Eidos de Outono

Eidos de Outono Poesía, danza e música. Natureza e identidade.

29 e 30 outubro 2022

O Courel O libro do Courel (Editorial Galaxia).

Eidos de Outono presenta unha escolma de músicas contemporáneas marcada pola vangarda e a diversidade de estilos, vinculándose á singularidade e identidade do territorio no que se desenvolve o festival. Eidos de Outono é a extensión musical do Festival dos Eidos, que se vén celebrando dende 2015 no Concello de Folgoso do Courel, Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel. Coincidindo co tempo dos

magostos, os Eidos de Outono preséntanse como a celebración da música e da expresión artística no impoñente marco natural da Serra do Courel. A romaría do século XXI que aposta pola diversidade, a convivencia , a antidisciplinariedade e o exaltación da identidade propia en diálogo permanente coa comunidade global. O “eido” é unha palabra capital da cultura labrega galega que refire ao mesmo tempo a propiedade individual e a pertenza comunitaria. Esta guía ancestral é a que nos urxe a recoller a herdanza dinamizadora do poeta Uxío Novoneyra, quen dende 1955 alentou a presenza do xenio creativo na remota montaña luguesa coa publicación de Os Eidos. As actividades terán lugar en dous escenarios da serra: a Praza do Concello en Folgoso, baixo carpa de concertos, e a Casa-museo Uxío Novoneyra, na aldea de Parada. Aquí, na Casa da Fonte, haberá unha lectura do libro dos Eidos e mais o xa clásico roteiro de avistamento de aves, no que o biólogo Xabier Vázquez Pumariño nos desvelará os segredos dos paxaros no outono. A cantante Uxía repasará, nun directo en formato cuarteto, o repertorio do álbum UXÍA-O (2017) no que se mesturan música, poesía, pintura e fotografía, unha particular homenaxe ao poeta do Courel onde resoan a muiñeira, o ragtime, os alalás e o reggae. Uxía canta os versos que son "unha música do cosmos, da fráxil feitura dos seres, da escoita do silencio que fala a quen queira entendelo, da revelación e do himno." UXÍA-O foi galardoado Mellor Álbum en Galego nos Premios de la Música Independiente MIN e Premios Martín Códax da Música 2018. Eidos de Outono achega tamén ao Courel un nome recorrente e imprescindible nos festivais de máis sona deste ano, os Califato 3/4, artífices dunha versión propia e singular do folclore andaluz que olla tanto o pasado coma o futuro a través da memoria e a mestizaxe. A xira da banda sevillana está arrasando co seu folclore futurista, a súa frescura e autenticidade, e o seu directo é pura marabilla. Rodrigo Cuevas, verdadeiro tsunami na música dos últimos anos. Axitación folclórica e electrónica, humor, hedonismo e celebración dos dereitos innegociables. Con fermosas coreografías e unha posta en escea única, Trópico de Covadonga é un espectáculo que nos eclipsa tanto pola súa categoría musical como pola súa necesaria impronta discursiva. Wöyza & The Galician Messengers parten dun repertorio tradicional galego, no que fusionan o soul, o gospel, o hip hop e a danza urbana co patrimonio musical e inmaterial galego (Códax, C.Enríquiez, Los Tamara, Emilio Cao) Estas cancións foran presentadas en directo en Frankfurt en 2018. En 2021, o proxecto medra con novas adaptacións de textos clave da herdanza histórica e con cancións feitas desde sempre para o baile. Dúas artistas emerxentes galegas como BABYKATZE e Sila Lua engaden aos Eidos de Outono a electrónica traida de Buenos Aires, Berlin e Londres. As DJs Marta Toro de Vigo e Xabi B, do barrio de Monte Alto, completan unha das programacións máis singulares que teremos en Galicia este ano no que

Dirección

Folgoso
27324

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Eidos de Outono publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Eidos de Outono:

Compartir

Categoría