Cómo llegar Página web

Abanea Festival de Danza e Artes do Movemento
Xullo / Julio /July - 2023
Queres saber mais?

Cunha gran tristeza, despedimos a Xián Martínez bailarín, creador prolífcio galego e tamén amigo X i á n i X aGrazas Xiá...
19/10/2026

Cunha gran tristeza, despedimos a Xián Martínez bailarín, creador prolífcio galego e tamén amigo X i á n i X a

Grazas Xián por todo o compartido.
Foi un orgullo acoller OLLOS CARA ADENTRO na programación e tamén terte preto do festival coa túa enerxía e a túa forma de acompañar formando parte desa rede de persoas que, desde a cercanía, fan posible que un festival aconteza. Grazas por soster o que moitas veces só se ve cando xa está feito.

Quédanos a pena de non poder seguir vendo medrar o teu traballo.

Ímoste botar moito de menos, Xián.

Moito amor para a túa familia, amizades e compañeiras e compañeiros de profesión.

𝐄𝐐𝐔𝐈𝐏𝐀 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐄𝐀 Hai unha danza que non sempre se ve. Unha coreografía feita de chamadas, encontros, coidados e decisións q...
11/09/2026

𝐄𝐐𝐔𝐈𝐏𝐀 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐄𝐀

Hai unha danza que non sempre se ve. Unha coreografía feita de chamadas, encontros, coidados e decisións que sosteñen. Un movemento silencioso que acontece moito antes de que se acendan as luces e que continúa cando o escenario xa quedou baleiro.

A equipa de Abanea foi ese motor invisible que fixo posible cada encontro, cada conversa e cada experiencia compartida. Unha rede de persoas que, desde lugares distintos, traballou cun mesmo impulso: crear espazos para a danza, para a comunidade e para o encontro.

📸: sabela eiriz

Concello de Ames
Concello de Outes
Concello da Guarda
Concello de Foz
Celanova Concello
mocultura Cultura de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais Ministerio de Cultura

𝐏𝐔𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎 A danza nace no movemento, pero complétase na mirada. Cada xesto, cada silencio e cada respiración atopan eco no...
28/08/2026

𝐏𝐔𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎

A danza nace no movemento, pero complétase na mirada. Cada xesto, cada silencio e cada respiración atopan eco no público, que non observa desde fóra, senón que forma parte do acontecemento.

Porque quen asiste tamén sostén. Coa súa presenza, coa súa atención e coa súa emoción, convértese nese outro corpo que acompaña a escena e lle dá sentido. A danza sucede entre quen baila e quen mira, nese espazo invisible onde se comparte algo que non pode repetirse do mesmo xeito.

Por iso, cada aplauso é moito máis ca un agradecemento. É a pegada dun encontro. A certeza de que, durante un instante, habitamos xuntas un mesmo movemento.

📸: sabela eiriz

Concello de Ames
Concello de Outes
Concello da Guarda
Concello de Foz
Celanova Concello
mocultura Cultura de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais Ministerio de Cultura

canleabane

𝐅𝐎𝐑𝐎 𝐄 𝐂𝐎́𝐂𝐓𝐄𝐋 Abanea abriu tamén un espazo para a conversa e o intercambio a través dun foro de danza que reuniu profes...
25/08/2026

𝐅𝐎𝐑𝐎 𝐄 𝐂𝐎́𝐂𝐓𝐄𝐋

Abanea abriu tamén un espazo para a conversa e o intercambio a través dun foro de danza que reuniu profesionais, creadoras e público arredor das inquietudes, retos e posibilidades do sector. A xornada continuou cun cóctel compartido, un momento distendido para seguir tecendo vínculos, intercambiar ideas e celebrar o encontro máis alá dos escenarios.

📸: sabela eiriz

Concello de Ames
mocultura Cultura de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais Ministerio de Cultura

𝐂𝐀𝐍𝐋𝐄 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐄𝐀 Ao longo do festival, Happening Canle Abanea, con Carlota Mosquera  ao fronte, capturou os encontros, os de...
21/08/2026

𝐂𝐀𝐍𝐋𝐄 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐄𝐀

Ao longo do festival, Happening Canle Abanea, con Carlota Mosquera ao fronte, capturou os encontros, os detalles e aqueles instantes inesperados que fan única cada edición. A través de pílulas audiovisuais creadas en tempo real, construíu unha ponte entre o público presencial e o virtual, compartindo nas redes unha mirada próxima, espontánea e chea de humor sobre o que acontecía en Abanea.

📸: sabela eiriz

Concello de Ames
Concello de Outes
Concello da Guarda Cultura A Guarda
Concello de Foz
Celanova Concello
mocultura Cultura de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais Ministerio de Cultura

𝐏𝐈𝐒𝐓𝐀 𝐃𝐄 𝐁𝐀𝐈𝐋𝐄 Ao remate de cada xornada, Pista de Baile converteu o espazo escénico nun lugar de encontro e celebración...
18/08/2026

𝐏𝐈𝐒𝐓𝐀 𝐃𝐄 𝐁𝐀𝐈𝐋𝐄

Ao remate de cada xornada, Pista de Baile converteu o espazo escénico nun lugar de encontro e celebración compartida. Entre música, movemento e participación, artistas, veciñanza e público reuníronse para habitar a danza doutro xeito: como festa, como xogo e como comunidade. Un peche vivo e imprevisible no que o festival continuou a latexar máis alá da escena.

📸: sabela eiriz

Concello de Ames
Concello de Outes
Concello da Guarda Cultura A Guarda
Concello de Foz
Celanova Concello
mocultura Cultura de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais Ministerio de Cultura

Os grandes acontecementos merecen grandes finais. Grazas Celanova por ser o peche de ouro doutra edición fantástica.🤍Ata...
13/07/2026

Os grandes acontecementos merecen grandes finais. Grazas Celanova por ser o peche de ouro doutra edición fantástica.🤍

Ata o ano que vén!





📸:


mocultura

canleabanea

13/07/2026

⭐XORNADA 5⭐
Canle abanea con.... Toda a equipa!!

5 localidades, 4 provincias, decenas de artistas e moitos kilómetros, chegou ao seu fin ABANEA 2026.

GRAZAS POR ABANEAR CONNOSCO

Artistas onte en Celanova




✨Nota de
Onte non puiden estar na derradeira xornada da edición, e quero agradecer de todo corazón a equipa do festival, por entender, por apoiar, por remar a favor. Só chorei un pouquiño editando este vídeo. Sodes un viveiro para que agrome a creatividade.
mocultura

Derradeira xornada.Rematamos a edición co corazón cheo, cunha pista de baile que nos deixou con moitas ganas do ano que ...
13/07/2026

Derradeira xornada.

Rematamos a edición co corazón cheo, cunha pista de baile que nos deixou con moitas ganas do ano que vén.

Grazas 🤍

📸:


mocultura

12/07/2026

⭐XORNADA 4⭐

Canle Abanea!

Despois dun año cambiando de espazo, puidemos volver al Pradón de Ramos. Non hai nada como abanear fronte ao mar. 🌊


ARTISTAS




Hoxe, coa aparición especial das nosas e , videografa e fotógrafa, para que coñezades á xente que normalmente está detrás das cámaras. 🩵

SEGUIMOS ABANEANDO!
mocultura

Dirección

La Guardia

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Abanea publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría