FIM · Festival Intercéltico do Morrazo

FIM · Festival Intercéltico do Morrazo O FIM · Festival Intercéltico do Morrazo celebrará neste 2026 a súa 42ª edición. Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar entre o 22 e o 26 de xullo.

Paralelamente aos concertos do FIM, do 22 AO 26 DE XULLO CHEGA A 5ª EDICIÓN DE A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tr...
04/04/2026

Paralelamente aos concertos do FIM, do 22 AO 26 DE XULLO CHEGA A 5ª EDICIÓN DE A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional, que contará con presentacións, expositores, obradoiros, desfiles e actuacións de música e danza tradicional, organizada pola Asociación MOAÑA Antiqua e o Concello de Moaña coa colaboración de Gallaecia e a Deputación Pontevedra.

Mércores 22, 20.45 desfile e actuacións:
GAITEIROS DE MOAÑA, BREOGÁN, SOLAINA e CHARAVISCAS.

Xoves 23, 20.45 desfile e actuacións:
ARCO DA VELLA, MEIRAMAR AXÓUXERES, SALGHARITAS e SON DE NÓS.

Venres 24
18.30 OBRADOIRO DE PANDEIRETA E CUNCHAS, obradoiro con Guillerme Inácio Costa de Arredor da Tradición.*
19.30 TAPIZ 42 FIM de Alfombristas de San Martiño-Moaña, inauguración.
20.00 DANZAS DO MUNDO, obradoiro con Suso Cancelas e o grupo AS PÍAS.*

Sábado 25
12.30 OBRADOIRO DE WHISTLE, obradoiro con Anxo Lorenzo.*
20.00 OBRADOIRO BAILE GALEGO, obradoiro con Manolo Cobas e o grupo de gaitas Os Muiñeiros.*

Domingo 26
10.00 MOAÑA, PAISAXE E SON: ruta Río da Fraga, o río grande coa Fundación Legar, inscrición: WhatsApp 622 832 237.
11.30 OBRADOIRO DE ZANFONA, obradoiro con Iván Costa.*
13.00 UNTO VELLO, Actuación en sesión vermú.
17.30 OBRADOIRO DE TRÉCOLAS, obradoiro con Xavier Blanco, Fundación Legar.*
19.00 OBRADOIRO DE GAITA, obradoiro con Iván Costa.*
20.00 NA FESTA DA MOA, Escola da Música Tradicional de Moaña e a Banda Airiños do Morrazo.

*Todos os obradoiros son de balde: Os obradoiros de pandeireta, whistle, zanfona e gaita teñen cabida máxima para 25 persoas e o de trécolas para 18 persoas; celebraranse na sala de exposicións do Concello Vello e precisan inscrición previa no correo: [email protected].
Os obradoiros de Danzas do Mundo e Baile Galego celebraranse no contorno do Palco da Música.

O FIM · Festival Intercéltico do Morrazo chega este ano á súa 42ª edición. Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar...
28/02/2026

O FIM · Festival Intercéltico do Morrazo chega este ano á súa 42ª edición. Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar do 22 ao 26 de xullo de 2026. Un festival onde o público poderá g***r dos concertos e das actividades paralelas sen restricións de acceso e de balde. O cartel de concertos do 42 FIM contará cun total de catro actuacións con representación do Reino Unido, asturiana e galega.

VENRES 24 DE XULLO · 22.00 h.

De Ninghures son unha das bandas referentes da potente e rica escena do folk galego actual. Mesturan mestría musical e actitude desenfadada, sorprendendo coas súas voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, cunha particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.

CORQUIÉU é un referente da música asturiana. Desde 1997 levaron a súa música por multitude de festivais, destacando o Space Marine do Festival de Lorient, o Celtic Connections de Glasgow, Tonder Folk Fest de Dinamarca, Illas Shetland en Escocia... Música de composición cun directo dinámico que respecta os patróns da música tradicional asturiana.

SÁBADO 25 DE XULLO · 22.00 h.

Despois de 30 anos, Flook non abandoa a súa brillantez, o seu dinamismo ou o seu estilo inventivo. Os whistles e frautas de Brian Finnegan e Sarah Allen, a guitarra de Ed Boyd e o bodhran de John Joe Kelly, tecen e viran melodías arraigadas na tradición sobre ritmos acústicos precisos, cunha distintiva mestura de brillantez técnica, delicada interacción de conxunto e unha imaxinación audaz e aventureira.

Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país. Co seu álbum debut, ARDĒN, acada o recoñecemento unánime de público e crítica, tamén o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 e o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025. En 2025 Mondra lanza DE RONDA: persoal e íntimo, á vez que irreverente e desenfadado; un traballo autoral sempre en diálogo con elementos da tradición oral galega.

Complementando os concertos do FIM, do 22 ao 26 de xullo chega a quinta edición de A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional que contará con presentacións, expositores, obradoiros, desfiles e actuacións de música e danza tradicional, organizada pola Asociación MOAÑA Antiqua e o Concello de Moaña.

Camiñando cara ao 42 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo
04/12/2025

Camiñando cara ao 42 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo

Está prevista su celebración para los días 24 y 15 de julio

05/08/2025
Dende o Concello de Moaña queremos poñer en valor e agradecer o traballo desenvolvido polo alumnado e mestres do OBRADOI...
01/08/2025

Dende o Concello de Moaña queremos poñer en valor e agradecer o traballo desenvolvido polo alumnado e mestres do OBRADOIRO DE EMPREGO MOAÑA LABORA HOSTALARÍA, seleccionando, elaborando e presentando as bebidas e os petiscos que degustaron as e os artistas participantes nos concertos do 41 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo, poñendo así en práctica os coñecementos adquiridos nestes meses de formación.

  Queremos agradecervos a todas as persoas que dun xeito ou outro participastes neste 41 FIM · Festival Intercéltico do ...
29/07/2025

Queremos agradecervos a todas as persoas que dun xeito ou outro participastes neste 41 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo. Nomeadamente a Suso Costas, presentador dos concertos do FIM; a Danilo, a nosa navalla suíza sempre disposto a botar un cable; a Xavier Blanco, Manolo Cobas, Anxo Lorenzo, Suso Cancelas, Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio polos fantásticos obradoiros; a Lito Carballo, Mestre Gaiteiro de Moaña; a Afouta, aos Muiñeiros e aos grupos folclóricos de Moaña pola súa colaboración; á xente dos postos, a PlayPlan e a Protección Civil de Moaña polo magnífico traballo realizado; a MOAÑA Antiqua, pola organización de A MOA.
E, finalmente, a todas e todas vós, aos milleiros de persoas que asististes como público a g***r das actividades e concertos facendo gala dun comportamento exemplar.
Vémonos no 42 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo!

A Asociación Cultural Lembranzas da Ría co espectáculo "O ciclo do ano", puxo o peche perfecto ás actividades de A MOA d...
28/07/2025

A Asociación Cultural Lembranzas da Ría co espectáculo "O ciclo do ano", puxo o peche perfecto ás actividades de A MOA dentro do 41 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo, unha homenaxe ás mulleres transmisoras da nosa cultura popular.

📸 Diego Seixo

Non cho imos contar porque estabas alí, así que isto non é unha reportaxe, é un álbum de recordos dos centos de cousas q...
28/07/2025

Non cho imos contar porque estabas alí, así que isto non é unha reportaxe, é un álbum de recordos dos centos de cousas que aconteceron sobre o escenario e dos milleiros de sensacións que as TANXUGUEIRAS espertaron entre o público do 41 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo o día que volveron a tomar o seu escenario en Moaña.

📸 Diego Seixo

O concerto das TANXUGUEIRAS por Fran G. Sas no Faro de Vigo - Morrazo.
27/07/2025

O concerto das TANXUGUEIRAS por Fran G. Sas no Faro de Vigo - Morrazo.

O de Ross Ainslie & Tim Edey non foi un concerto, foi un contaxio masivo de enerxía positiva, un máster de como gañarse ...
27/07/2025

O de Ross Ainslie & Tim Edey non foi un concerto, foi un contaxio masivo de enerxía positiva, un máster de como gañarse ao público en trinta segundos, o que tardaron en acelerar de cero a mil os seus instrumentos ...a guinda do pastel foi o cameo de Anxo Lorenzo para pechar un concerto trepidante.

📸 Diego Seixo

De lenda, Dervish encheron o FIM · Festival Intercéltico do Morrazo das tradicións musicais do noroeste de Irlanda.A for...
27/07/2025

De lenda, Dervish encheron o FIM · Festival Intercéltico do Morrazo das tradicións musicais do noroeste de Irlanda.
A formación, encabezada por unha das cantantes máis recoñecidas do seu país, a hipnótica Cathy Jordan, mostrou en Moaña porque está considerada como unha das bandas máis importantes da música irlandesa a nivel internacional.

📸 Diego Seixo

Dirección

Festival Intercéltico Do Morrazo
Moaña
36950

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando FIM · Festival Intercéltico do Morrazo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a FIM · Festival Intercéltico do Morrazo:

Compartir

Categoría