festival_irmandinho

festival_irmandinho Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de festival_irmandinho, Festival, Moeche.

Pensabades que este ano non iba haber suadoiros? Está claro que a camisola desta la edición precisa duns suadoiros como ...
22/05/2025

Pensabades que este ano non iba haber suadoiros? Está claro que a camisola desta la edición precisa duns suadoiros como este para combinar.

🧒🏽👧🏼Este ano temos para a rapazada miúda suadoiros en cor verde ca serigrafía en beige por diante e por atrás, dende as tallas 3/4 ata a 12/13.

🧑🏼👴🏼E para as persoas de maior porte oscurecimos un pouco o tono a un verde militar e van dende a talla S ata a 3XL.

Estes suadoiros son obra de co que abrimos colaboración este ano!!

Proximamente anunciaremos os locais onde poder mercalas. Pero xa adiantamos que estaremos cun posto na Feira do Gando Vacún do 8 de xuño que organiza o concello de Moeche. ❤️‍🔥❤️‍🔥

O pasado 28 de de febreiro rematou o concurso de carteis para a edición XLVI do Festival Irmandiño. Foron moitos os cart...
10/03/2025

O pasado 28 de de febreiro rematou o concurso de carteis para a edición XLVI do Festival Irmandiño. Foron moitos os carteis que nos chegaron ante o que queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron 🫂

Tras a deliberación dos membros do xurado, aquí vos presentamos o cartaz escollido para esta XLVI edición, un cartaz realizado pola artista Encarnación D.M. Cremos que é unha imaxe que ten forza por si sola, na que se representa ao noso Castelo co lume posto polxs irmandiñxs que están ao seu carón.
Dádelle moito ❤️‍🔥

📆Gardade a data no voso calendario
⏳E estade atentxs ás novidades porque agora si que comeza a conta atrás para o Festival Irmandiño.

Irmandiñxs! Comeza un novo ano e con él gustaríanos dar un novo impulso á A.C. Irmandiños de Moeche da vosa man.A forza ...
27/12/2024

Irmandiñxs! Comeza un novo ano e con él gustaríanos dar un novo impulso á A.C. Irmandiños de Moeche da vosa man.
A forza dunha asociación reside nos seus socios e en que eles se sintan identificados coas actividades que de fan ao longo do ano, e é por iso que vos convidamos a participar e vos faigades socios!
💶 Cota anual: 30€
🫂Beneficios dos/as socios/as: Descontos en actividades, participar en sorteos, canle informativa con primicias sobre actividades, compra anticipada de mercadotecnia, etc.
🎄Ademais, aquelas persoas que se fagan socias antes do 31/12/2024 o pago constará para toda a anualidade do 2025 e terá unha consumición de balde na festa de fin de ano 🥂

Irmandiñxs, unha vez rematado o IV Encontro Irmandiño só nos queda dicir grazas a todas as persoas que nos acompañaron n...
16/06/2024

Irmandiñxs, unha vez rematado o IV Encontro Irmandiño só nos queda dicir grazas a todas as persoas que nos acompañaron no día de hoxe 🫂 E como non, grazas a todos os colaboradores, sen eles, facer isto sería moito máis difícil: AVCR Val de Moeche, A Abella Amiga, Queixos Brigantia e Froitería Iria. Sen eles facer todo isto sería imposible. ❤️‍🔥

O XLV Festival Irmandiño está cada vez máis cerca, e con iso comezan as novidades. Sabemos que aquelas persoas que non p...
12/06/2024

O XLV Festival Irmandiño está cada vez máis cerca, e con iso comezan as novidades. Sabemos que aquelas persoas que non puideron vir á presentación do festival estades desexando coñecer os grupos que nos acompañaran este ano, asíque non nos imos facer de rogar máis.
O primeiro confirmado é o grupo pontés No Cómbaro, un grupo que estando en cartel ou non, sempre nos acompaña, e como non, nesta 45 edición quixemos que estivese presente e que todos vós poidades disfrutar deles un ano mais ao noso carón 🥁❤️‍🔥
concello

O IV Encontro Irmandiño xa está aquí, e será o domingo 16 de xuño nos arredores do Castelo, como cada ano, se o tempo o ...
29/05/2024

O IV Encontro Irmandiño xa está aquí, e será o domingo 16 de xuño nos arredores do Castelo, como cada ano, se o tempo o permite. O encontro comezará as 14.00 horas e alargarase durante toda a tarde, con moita música e troula. Ides perder a oportunidade de compartir un xantar con máis irmandiñxs nun enclave único?
Apuntádevos mandando un WhatsApp ou chamando ao 679920462 ou ao 609833934 ata o 9 de xuño.

Irmandiñxs!! Queredes saber que hai detrás deste borrón??? Achegádevos mañá, xoves, ao local social do Pereiro e desvela...
15/05/2024

Irmandiñxs!! Queredes saber que hai detrás deste borrón??? Achegádevos mañá, xoves, ao local social do Pereiro e desvelaremos en primicia aos artistas convidados á 45 edición do Festival Irmandiño!!!
🍳E xs que vos dades maña ca tixola preparade ovos e patacas! Que queremos escoller a tortilla máis saborosa de toda a volta!
As tortillas recolleranse entre as 20.30 e as 21.00h e un xurado veciñal decidirá cal de todas elas está máis deliciosa.
Vémonos mañá no local social O Pereiro 🔥

Irmandiñxs! O 23 de agosto de 1980 tivo lugar o 1º Festival Irmandiño e durante estos 45 anos pasaron moitos artistas. Q...
14/05/2024

Irmandiñxs! O 23 de agosto de 1980 tivo lugar o 1º Festival Irmandiño e durante estos 45 anos pasaron moitos artistas.
Quenes serán os artistas convidados á 45 edición do Festival Irmandiño? Poderedes saír de dúbidas, este xoves no local social do Pereiro
📍https://maps.app.goo.gl/CCGLnw7ZbyNLymgMA

Irmandiñxs, o 16 de maio ás 21.00h no local social do Pereiro faremos a presentación da 45 edición do Festival Irmandiño...
30/04/2024

Irmandiñxs, o 16 de maio ás 21.00h no local social do Pereiro faremos a presentación da 45 edición do Festival Irmandiño e daremos a coñecer en primicia os artistas convidados este ano.
Ao par da presentación do Festival, faremos un concurso de tortillas cun agasallo para a máis saborosa. E unha vez rematado o concurso dará comezo unha foliada popular na que toda aquela persoa que queira poderá participar!!!
Para o concurso de tortillas non é preciso inscribirse, haberá que entregar a tortilla entre as 20.30h e as 21.00h no propio local do Pereiro. A persoa gañadora será revelada tras a presentación desta maravillosa edición!!
Esperámosvos a todxs o xoves 16 no Pereiro!!! 🔥🔥

Irmandiñxs, para aqueles que non poidan esperar máis para equiparse para a 45 edición do Festival Irmandiño, mañá 23 de ...
22/04/2024

Irmandiñxs, para aqueles que non poidan esperar máis para equiparse para a 45 edición do Festival Irmandiño, mañá 23 de abril teremos un posto de venda na Feira do Cabalo, concretamente na nave do mercado.
Esperámosvos!! 🔥🔥

Irmandiñxs, como todos sabedes, este ano celebramos a 45 edición do Festival Irmandiño. Estamos trabándonos nas uñas par...
21/04/2024

Irmandiñxs, como todos sabedes, este ano celebramos a 45 edición do Festival Irmandiño. Estamos trabándonos nas uñas para que chegue ese día, pero mentres non chega, temos moito que contarvos. Nesta 45 edición queríamos rememorar a todas as persoas que nos fixeron bailar e brincar ao ritmo da súa música, é por iso que este ano non houbo concurso de carteis, e así puidemos preparar esta imaxe que contén o nome de todos os grupos e artistas que acudiron ao festival ao longo destes anos.
Aquí vos amosamos as camisolas e os suadoiros desta 45 edición, próximamente poderedes mercalos nos puntos de venda que indicaremos.
De momento, poñémosvos os dentes largos, con estas preciosas imaxes.
A camisola é negra co grabado en branco, as tallas infantís van da 5/6 ata a 12/13 e as de adulto dende a S á XXL.
Os suadoiros este ano son sen capucha e témolos de dúas cores, azul marino co grabado en branco e branco co grabado en azulón e a tallaxe infantil é a mesma que a das camisetas. Pero a de adulto vai dende a S á ###XL.
Agradecemos a Silvia CR que se prestase de xeito desinteresado a darlle forma á nosa idea.
Estade atentos ás nosas redes nos vindeiros días!!!!🔥🔥🔥🔥🔥

Irmandiñxs, cada vez o verán está máis preto e con iso chegan as novidades do XLV Festival Irmandiño.Por se non sabiades...
02/04/2024

Irmandiñxs, cada vez o verán está máis preto e con iso chegan as novidades do XLV Festival Irmandiño.
Por se non sabiades cando terá lugar este acontecemento, aquí vos deixamos un recordatorio para que o marquedes no calendario.
🗓️16, 17 e 18 de agosto
📍Moeche
Lembrade que na nosa páxina web ( https://xn—festivalirmandio-lub.gal/) podedes ver a conta atrás.

Dirección

Moeche
15563

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando festival_irmandinho publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría