05/05/2026
✨ Este ano temos pregoeiro de luxo na Festa do Melindre! ✨
López Vila (1964), xornalista cunha longa traxectoria nos medios, será o encargado de dar o pistoletazo de saída á nosa festa máis doce 🍯
Fillo de galegos emigrados ao País Vasco e licenciado en Xornalismo, leva desde 1988 formando parte da Radio Galega, onde deu voz e contexto á actualidade a través de programas como ‘A Crónica’. Na actualidade, segue achegándonos historias e realidades no espazo ‘A Crónica de Proximidade’, cada venres ás 20:00 horas.
Ao longo da súa carreira tamén pasou por Radio Euskadi e outras emisoras, ademais de colaborar habitualmente en xornais de Galicia e do País Vasco, deixando pegada co seu estilo próximo e comprometido.
Pero se hai algo que o une especialmente a nós é o seu vínculo con Melide 💛 A través da súa familia, e co corazón posto na nosa vila, é habitual velo por aquí, sempre levando o nome de Melide alá onde vai.
Un pregoeiro que coñece, sente e conta o noso 💫