Mar da Illa de Samertolameu

Cómo llegar

Mar da Illa de Samertolameu Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Mar da Illa de Samertolameu, Evento, Parque de Samertolameu, Moaña.

O Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu, organizado pola Asociación de Veciños Nova Meira coa participación do Concello de Moaña, nace coa aspiración de difundir, irmanar e pór en valor as culturas de raíz propias e alleas.

O MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO puxeron o broche de ouro á primeira edición deste Festival Internaciona...
05/07/2026

O MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO puxeron o broche de ouro á primeira edición deste Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu organizado pola A.V. Novameira, coa participación do Concello de Moaña e as axudas da Comunidade de Montes de Meira, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, nacido coa aspiración de difundir, irmandar e pór en valor as culturas de raíz propias e alleas. Grazas a todas as persoas que dalgún xeito participaron nesta edición.

📸 Anna R Figueiredo

Noite de música e danza no Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu: nas imaxes a A.C. PARRANDA E...
05/07/2026

Noite de música e danza no Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu: nas imaxes a A.C. PARRANDA EL LEBRILLO co CORPO DE BAILE EL ÁLAMO das Illas Canarias e a entrega de agasallos ás compañías e bandas participantes.

📸 Anna R Figueiredo

Teatro de ningures navegou na segunda xornada do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu con “O ...
05/07/2026

Teatro de ningures navegou na segunda xornada do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu con “O BUSCADOR DE ILLAS”, unha peza para toda a familia coa que Ningures fixo navegar a nosa imaxinación.

📸Anna R Figueiredo

XAVIER BLANCO acompañado por RAÚL RODRÍGUEZ pecharon as primeira xornada do Festival Internacional das Culturas Mar da I...
04/07/2026

XAVIER BLANCO acompañado por RAÚL RODRÍGUEZ pecharon as primeira xornada do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu.

"En Raíz" é unha representación de música identitaria galega liderada polo mestre Xavier Blanco, figura indiscutible da musica de raíz galega, acompañado polos músicos Salva Meira e Oscar Martínez. Contou ademáis coa participación especial do recoñecido guitarrista Raúl Rodríguez, antropólogo musical e creador do Tres flamenco, que na súa dilatada carreira ten traballado con outros artistas de renome como Kiko Veneno, Santiago Auserón e, de maneira especial, coa súa nai, a artista Martirio da que herdou o amor pola música.

Hoxe SÁBADO 4 DE XULLO continúan as actuacións a partir das 21.00:
21.00 TEATRO DE NINGURES presenta “O BUSCADOR DE ILLAS”, Galiza.
22.30 A.C. PARRANDA EL LEBRILLO co CORPO DE BAILE EL ÁLAMO, Illas Canarias.
24.00 MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO, México.

📷 Anna R Figueiredo

A Banda d'além procedente de Madeira, abriu onte as sesións musicais do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa ...
04/07/2026

A Banda d'além procedente de Madeira, abriu onte as sesións musicais do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu en Meira.

A música da BANDA D’ALÉM intégrase nunha dinámica musical de reinvención do cancioneiro poético-musical de Madeira e de Porto Santo. Deste xeito, o grupo pretende perpetuar e reinventar esa memoria das vivencias do pobo madeirense.

Hoxe SÁBADO 4 DE XULLO continúan as actuacións a partir das 21.00:
21.00 TEATRO DE NINGURES presenta “O BUSCADOR DE ILLAS”, Galiza.
22.30 A.C. PARRANDA EL LEBRILLO co CORPO DE BAILE EL ÁLAMO, Illas Canarias.
24.00 MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO, México.

📷 Anna R Figueiredo

Tanxarina Títeres abriu a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu con “TITIR...
04/07/2026

Tanxarina Títeres abriu a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu con “TITIRICIRCUS”, unha fantástica peza para toda a familia que conta con máis de 1500 representacións convertíndose na obra mais representada do teatro galego.

Hoxe SÁBADO 4 DE XULLO continúan as actuacións a partir das 21.00:
21.00 TEATRO DE NINGURES presenta “O BUSCADOR DE ILLAS”, Galiza.
22.30 A.C. PARRANDA EL LEBRILLO co CORPO DE BAILE EL ÁLAMO, Illas Canarias.
24.00 MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO, México.

📷 Anna R Figueiredo

04/07/2026
HOXE VENRES ás 21.00 arranca a primeira edición do Festival Internacional das Culturas MAR DA ILLA DE SAMERTOLAMEU. Será...
03/07/2026

HOXE VENRES ás 21.00 arranca a primeira edición do Festival Internacional das Culturas MAR DA ILLA DE SAMERTOLAMEU. Será no parque de Samertolameu de Meira este venres 3 e sábado 4 de xullo, e conta con zona de lecer, mostra de artesanía e coas seguintes actuacións:

VENRES 3 DE XULLO
21.00 TANXARINA TÍTERES presenta “TITIRICIRCUS”, Galiza.
22.30 BANDA D'ALEM, Madeira, Portugal.
24.00 XAVIER BLANCO "En Raíz" co artista convidado RAÚL RODRÍGUEZ, Galiza-Andalucía.

SÁBADO 4 DE XULLO
21.00 TEATRO DE NINGURES presenta “O BUSCADOR DE ILLAS”, Galiza.
22.30 A.C. PARRANDA EL LEBRILLO co CORPO DE BAILE EL ÁLAMO, Illas Canarias.
24.00 MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO, México.

Podedes seguir as novas do evento nos perfís de Facebook e Instagram:

Este festival está organizado pola A.V. Novameira coa participación do Concello de Moaña e as axudas da Comunidade de Montes de Meira, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, e nace coa aspiración de difundir, irmandar e pór en valor as culturas de raíz propias e alleas.

Dirección

Parque De Samertolameu
Moaña
36955

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mar da Illa de Samertolameu publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría