade foi todo un éxito, enchéronse todas as prazas e foi moi divertido pasar unha tarde aprendendo ritmos africanos todxs xuntxs 🤗

O venres tivemos unha charla sobre a “Importancia da cultura na xuventude” na que puidemos escoitar distintos puntos de vista sobre este tema e coñecer proxectos como , e 👏🏼 Tralo coloquio tivemos concerto de cun ambientazo😀

O sábado a choiva 🌧️ deunos un respiro para a nosa xornada de recollida de lixo na praia con 🦀 Recollemos 73 kilos e medio de plásticos e lixo que despois empregamos nun taller creativo onde lles demos unha nova vida 🪢♻️ Acabamos a xornada cunha súper sesión vermú con 🥳

Á tardiña tivemos os concertos de , e B⚡️ Pasámolo moi ben e puidemos escoitar distintos estilos musicais en diferentes espazos da vila ata ben entrada a noite😇

O domingo cantamos e bailamos comarea no 🥰 Foi un día moi especial, no que comemos rico e disfrutamos dos conciertazos de , , , .and.afla, .sabrosa e . Acabamos máis que contentxs!🥹💙

Ademais este ano contamos cun grupo de pequenxs grandes reporteirxs que fixeron un traballo excepcional entrevistando a asistentes, traballadorxs e artistas 🎙️ Foi un gustazo colaborar cos máis novos e novas da vila e velos tan involucradxs 💞

🙌🏼Queremos darvos as grazas a todas as persoas que viñestes ao Comarea, así como a todas as bandas, artistas e asociacións que lle destes forma con tantas ganas e agarimo. Tamén queremos agradecer de corazón toda a dedicación da xente da vila, que un ano ano máis vos implicastes co festival, participando das actividades e traendo a vosa mellor enerxía aos concertos!😍

Grazas por facer que o sexa posible! 😊

Dirección

Mugia

Teléfono

617454956

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Comarea Experience publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Comarea Experience:

Atajos

Compartir

Eventos/locales cercanos