15/08/2026
🎵 XLVII FESTA DO GAITEIRO - SOUTELO DE MONTES
📅 22 de agosto de 2026
▪️11:00h - 11:30h: Pasarrúas da BANDA DE GAITAS DE FORCAREI.
▪️11:30h - 11:45h (Auditorio): Inicio dos actos, presentación oficial da nova ubicación do mural de Avelino Cachafeiro e presentación da réplica do chaleco de Castor Cachafeiro.
▪️12:00h - 12:45h (Praza dos Gaiteiros): Acto central con apertura institucional, pregón a cargo de David Bellas, entrega das Medallas do Gaiteiro de Soutelo (Avelino Alberte, Francisco Alberte, Xosé Manuel Rivas Troitiño e Rubén Troitiño) e peche do acto.
▪️12:45h - 13:45h (Praza dos Gaiteiros): Actuación da Asociación Cultural e Folclórica O FIADEIRO (Programa da Xunta de Galicia - AGADIC).
▪️14:00h (Parque Venezuela): XANTAR POPULAR ("trae o teu xantar ou encarga o menú").
🥘 Se levas ti a comida, podes reservar mesa chamando ao: 655 919 196
🍴 Se prefires encargar a comida, podes facelo en A Fuchela chamando ao: 646 072 119
▪️16:00h - 17:00h (Parque Venezuela): Actuación de OS CHARANGHAITOS.
▪️17:15h - 18:15h (Parque Venezuela): Actuación de 7 FERRADOS.
▪️ 18:15h - 19:15h (Parque Venezuela): Ruada aberta.
▪️19:30h (Praza dos Gaiteiros): Actuación da Asociación Cultural SADEO (Música e baile).
▪️21:00h (Praza dos Gaiteiros): Concerto de XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE (Programa +Música da Deputación de Pontevedra).
Organiza: Concello de Forcarei.
Colaboran: Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Deputación Pontevedra, +Música e ABANCA.