Viñetas desde o Atlántico

Viñetas desde o Atlántico Festival de Banda Deseñada / Festival de Cómic / Comic Festival. Festival Internacional da banda deseñada. A Coruña, do 12 ao 18 de agosto de 2024.

A Coruña, cidade de cómic.

Que se non me deu tempo, que se non me enterei, que se patatín, que se patatán... A ver, logo non digades que non avisam...
16/09/2026

Que se non me deu tempo, que se non me enterei, que se patatín, que se patatán... A ver, logo non digades que non avisamos ⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️

Quedan estas 4 visitas guiadas ás expos do Kiosco Alfonso e sala Palexco + outras 2 sen data fixada. Escribide un correíño a [email protected] e desfrutádeas 😍😍😍

E o resto das expos? Pois en visita libre ata o 27 de setembro 💥💥💥💭💭💭 Que non se vos escapen, xentiña amante da banda deseñada!!

Por avisar, que non quede 🤭🤭🤭🤭



Cultura Coruña

Sabemos que é luns, así que aquí vos deixamos boas noticias para as vosas axendas 🎉🎉🎉O vindeiro día 25, venres, teremos ...
14/09/2026

Sabemos que é luns, así que aquí vos deixamos boas noticias para as vosas axendas 🎉🎉🎉

O vindeiro día 25, venres, teremos unha programación moi intensa xusto na recta final do Viñetas que xa podedes ver na nosa web dende hai semanas e non queremos que vos perdades nadiña ⚠️⚠️⚠️

Na Fundación Luis Seoane teremos doble programación:

❤️‍🔥 Visita guiada á exposición 'Cómic palestino. Voces propias, grito colectivo', ás 13.00 h.
❤️‍🔥 Faladoiro: 'Radiografía do cómic en Palestina.

Ambas as dúas propostas, da man de Pedro Rojo, da fundación Al Fanar, colaboradora destas actividades e na organización desta mostra dentro do Viñetas.

📝📝📝 Anotade ben na axenda e non o perdades!!!

O primeiro dos dous roteiros da memoria incluídos na programación do Viñetas deste ano foi unha ocasión única para profu...
12/09/2026

O primeiro dos dous roteiros da memoria incluídos na programación do Viñetas deste ano foi unha ocasión única para profundizar na historia da cidade. Grazas á Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e a David Lozano por colaborar con nós e organizar unha actividade tan necesaria.

Houbo tempo para falar de arte, de banda deseñada, pero por suposto, sobre todo, para coñecer en profundidade a historia dunha vida cultural truncada por un golpe de estado e de familias e persoas loitadoras que sufriron a represión da ditadura.

Grazas a Beatriz Trillo, neta de Beatriz González, viúva de André García, represaliado polo franquismo; a Rafael Toba, cineasta e profundo coñecedor desta etapa histórica; a Carmela Galego e María Xosé Bravo, da agrupación cultural Alexandre Bóveda e a Pilar Otero, neta de Josefa Paz e Juan Antonio Otero, represaliados pola ditadura.

Fermosa e necesaria a actividade de hoxe, que contou tamén coa presenza de Manel Cráneo, director do festival. Lembrade que o día 26 tedes ocasión de desfrutala de novo ❤️❤️❤️❤️

10/09/2026

Velaquí un pequenísimo petisco do que poderedes desfrutar e descubrir se vos inscribides nos roteiros da memoria dos sábados 12 e 26 dentro da programación do Viñetas e da man da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

Novelas gráficas que atopan sentido novo nos escenarios humáns da nosa cidade, da man de David Lozano, da ARMH.

Ademais de Lozano, contaremos neste roteiro coa presenza de Beatriz Trillo, neta de Beatriz González Villar, viúva de André García Ferreiro, represaliado polo franquismo; Rafael Toba, cineasta e membro da asociación cultural Alexandre Bóveda e Pilar Otero, neta de Josefa Paz, represaliada pola ditadura.

Inscricións en [email protected]

Agardámosvos o sábado ás 12.00 diante do Kiosco Alfonso.


coruna

E por aquí vos deixamos un recordatorio de outra actividade estupendérrima que temos programada por partida doble este m...
09/09/2026

E por aquí vos deixamos un recordatorio de outra actividade estupendérrima que temos programada por partida doble este mes. Sábados 12 e 26, roteiros da memoria que aúnan banda deseñada e memoria histórica 💥💥💥💥

Da man de David Lozano, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) poderemos percorrer diferentes espazos da cidade conectados con algunhas novelas gráficas que xiran en torno a esta temática.

Podedes (e debedes) inscribirvos no correo [email protected]

Agardámosvos!!!
Cultura Coruña
Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica.

🎼📚Ópera e banda deseñada danse a man de novo nunha fantástica colaboración 💥💥 Esta mañá presentouse no Kiosco Alfonso a ...
08/09/2026

🎼📚Ópera e banda deseñada danse a man de novo nunha fantástica colaboración 💥💥 Esta mañá presentouse no Kiosco Alfonso a reedición da adaptación á banda deseñada da ópera Jenůfa, impulsada por Amigos de la ópera de A Coruña, da man do festival Viñetas desde o Atlántico.

No acto interviron o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro; o director do festival, Manel Cráneo; e o director artístico de Amigos de la Ópera, Aquiles Machado. Foi nun evento que pecharon os cantantes Vanessa Goikoetxea, Alejandro Roy e Joan Laínez, que interpretaron varios extractos da ópera de Leoš Janáček, que se representa este mes na Coruña.

O libro que se presentou esta mañá, da autoría de Leo Sandler e Alejandro Farias, foi editado orixinalmente por LocoRabia en Arxentina.

Seguide atentxs ás nosas redes e á nosa web porque as actividades siguen todo o mes no Viñetas 📚💥

💥💥💥Acto aberto ao público mañá, martes, 8, ás 12.30 no Kiosco Alfonso.Presentaremos da man da asociación Amigos de la Óp...
07/09/2026

💥💥💥Acto aberto ao público mañá, martes, 8, ás 12.30 no Kiosco Alfonso.

Presentaremos da man da asociación Amigos de la Ópera a reedición da versión en banda deseñada da ópera Jenůfa. Unha pequena xoia que se reedita grazas ao impulso da entidade lírica coruñesa.

Vinde descubrir con nós os segredos deste libro e da ópera que se representará os días 17 e 19 na Coruña 🎼📚

Banda deseñada+ópera??? Un sí rotundo.



Cultura Coruña
Amigos de la Ópera de A Coruña

🎉🎉🎉Nin unha, nin dúas, nin tres... temos ata 8 visitas guiadas polas exposicións da sala municipal Palexco e do Kiosco A...
05/09/2026

🎉🎉🎉Nin unha, nin dúas, nin tres... temos ata 8 visitas guiadas polas exposicións da sala municipal Palexco e do Kiosco Alfonso nas 3 vindeiras semanas.

Os xoves pola tarde, no Kiosco Alfonso e os venres na sala Palexco e ademais, todavía quedan 2 visitas máis sen data nin hora fixadas para adaptalas ás entidades ou grupos que as soliciten.

Escribe un correíño a [email protected] e desfrútaas ❤️❤️❤️

Se tiñas dúbidas, seguro que os fotonacos de algunhas destas mostras de Alberte Peiteavel xa chas despexaron. alberte peiteavel

❤️💥

Cultura Coruña

Artistas, artistas, artistazxs temos en toda A Coruña. Nenos e nenas de 6 a 12 anos, aquí tedes a programación completa ...
04/09/2026

Artistas, artistas, artistazxs temos en toda A Coruña. Nenos e nenas de 6 a 12 anos, aquí tedes a programación completa de obradoiros en torno aos Simpsons neste mes de setembro 🎨🎨🎨

Serán na sala municipal de exposicións Palexco os sábados ás 12.00 e todavía quedan prazas para todas as sesións 🎉🎉🎉🎉

Completade os vosos plans de fin de semana enviando un correo a [email protected] para inscribir aos vosxs peques.

Con Xoana Pousa e Chano Ripio e grazas á colaboración coa incrible equipa de Autobán 💭💭💭💭💭💭💭

Cultura Coruña
Autobán

🔥 Imos ao grao: temos 4 obradoiros infantís os sábados pola mañá na sala municipal de exposicións Palexco e queremos que...
03/09/2026

🔥 Imos ao grao: temos 4 obradoiros infantís os sábados pola mañá na sala municipal de exposicións Palexco e queremos que os desfrutedes. Enviade un correíño a [email protected] e aproveitade que hai prazas libres 🏃‍♀️🏃‍♂️

⚠️Se tedes na casa cativada de entre 6 e 12 anos con ganas de debuxar e interesada no universo dos Simpsons isto interésavos ❤️❤️

💥 Deseña un Simpson para levar contigo, da man de Xoana Pousa. Sábados 5 e 12 de setembro ás 12.00.

💥Debuxa a túa historia dos Simpson, con Chano Ripio. Sábados 19 e 26 de setembro, ás 12.

Os 4 obradoiros serán na sala Palexco e se organizan en colaboración coa fantástica xente de Autobán 💥❤️

Bulide porque setembro é un mes duro e as propostas culturais son máis necesarias ca nunca!!!

💭💭💭💭

Dirección

La Coruña

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Viñetas desde o Atlántico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Viñetas desde o Atlántico:

Atajos

Compartir

Categoría